Calendario
Info da proba

Chantada

25/06/2023 8:00 - 15:00
Regulamento II TRAIL HEROICA SACRA
Contenido
1.1. Regulamento da proba. .................................................................................................................... 2
2. CONTIDOS PRINCIPAIS DA FESTA DE ACOMPAÑAMENTO. .................................................................................. 7
2.1. Relación de actividades.................................................................................................................... 7
3. PROGRAMA DE CELEBRACIÓN........................................................................................................................ 7
4. ANEXO......................................................................................................................................................... 8
1.1. Regulamento da proba.
O evento estará formado por unha proba trail individual de 23 km, trail por relevos de 11 + 12
km trail cadete de 12 km, andaina de 12 km e trail individual 33k de 33 km; rexidas polo seguinte
regulamento:
1. Todas as probas se celebraran o día 25 de xuño de 2023 con saída dende a Praza do
Cantón de Chantada para o Trail individual e por relevos. O Trail cadete e Andaina e
segundo relevo sairán do lugar de Belesar, sendo a chegada para todas as probas na
praia fluvial de A Cova, no Concello de O Saviñao.
2. Ás probas Trail individual e por relevos terán a saída entre as 8 e as 9:00 horas; sobre
un percorrido aproximado de 23 km para o Trail individual e por relevos con un desnivel
positivo de 1150 m e 33km con un desnivel positivo aproximado de 1950m
3. Ás probas Trail cadete e Andaina terán a saída as 10:30 horas; sobre un percorrido
aproximado de 12 km con un desnivel positivo de 600 m.
4. A carreira Trail por relevos sobre un percorrido de 23 km poderase facer baixo a
modalidade de relevos, en equipos de dúas persoas os cales poderán ser mixtos.
5. A recollida de dorsais para ambas probas poderá realizarase o mesmo día na praza
de Chantada entre as 7:30 e as 9:30 horas. Para a retirada de dorsais será obrigatorio
presentar o DNI ou pasaporte, podendo retirarse por unha persoa distinta ó
destinatario, facéndose esta responsable, eximindo de toda responsabilidade á
organización.
6. Trail Cadete 12 K: sairá as 10:30 de Belesar;
 So poderán participar as persoas debidamente inscritas con idades de 15,16
e 17 anos, é dicir que non cumpra os 18 anos o ano de referencia.
 Haberá premio para os tres primeiros participantes masculino e feminino.
7. Trail 11 + 12 K : sairá as 09:00 da praza de España de Chantada;
 So poderán participar as persoas debidamente inscritas con 18 anos de idade
ou mais.
 Os equipos estarán compostos por dúas persoas, nunha única categoría
absoluta, podendo ser estes masculino, feminino ou mixto.
 O primeiro relevista fará o percorrido do primeiro tramo 11 k e o segundo de
11 k no segundo tramo saíndo de Belesar.
 Haberá premio para os tres primeiros clasificados da categoría masculina,
feminina e mixta.
8. CATEGORÍAS no Trail individual 23 K: sairá as 09:00 da praza de España de
Chantada
os participantes estarán divididos nas categorías e sub categorías seguintes:
- Categorías Masculina e Feminina : Cadete, Júnior e Sénior.
 Categoría Sénior: a partir dos 21 anos cumpridos o ano de
referencia
- Sub categorías Masculino e Feminina: Veterana A e B
 Sub categoría Veterana A:
o Masculina de 45 a 50 anos, é dicir que non cumpra os
51 anos o ano de referencia.
o Feminina de 40 a 50 anos, é dicir que non cumpra os
51 anos o ano de referencia.
 Sub categoría Veterana B:
o Masculina e feminina a partir dos 51 anos cumpridos
no ano de referencia ata os 60 cumplidos.
 Sub categoría Veterana C:
o Masculina e feminina a partir dos 61 anos cumpridos
no ano de referencia.
9. CATEGORÍAS no Trail individual 33k: sairá as 08:00 da praza de España de
Chantada
os participantes estarán divididos nas categorías e sub categorías seguintes:
- Categorías Masculina e Feminina : Junior e Sénior.
 Categoría Sénior: a partir dos 21 anos cumpridos o ano de
referencia
- Sub categorías Masculino e Feminina: Veterana A e B
 Sub categoría Veterana A:
o Masculina de 45 a 50 anos, é dicir que non cumpra os
51 anos o ano de referencia.
o Feminina de 40 a 50 anos, é dicir que non cumpra os
51 anos o ano de referencia.
 Sub categoría Veterana B:
o Masculina e feminina a partir dos 51 anos cumpridos
no ano de referencia ata os 60 cumplidos.
 Sub categoría Veterana C:
o Masculina e feminina a partir dos 61 anos cumpridos
no ano de referencia.
A idade a ter en consideración para toda a tempada, no referente a categoría e
subcategorías, será a que o participante teña o día 31 de Decembro do ano da
competición.
10. CATEGORÍAS na Andaina: sairá as 10:30 de Belesar
Os participantes teran que ser maiores de 14 anos. Os menores de idade,
acompañados de adulto.
11. INSCRICIÓNS: Serán a través da páxina ccnorte.com estarán abertas dende o día
10 de marzo ata o 21 de xuño.
O custo das diferentes probas será o seguinte:
1º Trail individual 33k*......................30€
2º Trail individual 23 k*................. ..20 €
3º Trail por relevos* 11 + 12 k........ 30 €
4º Andaina.................................. ..12 €
5º Trail cadete* 12 k....................... .0 €
Dita inscrición dá dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de
responsabilidade civil, bolsa do corredor, avituallamentos, duchas, xantar** e cantos
obsequios ou regalos consiga a organización. Unha vez abonada a inscrición non se
devolverá o importe da mesma nin haberá posibilidade de anulación.
