Calendario
Info da proba

Ordes

18/02/2023 12:00 - 13:00
Regulamento CARREIRA e ANDAINA SOLIDARIA
STOP LEUCEMIA
O Concello de Ordes celebra a Carreira e Andaina Solidaria Stop Leucemia non
competitiva, o sábado 18 de febreiro de 2023 na localidade de Ordes e de acordo co
seguinte:
REGULAMENTO
Poderá participar calquera persoa federada ou non federada, independentemente da
súa idade ou condición física, de maneira non competitiva sen clasificación ou
resultado algún.
HORARIO
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio
de cada proba, que será ás 12:00 h., sita na rúa Entreparques (detrás da Casa
Consistorial).
PERCORRIDO:
Saída e meta na rúa Entreparques, cunha distancia de 3,9 km aproximadamente.
INSCRICIONS:
Poderán facelo visitando a páxina web www.carreirasgalegas.com onde se lle
indicarán os pasos que deberán efectuar para formalizar a inscrición, que terá un custo
de 5 € por participante, dedicando todo o recadado a fundación Stop Leucemia.
Existirá un “Dorsal 0” no cal calquera persoa (participe ou non na proba) poda facer
unha aportación económica a favor da mesma fundación.
O prazo de inscrición rematará o mércores 15 de febreiro de 2023 ás 23:59 horas.
NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO. Os dorsais
recolleranse na SECRETARIA DA COMPETICIÓN ao carón do Concello de Ordes ata
MEDIA HORA antes do inicio da proba.
PARTICIPACIÓN:
Anímase a tódolos participantes a acudir disfrazados con motivo das data do entroido.
Ao final da proba, haberá petiscos para todos os participantes.
Para máis información, poderán utilizar o teléfono 981 680002 (ext. 5).