Calendario
Info da proba

Frades

01/05/2023 10:15 - 13:15
Regulamento VIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR-CONCELLO DE FRADES 2023

O Concello de Frades celebra a súa VIII Carreira Pedestre Popular o luns 1 de maio de 2023 na localidade de Ponte Carreira (estrada Ordes-Ponte Carreira DP-3802) baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

As probas estarán as suxeitas ó seguinte:

REGULAMENTO
1- Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación. O control da carreira estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Gallega de Atletismo, Delegación Santiago de Compostela.

2- CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES, DISTANCIAS E HORARIO DAS PROBAS
O percorrido da carreira será dunha distancia de 8.6 km en ruta. A SAÍDA E A CHEGADA ESTARÁ SITUADA NA PRAZA PÚBLICA DE PONTE CARREIRA.
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAIDA 5 minutos antes do inicio de cada proba. E de obrigado cumprimento acudir ao protocolo de entrega de premios.

PROBA HORA CATEGORIA ANO DE NACEMENTO DISTANCIAS
MENORES- 10:15 h - Pitufo-biberón-(M/F) Nados en 2018 e posteriores 300 m aprox (1 Volta á praza)
MENORES-10:25 h - Prebenxamín-(M/F) Nados en 2016-2017 500 m aprox
MENORES-10:35 h Benxamín-Sub 10 (M/F) Nados en 2014-2015 800 m aprox
MENORES-10:45 h Alevín-Sub 12 (M/F) 2012-2013 800 m aprox
MENORES-11:00 h Infantil-Sub 14(M/F) 2010-2011 2000 m aprox
MENORES-11:15 h Cadete-Sub 16(M/F) 2008-2009 3000 m aprox
ADULTOS 11:15 h Xuvenil-Sub 18 (M/F) 2006-2007 3000 m aprox
ADULTOS 11:45 h Sub 20 (M/F) 2004-2005 8600 m aprox
ADULTOS 11:45 h Sub 23 (M/F) Nados/as entre 2001-2002-2003 8600 m aprox
ADULTOS 11:45 h Senior (F/M) Nadas/os entre 2000 e 1989 8600 m aprox
ADULTOS 11:45 h Master 1 (M/F) Nados/as entre 1988 e 1983 8600 m aprox
ADULTOS 11:45 h Master 2 (M/F) Nados/as entre 1982 e 1973 8600 m aprox
ADULTOS 11:45 h Master 3 (M/F) Nados/as entre 1972 e 1963 8600 m aprox
ADULTOS 11:45 H Master 4 (M/F) Nados/as 1962 e anteriores 8600 m aprox
ENTREGA PREMIOS-PRAZA PÚBLICA PONTE CARREIRA


O percorrido da proba absoluta estará indicado e sinalizado cada kilómetro.

3- INSCRICIÓNS

*PROBAS ESCOLARES (pitufos, prebenxamín, sub 10-benxamín, sub 12-alevín, sub 14-infantil, sub 16- cadete e sub 18 xuvenil).
Realizaránse a través do formulario online presente nas páxinas www.emesports.es. Data límite ata o venres 28 de abril ás 23.59 horas. As inscricións para as categorías escolares serán GRATUITAS.

*CATEGORÍAS ADULTOS (Sub 20, sub 23, Senior e máster).
As inscricións estará presente na páxina web www.emesports.es. Data límite ata o venres 28 de abril ás 23.59 horas.
Non se aceptarán inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todos os obrigatorios presentes no formulario de inscrición online.

PREZOS DA INSCRICIÓN:

- CATEGORÍAS ESCOLARES: GRATUITA
- ADULTOS (De promesa ata master): 5,00 €

*INSCRICIÓN POR CLUBES FEDERADO

*Os equipos, clubes, centros… que desexen optar ós premios en metálico deberán formalizar a inscrición individual de cada atleta na web www.emesports.es e remitir un correo electrónico á dirección de correo santiago@atletismo.gal cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación Galega de Atletismo ou delegación correspondente no seu defecto. SEN ESTE CORREO ELECTRONICO NON PODERAN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES. Na clasificación por clubes poderán entrar os atletas das categorías Sub 20, sub 23, senior e master. SE ALGÚN ATLETA DA CATEGORÍA SUB 18 (XUVENIL), DESEXE PARTICIPAR NA PROBA ABSOLUTA DEBERÁ NOTIFICALO NO EMAIL santiago@atletismo.gal

Admitiránse inscricións ata o venres 28 de abril as 23.59. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO. Os dorsais recolleránse na Secretaría da Competición sita na Praza Pública de Ponte Carreira ata media hora antes do inicio de cada proba. O dorsal deberá levarse en todo momento durante o transcurso da proba colocado de forma totalmente visible na parte anterior do corpo.

Os atletas da proba absoluta correrán cun CHIP-DORSAL que lles será entregado na Secretaría no momento de recoller o dorsal.

Para calquer información adicional poderán chamar ao teléfono 600852222 (Lino).

4-Haberá servizo de vestiario e duchas a disposición de todos os atletas sito no Pavillón Municipal ao carón do CPI de Ponte Carreira (a 700 metros da saida), tamén haberá baños/servicios ao carón da saída/meta.

A organización disporá a disposición de todos os atletas un servicio de fisioterapia, ropero e ademais de persoal sanitario e ambulancia.

Tamén haberá inchables para os mais pequenos.

5-RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS

Realizaránse o día da proba na Secretaría da Competición sita na Praza Pública de Ponte Carreira ata media hora antes do inicio de cada proba.

O dorsal irá colocado na parte anterior do corpo, de xeito visible no que vai incorporado o chip de cronometraxe.

