Calendario
Info da proba

Narón

09/04/2023 10:00 - 11:30
Regulamento O Concello de Narón en colaboración co Club Atletismo Narón organizará o 9 de abril de 2023
en Narón a 1ªCarrera Popular Narón 10K. A proba, incluída no calendario oficial das
competicións da FGA e disputarase a través dun circuíto totalmente urbano moi rápido.
Ademais haberá opción a correr tamén 5K e carreiras de menores.
1. CATEGORÍAS, HORARIOS E DISTANCIAS
A primeira carreira comezará ás 10:00 a.m
-Carreiras 10K e 5K: 10:00: Sub-18 e superiores.
Sub 18 (Sólo 5K), (nadas/os nos anos 2006/2007)
Sub 20 (Sólo 5K), nados/as en 2004 e 2005
Sub 23, nados/as en 2001, 2002 e 2003
Sénior, nados/as desde 2000 ata os 34 anos cumpridos o día da proba
Máster 1: De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba
Máster 2: De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba
Máster 3: De 55 a 64 anos cumpridos o día da proba
Máster 4: A partir de 65 anos cumpridos o día da proba
- Carreiras Menores
-Sub 16 masculino e femenino (nadas/os nos anos 2008/2009) 11.55 : 2.500 m aprox.
-Sub 14 feminino (nadas nos anos 2010/2011) 12.15 : 1.500 m aprox.
-Sub 14 masculino (nados nos anos 2010/2011) 12.25 : 1.500 m aprox.
-Sub 12 feminino (nada nos anos 2012/2013) 12.35 : 800 m aprox.
-Sub 12 masculino (nados nos anos 2012/2013) 12.45 : 800 m aprox.
-Sub 10 feminino (nadas nos anos 2014/2015) 12:55 : 600 m aprox.
-Sub 10 masculino (nadas/os nos anos 2014/2015) 13:05 : 600 m aprox.
-Peques (nadas/os nos anos 2016 e posteriores) 13.15 : 150 m aprox.
Os horarios son aproximados, dependendo do volume de participantes de cada categoría. A
organización pode facer variar carreiras en cada idade.
2. CIRCUÍTO
A proba levarase a cabo sobre a distancia de 10 km. O percorrido está medido e homologado
pola Real Federación Española de Atletismo e discorre sobre asfalto na súa totalidade. A ruta
estará debidamente sinalizada e terá marcados todos os quilómetros. A carreira realizarase
unicamente pola vía de tráfico rodado en todo o seu percorrido. Está prohibido usar como zona
de carreira as beirarrúas, rotondas, áreas axardinadas etc. O incumprimento desta regra, así
como atallar o trazado oficial, pode implicar a descualificación das persoas infractoras.
A saída e a meta estarán diante do Pavillón da Gándara. (rúa Irmáns Pita)
Percorrido de 5K e 10K:
Os percorridos das carreiras de sub-16 e menores será publicado
A organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza maior.
3. SISTEMA DE CRONOMETRAXE E CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA.
O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuíces e da RFEA. Todas as
reclamacións deberánselle facer verbalmente ao Xuíz Árbitro da proba ata 30 minutos despois
da publicación dos resultados. A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips. Haberá
varios puntos de control de chips ao longo de todo o percorrido. As persoas participantes que
non cumpran co paso por todos os puntos poderán ser descualificadas coa consecuente non
aparición nos resultados finais.
4. UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais con chips integrados, persoais e intransferibles, son exclusivos desta carreira e
deben colocarse na parte frontal do corpo de maneira totalmente visible, sen ocultar e sen
manipulacións, manténdoos así durante toda a proba. A organización non admitirá persoas
corredoras que non estean rexistradas ou que corran sen dorsal e/ou chip, e impediralles ter
acceso á carreira en defensa dos dereitos daquelas regulamentariamente rexistradas. Non se
permitirá a participación co dorsal e o chip correspondente a outra carreira ou persoa, con máis
dun dorsal e/ou chip, dorsal falsificado ou outro que non sexa o oficial. Calquera infracción
destas regras implicará a descualificación das persoas afectadas na proba. A organización
resérvase o dereito de excluílas da participación en futuros eventos.
5. DESCUALIFICACIÓN
Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba ao/a atleta que
manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle
requira, aos/as participantes que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil,
xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados. Os/as
xuíces/xuízas da proba terán a facultade de descualificar ao/a infractor/a que non leve visible o
seu dorsal, que o manipule e/ou ceda a outro, altere os datos facilitados á organización con
respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido, ou
incumpra calquera outra norma contemplada nas normas da FGA, RFEA, WA e IPC. As persoas
corredoras descualificadas non terán opción a premios nin trofeos. O dereito de excluílas da
participación en futuros eventos.
6. INSCRICIÓN E COTA
A inscrición en liña realizarase a través da pasarela de pagamento inserida na páxina web da
Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde a
publicación de este regulamento, ata as 23:59 do 4 de abril de 2023.
Cota para os participantes a partir da categoría sub-20 en diante:
• Prazo reducido : ata o 27 marzo : 6 €
• Prazo ordinario: ata o 4 de abril : 10 €
Cota para os participantes das categorías Sub-20 e Sub-18 :
• Prazo reducido : ata o 27 marzo : 3€
• Prazo ordinario: ata o 4 de abril : 5 €
Para as categorías inferiores a sub-18 a inscrición será de balde.
