Calendario
Info da proba

Narón

05/03/2023 11:00 - 12:00
Regulamento II Carreira pola Igualdade, Narón

A II Carreira pola Igualdade organizada polo Padroado de Deportes do Concello de Narón e co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o domingo 5 de marzo a partir das 10:00 horas (carreira menores ) 11:00 horas carreira absoluta.11:05 Andaina.

A proba está suxeita ás seguintes normas:
1. A Saída e a chegada situaranse nas proximidades do Pavillón da Gándara

2. O percorrido será de 5.000 metros aproximadamente, e discorrerá polo Concello de Narón para as categorías absolutas.

3. A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado.

4. A organización contará coa colaboración da Policía Local, Protección Civil, persoal do padroado de Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito o longo do percorrido.

5. As reclamacións relativas a clasificación faranse verbalmente antes dos 30 minutos posteriores de facerse publico o Xuíz Árbitro ou na secretaría da competición, sendo o Xuíz árbitro o encargado de resolvelas. Para todo o non previsto neste regulamento, resolverase conforme as normas da F.G.A ; R.F.E.A e a W.A. por esta orde.

6. SERÁN MOTIVOS DE DESCUALIFICACIÓNS OS SEGUINTES:
1. Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio ou cadeiras de bebés nin correr acompañados destes, así como tampouco está permitida a participación con animais. O incumprimento desta norma implicará a inmediata descualificación dos corredores que a infrinxiran. Os únicos vehículos autorizados que poderán seguir a proba serán os das forzas de seguridade e os de apoio a organización, que contarán con roupa apropiada e visible.
2. Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súas extensión (no peito durante todo o recorrido) ata a súa entrada en meta .Participar con un dorsal que corresponde a outro corredor
3. Non realizar o percorrido da carreira completo.
4. Non pasar polos controis de carreira establecidos.
5. Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da proba.
6. Non atender as indicacións dos membros da organización e dos xuíces.
7. Pretender participar na carreira sen terse inscrito previamente.
8. Aquela conduta que sexa estimada antideportiva, sempre que non sexa motivo de expulsión do Circuíto.
9. Calquera outra de análoga natureza, que a xuízo da organización poda se considerada como conduta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria
10. Ser reincidente en algunha infracción de descualificación de carreira.
11. Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
12. Manter unha actitude groseira, violenta ou que en xeral atente co espírito deportivo da proba.

7. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces.

8. Se contará con servizo de aseos e duchas no Polideportivo Municipal da Gándara. NON haberá servicio de gardarroupa.

9. Disporase de avituallamento líquido na zona de meta.

10. O control de chegada pecharase unha hora despois da saída. Cando un participante sobrepase o tempo previsto de peche de control (unha hora dende a saída), será avisado pola organización e deberá subir ao coche oficial que pecha a carreira e abandonar a
proba coa fin de non entorpecer o tráfico automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso de continuar, farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais, e considerarse un usuario máis da vía, quedando eximida a organizaciónde toda responsabilidade do que puidese acontecer (Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003).

11. A Organización ten subscrito un Seguro Colectivo de Accidentes e Responsabilidade Civil. De tódolos xeitos, a Organización recomenda aos participantes que, con anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen un adestramento axeitado para as características desta competición.

12. CATEGORÍAS
CATEGORÍAS DE MENORES
HORARIO CATEGORÍA IDADE
10:45 Prebenxamin (100 metros)
Nacidos/as en 2016 e posteriores

10:30 Sub 10 (500 metros)
Nacidos/as en 2014 - 2015

10:15 Sub 12 ( 1500 metros )
Nacidos/as en 2012- 2013

10:15 Sub 14 (1500 metros )
Nacidos/as en 2010- 2011

10:00 Sub 16 e Sub18 (2000 metros )
Nacidos/as en 2006 - 2009

CATEGORÍAS ABSOLUTAS
11:00 ABSOLUTA (5000 metros)
Nacidos/as en 2005 en adiante
Cadeira de rodas*
Handbike*
Invidentes*
Discapacitados intelectuales *
Considéranse categorías non oficiais da F.G.A.

13. INSCRICIÓN E RETIRADA DE CHIPS E DORSAIS.
1. As inscricións poderán efectuarse a partir do día 13 de febreiro ata o dia 1 de marzo as 23:59 a través da páxina web www.carreiras galegas.com Non se admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente.

2. A inscrición terá un coste de 4 euros tanto para as categorías absolutas coma para a andaina que se realizará no momento de formalizar a inscrición, sendo gratuíta para os menores tanto na carrerira coma na andaina.

A retirada de chips e dorsais poderase efectuar no PAVILLÓN DA GÁNDARA o venres día 3 de marzo de 16:30 a 20:30 ; o sábado día 4 de marzo de 10,00 a 14,00 e de 16:00-20:00 e o domingo día 5 de 08:30 a 09:30 horas.

(Se é posible e co gallo de evitar retrasos e incidencias o dia da carreira recomendase os/as participantes que pasen a recoller os dorsais os dous dias previos a carreira habilitados para tal fin)

3. A Pobra terá un límite de 750 participantes en categoría absoluta, 500 participantes na Andaina e de 400 nas categorías de menores.

14. PREMIOS.
A organización premiará nas categorías absolutas, as tres primeiras mulleres e aos tres primeiros homes. En canto ás categorías non oficiais, tamén se premiarán ás tres primeiras e aos tres primeiros, en cada unha das mesmas.

Do mesmo xeito, entregarase un premio a participante feminina de maior idade, que remate a proba (carreira).
Nas categorías de menores (carreira) entregaranse medallas a todas as persoas participantes.

15. A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo que discorrerá a carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade de decidir sobre calquera circunstancia ou aspecto que non se considere neste regulamento.

16. Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do seu nome e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou a internet. De igual maneira, mediante a inscrición o/a corredor/a consente expresamente que os seus datos sexan empregados pola organización para comunicacións acerca da súa actividade.

17. En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos de carácter persoal, as persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición a través dun escrito ou correo electrónico dirixido ó Padroado de
Deportes do Concello de Narón, p.deportes@naron.es

18. Coa inscrición na proba enténdese aceptadas todas as normas e demais consideracións reflectidas neste regulamento.