Calendario
Info da proba

BUDIÑORAID

29/04/2023 15:00 - 24:00
Regulamento Un raid de orientación é unha "Competición multidisciplinar destinada a probar a capacidade de resistencia, de navegación e de supervivencia de equipos en completa autonomía. Os equipos deben completar un extenso percorrido no menor tempo posible, superando as dificultades naturais que atopen o seu paso utilizando exclusivamente as súas forzas, sen recibir axuda externa nin valerse de medios motorizados" (FEGADO).

Multidisciplinar porque ó longo do percorrido combínanse varias disciplinas deportivas de resistencia como son a Bicicleta de Montaña ou BTT, a carreira a Pé por Montaña ou Trekking, o Kaiak, o Ráfting, a natación, etc... intercalando ademais probas especiais puntuais como poden ser a Escalada, o Rappel, a Tiro-lina, probas de Cordas, de Tiro, etc...
De resistencia porque soen ser de longa duración e de distancias largas, transcorrendo por lugares con importantes desniveis.

Con navegación xa que o contrario de outras disciplinas de montaña en es-te tipo de probas o percorrido a realizar non se atopa sinalizado “in situ” no terreo se non que este o decide, segundo a estratexia elixida, cada equipo coa única axuda dos mapas facilitados pola organización no momento da saída e un compás.

De estratexia xa que para a clasificación final non só conta o tempo em-pregado en realizar o percorrido, se non que en primeiro lugar valóranse os puntos conseguidos na visita os puntos de control (Cp’s) visitados polos equipos.
Os terreos nos que se desenvolven este tipo de probas soen ser en plena natureza, discorrendo sempre polos lugares máis emblemáticos das zonas delimi-tadas polos mapas, e sempre respectando os ecosistemas das áreas polas que se circula.

O BUDIÑORAID SANTIAGUIÑO vai ser a 2ª proba da Liga Galega de Raids de Orientación 2023, e vai a discorrer polos concellos de Mos, Redondela e Pazos de Borbén.

Un raid de longa duración xa que este ano vai ter un percorrido duns 100 kms. De distancia repartidos en 1 Etapa que inclúe 6 sectores en total, para un tempo máximo de carreira de 9 horas. A categoría Orientaraid terá un percorrido duns 50 kms e un tempo máximo de carreira de 6 horas.

Dende a organización esperamos que todos os amantes deste deporte de Aventura, dende os mais experimentados competidores na liga autonómica, así como os mais novatos e inexpertos xa que imos a contar tamén con unha catego-ría de iniciación, vos acheguedes a desfrutar con nós do evento para participar de unha experiencia inesquecible en un entorno natural de gran beleza paisaxís-tica e de gran riqueza cultural e patrimonial.

O BUDIÑORAID SANTIAGUIÑO contará coas seguintes disciplinas:

• Trekking.
• BTT.
• Kaiak.

E incorporará as seguintes probas especiais intermedias:
• O-Pe.
• Tiro de chabe

Inscripciones: https://tracktherace.com/es