6-O longo do percorrido á organización ubicará controis nos canles poderase descalificar a calquera atleta que incumpla a normativa da competición (sairse do percorrido, sacar o dorsal, obstaculizar ou empurrar a outros atletas…).

7. Todo atleta que chega a liña de meta sen o su dorsal colocado correctamente na zona anterior do corpo (zona próxima ó peito será descualificado a criterio do xuiz árbitro da proba.

8- USO DATOS E DEREITOS DE IMAXE

Todos/as os/as participantes no momento de realizar a sús inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

O participante autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde co evento no que se subcribe. Coa realización da inscrición o participante admite que o organizador, poida facer uso da imaxe de todos os participantes en calquera formato xa sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet, carteis, medios de comunicación…). Todos os dereitos de imaxe pertencen ao organizador (Concello de Frades).

10- PREMIOS ESPECIAS DA CARREIRA POPULAR

- Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados de cada categoría (en mulleres e homes), tamén para as categorías sub 6-pitufo e sub 8-prebenxamín.
- Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (sub 20, sub 23, senior e máster).
- Trofeos para os 3 primeiros clasificados/as empadroados no Concello.
- Trofeos para os 3 primeiros equipos masculinos e femeninos clasificados na clasificación final.

- Medallas orixinais para tódolos participantes escolares (de sub 6-pitufo a sub-18 xuvenil).
- Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes os atletas locais.
- Entrega de camisetas técnicas para tódolos participantes e bolsa corredores.

AO REMATE DA PROBA HABERÁ FROITA E BEBIDA PARA TÓDOLOS PARTICIPANTES.

PREMIOS EN METÁLICO-
(Só para a Carreira Absoluta: (DE SUB 20 A MASTER).

PREMIOS INDIVIDUAIS

1º Clasificado/a: 250 €
2º Clasificado/a: 150 €
3º Clasificado/a: 100 €
4º Clasificado/a: 75 €
5º Clasificado/a: 50 €

PREMIOS POR CLUBES

1º Clube federado masc/fem: 150 €
2º Clube federado masc/fem: 100 €
3º Clube federado masc/fem: 50 €

VALE DE MATERIAL DEPORTIVO, só para a categoría escolar para o clube federado que mais participantes aporte.

1º- 100€
2º- 50€
3º- 30€

A clasificación por clubes será establecida a través dos 8 primeiros corredores en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 8º componente.Os equipos poderán ser masculinos ou femeninos (non mixtos) .

SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METÁLICO, que terán que presentar o listado dos atletas co selo oficial da Federación Gallega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.

O premios serán aboados por transferencia bancaria, para o cal os atletas e equipos gañadores terán que facilitar os datos bancarios e persoais (fotocopia do DNI) unha vez finalizada a carreira.

E de obrigado cumprimento acudir ao protocolo de entrega de premios-trofeos.
11- PARTICIPACIÓN DE ATLETAS DE OUTRAS FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS E EXTRANXEIROS:
Nesta proba a participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas rexirase de acordó coa reglamentación da RFEA.

12- As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente o Xuiz Árbitro da Competición, non mais tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

13- Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co disposto nos regulamento da FGA e RFEA en vigor para probas en ruta.

14- Tódolos participantes polo feito de inscribirse na proba, aceptan o presente regulamento. En caso de dúbida prevalecerá o criterio da organización, prohibindo a participación sen estar inscrito ou sin levar dorsal.


PALMARÉS DA CARREIRA DE FRADES:

2014-MASCULINO 2014-FEMENINO
1º VICTOR RIOBOO 1º PAULA MAYOBRE
2º ROBERTAS GERALAVICIUS 2º MELA PENAS
3º AKKA ESSAADAOUI 3º AGUEDA BLANCO
2015-MASCULINO 2015-FEMENINO
1º HASSAN LEKHILI 1º PAULA MAYOBRE
2º NUNO COSTA 2º RAQUEL SUAREZ
3º AKKA ESSAADAOUUI 3º MELA PENAS
2016-MASCULINO 2016-FEMENINO
1º LOLO PENAS 1º ESTER NAVARRETE
2º ALEJANDRO FERNÁNDEZ 2º PAULA MAYOBRE
3º HASSAN LEKHILI 3º CLARA SIMAL
2017-MASCULINO 2017-FEMENINO
1º DAVID SANTOS 1º PAULA MAYOBRE
2º AMADOR PENA 2º ROCIO ALVITE
3º JACOBO GESTO 3º RAQUEL SUAREZ
2018-MASCULINO 2018-FEMENINO
1º NUNO COSTA 1º PAULA MAYOBRE
2º ANXO CASTRO 2º ESTHER RODRÍGUEZ
3º AKKA ESSAADAOUI 3º MARÍA JESÚS GESTIDO
2019-MASCULINO 2019-FEMENINO
1º LOLO PENAS 1º PAULA MAYOBRE
2º NUNO COSTA 2º ESTHER RODRIGUEZ
3º JORGE PUIG 3º TINA FERNÁNDEZ
2022-MASCULINO 2022-FEMENINO
1º-NUNO COSTA 1º-EDYMAR DANIELY BREA ABREU
2º-ALEJANDRO FERNÁNDEZ 2º-ROCÍO ALVITE FERREIRO
3º-VICTOR PUYUELO 3º-BEATRIZ BARROSO PÉREZ
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición, o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a Lei de Protección de Datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.
Poderá consultar os resultados oficiais e toda a información relativa ás probas nas páxinas web: www.carreirasgalegas.com
www.emesports.es
www.atletismo.gal