A organización non aceptará ningún tipo de inscrición posterior a este prazo.
7. UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen
axudas materiais de ningún tipo, coa única excepción das persoas corredoras en cadeira de rodas
debidamente rexistradas e que cumpran as normas do World Para Athletics. Calquera dúbida a
respecto diso deberá ser consultada coa organización antes de facer a inscrición a través do
correo electrónico secretaria@atletismo.gal. Non está permitido o acompañamento en ningún
momento da proba por ningún vehículo alleo á organización, nin bicicletas, patíns ou persoas
non rexistradas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas
participantes. Ao mesmo tempo, non se permite a participación con coches ou cadeiras de
bebés, nin correr acompañados destes en ningún momento, así como tampouco está permitida
a participación con animais, nin correr acompañados destes en ningún momento, coa única
excepción dos carros de running *A participación con carro de running deberá estar xustificada
unicamente para levar unha persoa con discapacidade motora grave (que non lle permita á
persoa con discapacidade trasladarse polos seus propios medios físicos), entendendo nestes
casos como participante sempre á persoa que empurra o carro (dentro da categoría que lle
corresponda), e non á persoa que vai no carro. Igualmente, será obrigatorio acreditar a
discapacidade da persoa que vai no carro, enviando copia da tarxeta acreditativa da
discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo electrónico
secretaria@atletismo.gal. A inscrición desta persoa, que irá con dorsal sen chip, será gratuíta.
Para iso deberán contactar coa organización a través do correo electrónico
secretaria@atletismo.gal. Calquera infracción destas características poderá supoñer a
descualificación da persoa participante
8. ENTREGA DE DORSAIS E CAMISETAS
Recollida de dorsais e camisetas entregaranse:
- O sábado previo á proba, de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 no Estadio Municipal de
Río Seco. Localización premendo aquí.
- O día da competición de 8:00 as 9:30 no Pavillón da Gándara.
A organización non pode garantir o talle, xa que o pedido de camisetas realízase con
anterioridade ao peche de inscricións.
9. CAIXÓNS DE SAÍDA
Os caixóns de saída estableceranse en función da inscrición final e segundo as marcas
acreditadas polos participantes na inscrición, que será publicada na páxina web da organización.
Os agrupamentos e número de caixóns estableceranse en función das limitacións que existan
nese momento para cumprir co as normas sanitarias e de seguridade vixentes. As persoas
participantes deberán colocarse na zona acoutada que lles corresponda segundo o caixón que
se lles asigne.
10. ASEOS, DUCHAS E GARDARROUPA
Haberá servicio de gardarroupa, duchas e aseos no Pavillón da Gándara.
11. AVITUALLAMENTOS E RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS
Establecerase un punto de avituallamento na liña de meta para favorecer a hidratación das
persoas participantes. Calquera avituallamento fóra da zona marcada pode supoñer a
descualificación da proba. Ademais, poñeranse ao dispor dos/as corredores/as colectores para
a recollida selectiva de residuos.
12. SERVIZOS MÉDICOS
A proba dispoñerá dos servizos médicos recomendados pola RFEA e de acordo coa lexislación
vixente. A organización dispoñerá dunha póliza de seguro de responsabilidade civil segundo a
lexislación vixente. Todas as persoas rexistradas estarán cubertas por unha póliza de seguros de
accidentes segundo o Real Decreto 849/1993, do 4 de xuño, que determina as prestacións
mínimas do Seguro Obrigatorio Deportivo. Recomendámoslles a todas as persoas participantes
que cubran a parte posterior do dorsal, indicando os datos de nome, apelidos, datos médicos de
interese (grupo sanguíneo, alerxias, enfermidades crónicas, se está baixo algún tratamento
específico etc.) así como teléfono/s e contacto/s en caso de emerxencia.
13. ENTREGA DE TROFEOS
Outorgaránselles os trofeos no palco da entrega de premios ás tres primeiras persoas
clasificadas de cada unha das categorías indicadas no artigo 1. Informarase do horario da
entrega de trofeos . As/os atletas deberán situarse na zona próxima á entrega de trofeos no
momento no que pola megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes
da chamada a cada unha das categorías. Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten
no momento da entrega do seu trofeo, perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán
subir ao podio as persoas nomeadas. Non se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o
propia/o atleta. Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de
que a/o atleta non está presente que o comuniquen na zona do palco de entrega de trofeos o
antes posible para evitar esperas innecesarias. Aquelas persoas que poidan alegar unha causa
xustificada pola súa ausencia no momento da entrega deberanse poñer en contacto co
Padroado de Deportes de Narón, durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os
trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado, entenderase que renuncian a este.
Ademais o rematar a entrega de trofeos haberá un sorteo con todos os dorsais con grandes
obsequios como zapatillas de deporte, cestas de produtos, bonos en spa, bonos de ximnasios,
vales para ceas.... e un sen fin máis de agasallos.
14. CATEGORÍA PEQUES
Esta carreira é unicamente participativa e non competitiva. Todas as persoas participantes
nesta categoría recibirán unha medalla. Informarase da organización dos peques no momento
oportuno.