Calendario
Info da proba

Vigo - Cereixa

16/04/2023 10:30 - 12:00
Regulamento X CARREIRA DA CEREIXA,
1. Regulamento da proba:
Artigo 1:
O 16 de abril de 2023, a asociación de veciños de Beade, organiza a X carreira
popular
“Festa da cereixa”. Coa colaboración do concello de Vigo e o soporte técnico de
RUNRUN VIGO 2023.
Carreira pertencente ao circuíto de carreiras populares RUNRUN VIGO 2023.
( Concello de Vigo).
Artigo 2:
A proba terá unha distancia de 10.000 metros aproximadamente, que percorrerán as
categorías desde xuvenís ata veteranos (femininos e masculinos).
Artigo 3:
A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación
vixente. Todos os participantes non federados dispoñerán dun seguro de accidentes,
non lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.
Artigo 4:
A entrega do dorsal, chip e obsequio farase o sábado 15 de 17:30 a 21:00 h nas
instalacións da asociación de veciños de Beade e o mesmo día da carreira
Artigo 5:
O prezo de cada inscrición será de:
8€ aberta ata o 11 abril (10Km)
6€ aberta ata o 11 abril (5 Km) (non clasificatoria para circuíto Runrunvigo)
En ningún caso devolverase o importe da inscrición.
As inscricións efectuaranse na páxina Runrunvigo e poderanse facer ata o martes
11 de abril ás 20:00 h no centro cultural de Beade (Estrada coutada nº 42)
Artigo 6:
O dorsal deberá ir colocado na parte dianteira da camiseta de maneira ben visible.
En ningún caso permitirase correr sen dorsal.
Haberá avituallamiento no km 5 aproximadamente e ao finalizar a carreira. Será
imprescindible levar posto o dorsal para recibir avituallamiento.
Artigo 7:
O control do tráfico no percorrido corresponde á Policía Local.

Artigo 8:
Establécense as seguintes categorías:
Femininas Masculinas Ano de nacemento
F-1 M-1 Entre 1984-2003 (ambos os incluídos)
F-2 M-2 Entre 1974-1983 (ambos os incluídos)
F-3 M-3 Entre 1964-1973 (ambos os incluídos)
F-4 M-4 Entre 1959-1963 (ambos os incluídos)
F-5 M-5 1958 ou anteriores
categoría absoluta na carreira de 5km e 10Km
Os premios non serán acumulables. Establécese como premio, trofeo aos tres
primeiros de cada categoría.
Artigo 9:
Os participantes deben coñecer o percorrido da carreira.
Cada participante deberá correr co seu dorsal e chip, en caso contrario será
descualificado.
A organización non se fai responsable dos accidentes ou lesións que os corredores
se poidan facer durante o transcurso da carreira.
Toda persoa que incumpra a normativa da carreira poderá ser retirada da
clasificación final.
O feito de inscribirse implica a aceptación deste regulamento e o compromiso de
non adiantarse na saída, realizar o percorrido completo e respectar tanto ao resto
dos participantes como ao persoal auxiliar da mesma.
NON se permite a participación na proba de persoas con patíns, bicicletas ou
outros modos de locomoción. Tampouco acompañados por mascotas.
Artigo 10:
DESCUALIFICACIÓNS
A organización da carreira poderá descualificar a calquera corredor que manifeste
un mal estado físico, a todo corredor que non realice o percorrido completo, o
corredor que dobre ou manipule a publicidade do dorsal ou a aquel corredor que
manifeste un comportamento non deportivo ou sexa reiterativo nas protestas á
organización á marxe do estipulado no artigo 12 deste regulamento.
Artigo 11:
As reclamacións relativas á clasificación deberán facerse por escrito á
organización. Achegando a cantidade de 50 euros en concepto de depósito ata que a
organización resolva sobre a reclamación presentada no tempo necesario para
efectuar as comprobacións e consultas oportunas. Se o veredicto considera a
reclamación xustificada procederase a devolver a devandita cantidade. O
participante que non se axuste a este proceso poderá ser descualificado en
aplicación do articulo10 deste regulamento.
Artigo 12:
A organización declina toda a responsabilidade dos diferentes prexuízos que a
participación nesta carreira poida ocasionar aos inscritos. Os participantes
renuncian a toda acción legal, non limitada ao risco de lesións, que poidan
derivarse da participación na carreira. Os participantes autorizan aos organizadores
para rexistrar total ou parcialmente á súa participación mediante fotos, vídeos,
televisión ou calquera outro medio de difusión.
O corredor polo feito de participar na proba acepta este regulamento. A súa
interpretación e todo aquilo que non quede expresamente regulado, será decidido
pola organización
Artigo 13:
Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola
organización.
Artigo 14:
A organización desta proba poñerá a disposición de todos os atletas un servizo de
duchas. E aparcadoiro ata as 14:00 h nas instalacións do colexio Coutada – Beade,
a partir desa hora aparcásese nos arredores da igrexa ou Polígono Seixiños.
Artigo 15:
CARREIRAS DE NEN@ S
A partir das 11:30 horas levará a cabo as carreiras para neno@s infantil, cadete e
xuvenil (terán unha distancia para percorrer de 4.200 metros)
Os nen@s da categoría Alevin terá unha distancia para percorrer de 1.200 metros)
Os nen@ s das categorías Benxamín, prebenxamín, e pitufos correrán unha
distancia aproximada de 600 metros.
Recibirán trofeo os tres primeiros nen@ s de cada categoría e sexo.
Establécense as seguintes categorías:
Xuvenil: 2004 - 2007
Cadete: 2008 - 2009
Infantil: 2010 - 2011
Alevín: 2012 - 2013
Benxamín: 2014 - 2015
Prebenxamín: 2016 - 2017
Pitufos: 2018 ou posteriores
Contacto de la organización: info@av-beade.org