Calendario
Info da proba

Santa Comba

02/04/2023 11:30 - 13:00
Regulamento A Carreira Pedreste «III Clásica Gandeira de Santa Comba» é unha
iniciativa do Concello de Santa Comba, a través da súa Concellería de Deportes,
que ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como
medio para alcanzar unha vida máis saudable e, a través desta actividade, dar
visibilidade ao sector da gandería da Terra do Xallas.
As probas levaranse a cabo o domingo 02 de abril a partir das 10:30 horas. As
mesmas rexeranse polo seguinte regulamento:
Artigo 1. Participación.
Nesta proba poderán participar todas aquelas persoas que formalicen a súa
inscrición no tempo e prazo preciso, e sempre que entren dentro do rango de idades
establecido para as categorías establecidas no presente regulamento. O control da
proba estará baixo a supervisión do Comité de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo.
Artigo 2. Categorías de competición.
Estableceranse as seguintes categorías de competición, tanto masculinas como
femininas:
CATEGORÍAS ANOS DE NACEMENTO/IDADE
Pitufas/as Nadas/os en 2016 e posteriores
Sub 10 Nadas/os en 2014 e 2015
Sub 12 Nadas/os en 2012 e 2013
Sub 14 Nadas/os en 2010 e 2011
Sub 16 Nadas/os en 2008 e 2009
Sub 18 - Sub 20 Nadas/os entre 2004 e 2007
Senior Nadas/os en 2003 ata máster
Máster 1 De 35 a 45 anos cumpridos o día da proba
Máster 2 De 46 a 55 anos cumpridos o día da proba
Máster 3 De 56 anos cumpridos o día da proba en adiante
Artigo 3. Horarios de competición.
Estableceranse os seguintes horarios para as diferentes carreiras, tanto masculinas
como femininas:
HORARIO PROBA DISTANCIA
10:30 h CARREIRA ->SUB 10-SUB 12 1 km aprox.
10:45 h CARREIRA DE 3 K ->(de SUB 14 a Máster) 3 km aprox.
11:25 h CARREIRA DE PITUFOS/AS 300 m aprox.
11:30 h CARREIRA DE 10 K ->(De sub 18-Sub 20 a Máster) 10 km aprox.
12:30 h ENTREGA DE PREMIOS
Artigo 4. Lugar de SAÍDA/META das probas
O lugar de saída para as distintas probas, será desde a Avenida Alfonso Molina,
diante da Casa de Cultura, situada en Santa Comba .
Artigo 5. Descrición dos percorridos das diferentes categorías.
CIRCUITOS POR CATEGORIAS:
1.- Circuito de 10k; lonxitude aproximada de 10 km. O percorrido ten superficie
mixta, un 70% asfalto e 30% terra. Percorre zonas de especial interese gandeiro,
incluso, atravesando 1 explotación situada do lugar de Alvarín (Alón) e 2
explotacións situadas en Alón.
2.- Circuito 3k; lonxitude aproximada de 3 km, con superficie de asfalto. Os
corredores completarán unha volta.
3.- Circuito Sub 10 – Sub 12: Lonxitude aproximada 1 km, con superficie de asfalto
100%.
4.- Circuito Pitufos/as: Lonxitude aproximada 300m, con superficie total de asfalto
100%.
Artigo 6. Inscricións. Prezos e prazos.
A inscrición da proba poderase realizar de 2 xeitos diferentes:
ONLINE: a través da páxina web www.emesport.es.
O prazo de inscrición rematará o xoves 30 de marzo de 2023 ás 23:59 horas. Non
se aceptará ningunha inscrición unha vez rematado dito prazo.
PREZOS DA INSCRICIÓN
PROBA DISTANCIA
CARREIRA ->SUB 10-SUB 12 GRATUITO
CARREIRA DE 3 KM aprox. ->(SUB 14 E 16) GRATUITO
CARREIRA DE 3 KM aprox. ->(de SUB 18 a Máster) 4 €
CARREIRA DE 10 KM aprox. ->(de SUB 18 a Máster) 7 €
Artigo 7. RECOLLIDA DE DORSAIS e CHIPS.
