Calendario
Info da proba

Ames

02/04/2023 10:00 - 13:00
Regulamento O Concello de Ames organizará o domingo 2 de abril de 2023 a IV edición do Trail e Andaina Ribeiras
do Tambre. A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o control
técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.
A proba rexirase polo seguinte:
REGULAMENTO
Artigo 1. DATA, HORARIOS, LUGARES DE SAÍDA e META
Data: domingo, 2 de abril de 2023
O IV Trail e Andaina Ribeiras do Tambre terá os seguintes horarios e lugares de saída:
HORA PROBA DISTANCIA SAIDA META
10:05 h ANDAINA 15 km aprox. Ponte Maceira
Real Aeroclub de Santiago (instalación en
Ameixenda (Concello de Ames)
10:00 h TRAIL 16 km aprox. Ponte Maceira
Real Aeroclub de Santiago (instalación en
Ameixenda (Concello de Ames)
Os participantes tanto na ANDAINA como no TRAIL serán trasladados en autobús desde o Real
Aeroclub de Santiago (instalacións en Ameixenda - Concello de Ames) ate o punto de SAÍDA en Ponte
Maceira a partir das 08:15 horas.
Artigo 2. CATEGORIAS E IDADE MINIMA DE PARTICIPACION
ANDAINA
Non se establecerán categorías de participación. Os menores de idade terán que ir acompañados en
todo momento por un adulto maior de 18 anos. A idade mínima de participación será de 12 anos.
TRAIL: CATEGORIAS INDIVIDUAIS
CATEGORIA DATAS DE NACEMENTO
SENIOR MASC/FMNO De 18 anos cumpridos o día da proba ate máster
MASTER 1 MASC/ FMNO De 35 a anos 40 anos cumpridos o día da proba
MASTER 2 MASC/ FMNO De 41 a 49 anos cumpridos o día da proba
MASTER 3 MASC/ FMNO De 50 anos e superiores
ABSOLUTA MASC/FMNO Calquera das categorías anteriores
Artigo 3. PARTICIPACIÓN E SEGURO/LICENZA DE DÍA
Nesta proba poderá participar calquer deportista sexa ou non federado. Todos os participantes tanto
no Trail como na Andaina inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Running
que incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil. As probas estarán
federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo cal os deportistas
federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa correspondente licencia.
Para o resto de participantes suscribirase un seguro licenza de día.
Artigo 4. DISTANCIAS E DESNIVEIS
 DISTANCIAS:
Andaina: 15,00 km aprox.
Trail: 16,00 km aprox.
 DESNIVEL POSITIVO:
Andaina: 340 m aprox.
Trail: 405 m aprox.
 DESNIVEL ACUMULADO:
Andaina: 535 m aprox.
Trail: 635 m aprox.
Artigo 5. TEMPOS DE CORTE
Establecerase un tempo de corte tanto para o Trail como para a Andaina na Praia Fluvial de Tapia
(km 8 aproximadamente).
Os tempos de corte serán os seguintes:
- Trail: 11:15 horas (1 hora e 15’ desde a saída);
- Andaina: 12:20 horas (2 horas e 20’ desde a saída).
Os/as participantes que chegado ese tempo non superen o tempo de corte serán retirados da
competición e trasladados ao punto de meta.
Artigo 6. INSCRICIÓNS. PREZO E PRAZOS
 PÁXINA WEB: www.emesports.es
 APERTURA DE INSCRICIONS: luns 6 de marzo de 2023 ás 12.00 h
 PECHE DE INSCRICIONS: mércores 29 de marzo de 2023 ás 23.59 h
 PREZOS DA INSCRICION: TRAIL: 11 €
ANDAINA: 7 €
Artigo 7. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais tanto para a Andaina como para o Trail poderán recollerse o día do trail a partir das
08.15 horas nas instalacións do Real Aeroclub – Ames.
Artigo 8. TRANSPORTE EN AUTOBÚS AO PUNTO DE SAIDA DO TRAIL E ANDAINA
Tanto na Andaina coma no Trail, trasladarase aos participantes desde o punto de meta (Real
Aeroclub en Ameixenda ao punto de saída das probas (Ponte Maceira) do seguinte xeito:
PROBA HORA DE SAÍDA DOS AUTOBUSES LUGAR DE SAÍDA DOS AUTOBUSES e DIRECCIÓN
ANDAINA A partir das 08.15 horas Saída dos autobuses das instalación do Real
Aeroclub en Ameixenda – Ames en dirección a
TRAIL A partir das 08.15 horas Ponte Maceira
Artigo 9. PREMIOS e AGASALLOS
Estableceranse ademáis os seguintes premios e agasallos:
 Premios aos 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no presente
regulamento.
 Premios aos 4 primeiros clubes da clasificación do Trail.
 AGASALLO TÉCNICO pola súa participación tanto para os participantes no Trail como na
Andaina (poderán recollelo xunto o dorsal de competición antes de coller os autobuses).
__________________________________________________________________________________
A entrega de premios realizarase a partir das 12:45 horas nas instalacións do Real Aeroclub –
Ames.
PREMIOS A CLUBS: Daranse premios especiais aos 4 primeiros equipos tanto federados como
populares (deberán inscribirse coa mesma denominación e igual indumentaria). Para elo
tomarase como referencia os 6 primeiros clasificados/as de cada equipo, a suma dos seus postos
(no caso de empate tomarase como referencia o 6º/ª mellor clasificado/a do equipo e os equipos
poderán ser mixtos).
Artigo 10. SERVIZO DE DUCHAS e UBICACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO REAL AEROCLUB
Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas nas instalación do Real Aeroclub.
O Link coa ubicación do lugar de recollida de dorsais, saída dos autobuses e lugar de meta das probas
(Ameixenda, San Mamede de Piñeiro, Ames) é o seguinte:
https://www.google.es/maps/dir/''/Carretera+Santiago+Carballo,+Km+11,+15871+Ames,+A+Coru
%C3%B1a,+A+Coru%C3%B1a/data=!4m5!4m4!1m0!1m2!1m1!
1s0xd2e54f19c047bd3:0xea34016193597806?
sa=X&ved=0ahUKEwiPh_7vicXKAhWK5xoKHYTUCKoQiBMIFDAA
Artigo 11. AVITUALLAMENTOS
Haberá 2 puntos de avituallamento tanto no Trail como na Andaina (1 no percorrido, e 1 na meta).
Recomendable levar avituallamento persoal ou mochila de hidratación:
AVITUALLAMENTO 1: LÍQUIDO e SOLIDO KM 8 APROX.
AVITUALLAMENTO META: LÍQUIDO E SÓLIDO META
Os participantes na ANDAINA terán que levar hidratación propia se o desexan. Terán os mesmos
avituallamentos que no Trail (KM 8 e liña de meta).
Artigo 12. CONSIDERACIÓN FINAL
Esta proba pertence ao calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As
reclamación aos resultados oficiais realizaranse ao Xuiz Árbitro da Competición non máis tarde de 30’
despois da publicación dos mesmos.
Todo o non recollido no presente reglamento rexirase polas normas da FGA, RFEA e IAAF para probas
de Trail Running.