Calendario
Ver carrera

Monte Comado

15/10/2023 9:30 - 13:30

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
TRAIL 12km - TRAIL 26km
VII TRAIL MONTE COMADO 2023
__________________________________________
1- EDICIÓN:
• Trail: Séptima
2- ORGANIZA:
Asociación cultural e deportiva Praias de Comado xunto co Concello de Barreiros e a Secretaría Xeral
para o deporte da Xunta de Galicia
COLABORAN:
Café Bar Moderno – Hotel Ría do Masma – Peña Barcelonista San Miguel - Casa Elena Turismo Rural -
Taxi Valea - Pinturas Centeno - Agrupación Protección Civil de Barreiros
2-CATEGORÍAS
Trail 12km e trail 26km:
- Senior: Persoas nacidas dende 2007 a 1979, ambos incluidos.
- Veterana/o: Persoas nacidas en 1978 ou antes.
3-LUGAR E DATA
Domingo 15 de outubro: Trail 12 km + Trail 26 km
Trail 26 km:
➢ Saída e meta na praza do Souto en San Miguel de Reinante-Barreiros-Lugo, ás 9:30h.
➢ Entrega de dorsais: O mesmo día da proba dende 2 horas antes, na zona de saída e meta ( praza do
Souto).
Trail 12 km:
➢ Saída e chegada na praza do Souto de San Miguel deReinante-Barreiros-Lugo, ás 10:30h.
➢ Entrega de dorsais: O mesmo día da proba dende 2 horas antes, na zona de saída ( praza do Souto),
ata media hora antes do comezo da proba.
Peches de control:
Trail 12 km: 13:20 horas en meta.
Trail 26 km: 12.30 horas no 3º avituallamento en Comado, 13:30h. en meta.
Entregas de premios:
Trails: 13.15. h. na zona de meta (Praza do Souto San Miguel de Reinante)
4-PERCORRIDO
TRAIL 12km:
➢ Saída dende a praza do Souto de San Miguel de Reinante (a carón da Estrada Nacional 634),
percorreranse pistas e camiños forestais polas faldas do Monte Comado en Reinante e San Miguel de
Reinante.
➢ Distancia aproximada 12km. e un desnivel acumulado de 700m. positivos.
TRAIL 26km:
➢ Saída dende a praza do Souto en San Miguel de Reinante-Barreiros-Lugo, dende onde se percorreran
pistas e camiños forestais polos montes de Celeiro de Mariñaos, San Cosme de Barreiros, San Pedro
de Benquerencia, San Miguel de Reinante e Santiago de Reinante.
➢ Distancia aproximada de 26km e un desnivel acumulado de 1400m. positivos.
.
5-PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas as persoas que o desexen e por razón de idade teñan cabida nas categorías que se
establecen.
6- CRONOMETRAXE
Adultos con chip a través da empresa Championchipnorte. https://ccnorte.com/
7-INSCRICIÓN
➢ Esta carreirass están incluidas no circuito maiskmbarreiros
Proba 5 do circuito: Trails 12k e 26k 15 de outubro
➢ A inscrición realizarase a través das páxinas: http://www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com/
https://maiskmsbarreiros.gal/
https://ccnorte.com/
➢ Prazo: estará aberto ata o 12 de outubro de 2023 ás 23:59h.
➢ Coste da participación:
Trail 12km: 12 € ata o 03/10/2023 – 17 € dende 04/10/2023 ata o 11/10/2023.
Trail 26 km: 17 € ata o 03/10/2023 - 22€ dende 04/10/2023 ata o 11/10/2023.
Os que non son propietarios de chip amarelo terán un coste a maiores de 1€ en concepto de alquiler
de chip, e depositarán unha fianza de 5€ que será reintegrada á semana seguinte da proba unha vez
procesados os chips devoltos.
➢ Dorsal: Cada persoa participante disporá dun dorsal con número para a súa identificación.
➢ Aceptación das bases: a inscrición en calquera das probas anteriores supón a aceptación deste
regulamento por parte das persoas participantes, así como a publicación tanto do nome e apelidos como
da súa imaxe, ben nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e internet, ou en calquera
outro medio que a organización estime oportuno para a publicidade desta proba. O descoñecemento
deste regulamento non exime do seu cumprimento.
8- AVITUALLAMENTO
➢ TRAILS:
• Trail 12 km: Dous avituallamientos. O primeiro en Comado km 6,5 (liquido e sólido), 2º avituallamento
en meta (líquido e sólido).
• Trail 26 km: Catro avituallamentos. 1º,en Penabor km 6,5, líquido; 2º na louseira da Insúa, km 13,1
líquido e sólido; 3º en Comado, km 20,4, líquido e sólido; 4º en meta, líquido e sólido.
➢ Recoméndase o uso de cinto portabidóns ou mochila con auga (especialmente se fai calor).
9- SINALIZACIÓN
O percorrido estará debidamente balizado. Do mesmo xeito, en diferentes puntos haberá persoal de axuda así
como persoas da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, tanto a disposición das persoas participantes
como exercendo tarefas de control de seguridade no percorrido. Aínda tendo en conta a sinalización,
recoméndase que as persoas participantes extremen as precaucións, especialmente en pistas asfaltadas, ante a
posibilidade de que algún vehículo faga caso omiso dos controis da proba.
10-PREMIOS
Haberá premios para as tres primeiras persoas clasificadas en cada categoría, así como para o gañador e a
gañadora absolutos. A entrega dos mesmos terá lugar ao remate das carreiras.
11-DEPORTIVIDADE
Toda persoa participante debe prestar axuda a outra participante e/ou voluntaria accidentada e comunicalo no
punto de control máis próximo ou a calquera outra persoa da organización. Igualmente, deberán acatarse as
normas establecidas pola organización e as recomendacións da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
11-OUTROS
➢ A organización non se fai responsable dos danos físicos, morais, materiais ou económicos, tanto dos
participantes como dos acompañantes, derivados da participación nesta proba.
➢ A organización poderá descalificar a toda aquela persoa participante que teña unha actitude antideportiva
ou que dificulte o bo desenvolvemento da proba.
➢ A proba contará con unha ambulancia medicalizada, seguro de accidentes e de Responsabilidade Civil
e servizos de protección civil.
➢ Servizo de duchas nos vestiarios do campo de fútbol das Valgas (preto da meta).
➢ Ao remate da carreira a organización ofrecerá pinchos para as persoas participantes e acompañantes.

[ Go Back ]