Realizarase o día da proba nunha carpa situada na casa do de Cultura do Concello
de Santa Comba a partir das 9:00 horas da data da proba e ata media hora antes do
inicio de cada proba.
Artigo 8. CONTROL CON CHIP.
As proba de adultos estarán controladas a través dun CHIP DESECHABLE que se
entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que NON SERÁ
NECESARIO DEVOLVELO.
Non se poderá manipular nin arrancar do dorsal de competición.
Artigo 9. PREMIOS
Ao remate das probas realizarase un acto de entrega de trofeos e medallas aos
seguintes:
PREMIOS “CLÁSICA GANDEIRA”:
⦁ Trofeos para as/os tres primeiras/os clasificados das categorías Pitufo/a, Sub 10
e Sub 12.
⦁ Trofeos para as/os gañadoras/es absolutos da proba de 3 K.
⦁ Medallas para as/os gañadoras/es de cada categoría establecida na proba de 3
K, de sub 14 a Máster.
⦁ Trofeos para as/os gañadoras/es absolutos da proba de 10 K.
⦁ Medallas para as/os gañadoras/es de cada categoría establecida na proba de 10
K, de Sub 18 – Sub 20 a Máster.
⦁ Trofeo para a/o primeira/o corredor/a local das probas de 3 K e 10 K.
⦁ Trofeos para os 3 primeiros clubes federados da carreira de 10 K.
⦁ Premios económicos de 200 €, 125 €, 75 € e 50 € aos 4 primeiros clubs
federados da Carreira de 10 K*.
*A premiación de clubes federados establecerase a través da suma dos postos
das/dos 8 primeiras/os corredoras/es chegados/as a meta de cada club. Os
equipos poderán ser mixtos.
OS PREMIOS NON SERÁN ACUMULATIVOS AGÁS OS CORRESPONDENTES
AOS CORREDORES LOCAIS DAS PROBAS DE 3 E 10 K.
Artigo 9. SERVIZO DE DUCHAS E VESTIARIOS.
Haberá Servizo de Duchas no Polideportivo Municipal de Santa Comba sito a 300
metros da liña de meta.
-Horario de apertura: de 11:00 h a 14:00 h.
Artigo 10. Avituallamento.
Haberá servizo de AVITUALLAMENTO líquido e sólido na zona de meta por cortesía
das entidades colaboradoras. Na proba de 10 K establecerase un punto de
avituallamento na metade do percorrido.
Artigo 11. Responsabilidade e reclamacións
A organización da proba non se fará responsable dos danos morais que a si mesmo
ou a outras persoas ocasionen os participantes desta proba.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro da proba (o que
designe o comité galego de xuíces da Federación Galega de Atletismo) non máis
tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
A organización reservase o dereito de modificar este regulamento se as
circunstancias o requiren (informando previamente)
Todo o non recollido no presente regulamento resolverase de acordo a
normativa en vigor da RFEA e FGA para probas en ruta da tempada 2022/2023.
ACEPTACIÓN DO PRESENTE REGULAMENTO:
Todos os participantes, polo feito de inscribirse e participar na proba, aceptan esta
normativa e, en caso de dúbida ou xurdindo algunha situación non prevista nela,
resolveranse de acordo coas disposicións dispoñibles, o Comité Organizador e as
regras da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de
Atletismo e, a través da súa inscrición, o corredor autoriza expresamente que os
seus datos básicos sexan transferidos a esta entidade para a tramitación, antes da
compañía de seguros, do seguro obrigatorio de accidentes e Responsabilidade Civil
así como a xestión da licenza de día e o ranking popular de probas de estrada. En
calquera caso e conforme establecido pola Lei de Protección de Datos, o interesado
poderá exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo.
Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.
Esta proba disporá dos seguros e servizos sanitarios requirido nas normativas
vixentes.