*O corredor ten que vir con seu chip amarillo. Aqueles que non o teñan ou traigan
tendran que pagar un aluguer de 2€ tramitados na inscripción eletronica. A non
devolución implica un cargo de 5€ (habilitara-se en meta un deposito para a sua
devolución).
**No portal electronico disporase da opción de comida/xantar para acompañantes con
un custo de 6€ por persoa.
12. SINALIZACIÓN E CONTROIS: O percorrido estará sinalizado con bandeiras co
logotipo da proba, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos. A prova terá
varios controis eletronicos.
13. O/A corredor/a que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ó control
máis próximo e facer entrega do dorsal.
AVITUALLAMENTOS:
Emprazamento de avituallamentos
A proba contaría con 7 avituallamentos* os cales quedarían distribuídos da seguinte mineira:
1. Adega Castrofiz km 7
2. Fonte do lugar de Belesar km 11 -líquido e sólido-.
3. Adega Via Romana km 13 (prova 33k)
4. Ponte Portotide km 20 (prova 33k) –liquido e solido-.
5. A Reguenga km16 (prova 23k),e km 28 (prova 33k) -líquido
e sólido6. Adega Abadía da Cova faltando 2 km para o final
7. Praia fluvial A Cova final da prova (líquido e sólido).
* Se a climatoloxia o demanda contarase con avituallamentos liquidos
adicionais
14. TEMPOS DE CORTE: Co fin de cumprir cos horarios establecidos pola organización
para o evento fixarase un tempo de corte nun so punto do recorrido para a proba de
Trail individual e por relevos:
 Belesar (para todas as provas) km 11 11:00h.
 Ponte de Portotide (prova 33k) km 20 13:00h.
 A carreira terá una duración maxima de 7 horas.
15. PREMIOS:
 TRAIL Individual 23 k e 33k:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación xeral nas
categorías masculina e feminina; ademais a os tres primeiros de cada
categoría, atendendo as categorías propias da carreira (punto 8).
 TRAIL por relevos 11 + 12 k:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación xeral masculina,
feminina e mixta.
 TRAIL Cadete 11 k:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación nas categorías
masculina e feminina.
 ANDAINA:
Será de carácter non competitiva, e non haberá premios.
16. A organización disporá de un autobús para acercar a os participantes dende a praza
de Chantada a zona de saída intermedia en Belesar para as probas Andaina, Trail
cadete e segundo relevo do Trail 11 + 12 K, do mesmo xeito haberá autobús regular
para retornar a os participantes dende a Praia de A Cova a praza de Chantada unha
vez rematada a carreira.
17. A aceptación do presente regulamento, implica obrigatoriamente que o participante
autoriza á organización á gravación total ou parcial da súa participación na mesma,
presta o seu consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e
difusión da proba, de tódolos xeitos posibles e cede tódolos dereitos relativos á súa
explotación, comercial e publicitaria que a organización considere oportuno executar.
18. Quedará descualificado/a desta proba todo o que non cumpra o presente regulamento,
non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou ensucie a contorna, non leve o
seu dorsal ben visible, manteña unha conduta impropia ou desatenda as indicacións
da organización.
19. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere
necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba
se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
20. Os/as participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados que precisen axuda así
como a informar de calquera percance nos controles de paso.
21. A pesar do persoal disposta pola organización ao longo do percorrido os/as
participantes están obrigados a respectar as normas de circulación nos cruzamentos
coas estradas.
22. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola
organización, quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir
ós corredores en moto, bicicleta, quad ou similar polo circuíto.
23. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así
como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á
organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En todo o non
contemplado neste regulamento, a proba basearase nos regulamentos da Federación
Galega de Montañismo e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada
(FEDME).
Contidos principais da festa de acompañamento.
Para que a proba deportiva sexa ben recoñecida considerase indispensable a asistencia de
público que acompañe e anime a os corredores. Para garantir a asistencia de público debe conxuntarse
as probas deportivas con festa de entretemento; algo de celebración de acompañamento para que
todos aqueles que se acerquen desfruten dunha xornada única.
Nesta liña débense programar actividades orixinais asumibles con algo de organización que
non impliquen moitos recursos. Este festexo debe ser orixinal e enxebre.
2.1. Relación de actividades.
 Actuacións musicais: Gaiteiros, grupos locais e son ambiente amenizado con un
pincha speaker orixinal.
 Xantar: sen dúbida un dos elementos fundamentais, dar de comer e imprescindible
para que a xente aguante.
 Sorteo de produtos da terra e material deportivo:
Programa de celebración.
Enumeración das actividades consolidadas con horas de inicio e remate garantindo o reparto
de entretemento ao longo do día.
SABADO 24:
18:00 Entrega de dorsais na praza do Concello de Escairon.
20:00 Peche da entrega de dorsais
20:00 Charla técnica
20:30 Confraternización na mesma plaza
DOMINGO 25:
07:00 Entrega de dorsais e da bolsa do corredor na praza de España de Chantada.
08:00 Saída do Trail 33 k.
09:00 Saida do Trail 23k
10:30 Saída do Trail Cadete.
10:30 Saída da Andaina.
12:20 Chegada dos primeiros corredores.
13:30 Entrega de premios Trail Individual e Trail Cadete.
14:00 Xantar.