Calendario
Info da proba

Trazo

18/02/2023 10:00 - 11:00
Regulamento VII Carreira Entroido Trazo
18 de Febreiro de 2023 Concello de Trazo
REGULAMENTO DA PROBA
 FILOSOFÍA DA PROBA
O Concello de Trazo organiza coa colaboración da
Federación Galega de Atletismo esta proba dende fai 7
anos. O carácter lúdico da mesma é pé fundamental xunto co
fomento do deporte. O primeiro ben dado polas datas do
Entroido nas que ten lugar a proba e o segundo foi en
aumento.
Para manter o carácter lúdico realizarase unha
carreira con distintas categorías nas que é obrigatorio
participar disfrazado.
No caso do obxectivo deportivo contamos co TRILLAZO
(3 millas de Trazo), que ten un percorrido polas
inmediacións de Viaño Pequeno (lugar de comezo e fin da
proba). Cunha superficie mixta de asfalto e pista
forestal. Nesta proba non é imprescindible ir
disfrazado.......
 aínda que non será prohibido 
As dúas probas teñen un carácter popular, non
profesional, nas que pode participar todo aquel que o
desexe. PROBA GRATUITA PARA TOD@S.
 LUGAR DA SAÍDA E CHEGADA
Nas inmediacións do Concello de Trazo, Viaño PequenoTrazo.
https://www.google.com/maps/place/15687+Via%C3%B1o+Pequeno,+La+Coru%C3%B1a/@43.0
260187,-
8.5180601,375m/data=!3m1!1e3!4m5!3m4!1s0xd2ef79724b2faeb:0x7813e7ca74c831d8!8m2!
3d43.0255486!4d-8.5179965
 CATEGORÍAS
CATEGORÍA ANOS DE NACIMENTO
Pitufos/as Nados 2016 e posteriores
Sub 10 Nados en 2014 e 2015
Sub 12 Nados en 2012 e 2013
Sub 14 Nados en 2010 e 2011
Sub 16-Sub 18-Adultos/as Nados en 2009 e anteriores
 HORARIOS
CATEGORÍA HORAS DISTANCIA
TRILLAZO (Sub16-
Sub18-Adultos/as)
10:00h 3 Millas/4,8km
Pitufos/as 11.00h 100m
Sub 10 11:10h 200m
Sub 12
11:20h 400m
Sub 14 400m
Sub 16-Sub 18-
Adultos/as
11:30h 1,2km
A partir das 9:00h abrirase a Secretaría da proba para
retirar o dorsal.
Ata ½ hora antes do comezo da correspondente carreira.
 INSCRICIÓNS
As inscricións na proba serán gratuítas para todas as
categorías.
A data límite de inscrición será o xoves 16 de
febreiro de 2023 ás 24:00h.
Lugar Datos a aportar
www.carreirasgalegas.com Nome e apelidos
Home/muller
Data de
nacemento
NIF
Telefono
e-mail
Federado/a--
si/non
Non hai límite de participantes.
 CONTROL DE CHEGADA
O cronometraxe correrá a cargo da Federación Galega
de Atletismo.
Tódalas reclamacións deberán realizarse verbalmente
ao Xuíz Árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de
publicados os resultados oficiais.
Ó longo do percorrido, a organización establecerá os
controis que estime oportunos.
 PARTICIPACIÓN
Os/as participantes deberán respectar o medio no que
se realiza a proba e manter limpo a contorna da mesma.
Para tal fin débese comer e beber sen deixar ningún envase
fora dos recipientes habilitados.
Tódolos/as participantes da proba deberá levar en
todo momento o dorsal facilitado pola Organización, nun
lugar visible (parte anterior do corpo) non podendo ser
recortado, dobrado nin modificado. O incumprimento
carrexará a descualificación do/da corredor/a.
O percorrido da proba estará marcado con sinais
visibles e facilmente identificables. A Organización terá
os puntos de control oportunos para o correcto
desenvolvemento da proba.
Deberase cumprir a normativa COVID vixente para o día
da carreira.
 AVITUALLAMENTO Ó FINAL DAS PROBAS E SERVIZO DE DUCHAS
Ó fin de cada proba proporcionarase @s deportistas
unha bolsa con bebida, froita...
Dispoñible servicio de duchas no Pavillón Municipal.
VII Carreira Entroido Trazo
18 de Febreiro de 2023 Concello de Trazo
 PREMIOS
Recibirán medallas os tres primeiros e as tres
primeiras clasificadas de cada carreira por categorías. Na
carreira de pitufos levarán medalla tod@s @s
participantes.
Recibirán un premio especial os mellores disfraces
nas diferentes carreiras, en categoría infantil e adulto.
Premiarase ó Mellor disfrace, Mellor disfrace feito na
casa e Mellor disfrace colectivo.
O xurado levará a cabo a valoración dos disfraces ó
longo da xornada.
A entrega dos premios levarase a cabo ó fin de todas
as probas.
 SEGURO DE ACCIDENTES E RESPONSABILIDADE CIVIL
Tod@s @s participantes inscrit@s estarán amparados por unha póliza de
seguro de accidentes (licencia ou licencia de día) e responsabilidade civil
concertada por o concello de Trazo. Estarán excluídos os derivados dun
padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis,… Tamén
quedarán excluídos os producidos por desprazamentos a ou dende o lugar no que
se desenvolve a proba.
Todo o non recollido no presente Regulamento rexerase polas normas da
FGA, RFEA e IAAF.
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e
ambulancia na zona de saída/meta desde unha hora antes do comezo das probas e
ata media hora despois da finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro
da competición están facultados para retirar da carreira a calquera
participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da
mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que
se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan
excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou
desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que
a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de
toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus
dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.