Calendario
Info da proba

Muros

12/03/2023 9:00 - 14:00
Regulamento TRAIL COVA DA BRUXA 2023
O clube de atletismo Serres Runners organizará a segunda edición do Trail e Andaina
Cova da Bruxa o domingo 12 de marzo de 2023 a partir das 09:00 horas no Concello de
Muros.
A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail Running e estará baixo o control
técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo. En adultos
desputarase sobre 2 distancias (13 e 22 km aprox.); tamén haberá una andaina de 11 km
aprox. e probas para escolares. A proba rexirase polo seguinte:
REGULAMENTO
Artigo 1. Lugar de SAIDA de todas as probas:
As probas sairán desde o instituto de As Insúas (Serres).
Ubicación: https://goo.gl/maps/UKhKBFd2WQrAjHqA7
Artigo 2. Horarios e distancias.
O II Trail Cova da Bruxa terá os seguintes horarios e distancias:
HORA PROBA DISTANCIA DESNIVEL ANOS CATEGORÍA PRAZAS
09:00 h
Trail 3 Picos
(Longo) 22 km aprox 1100 m + aprox 2003 e anteriores ABSOLUTA 200
09:30 h
Trail Crus
de Pelos
(Curto)
13 km aprox 550 m + aprox. 2003 e anteriores ABSOLUTA 300
09:35 h ANDAINA 11 km aprox 400 m + aprox. 2003 e anteriores ABSOLUTA 200
09:45 h
Trail dos
Corzos 3 km aprox
SAIDA DO
INSTITUTO
De 2006 a 2009 Sub 16 - Sub 18 30
10:00 h
Trail dos
Raposos 2 km aprox
SAIDA DO
INSTITUTO
De 2010 a 2013 Sub 12 – Sub 14 40
10:15 h
Trail dos
Conexos
1 km aprox.
SAIDA DO
INSTITUTO
2014 e 2015 Sub 10 40
10:45 h
Trail das
Ardillas
300 m aprox.
SAIDA DO
INSTITUTO
2016 e anteriores Sub 8 40
Artigo 3. Límite de prazas.
Establecerase, tal e como indica o cadro de horarios presente neste regulamento, un
límite de prazas en cada modalidade de Trail de adultos (Curto e Longo), andaina e probas
escolares.
Unha vez se chegue a esas cifras na inscrición, percharase á mesma en cada carreira
programada.
Artigo 4. Categorías de competición.
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS DISTANCIAS DE TRAIL CURTO E TRAIL LONGO
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SENIOR MASC / FMNO De 2005 ate máster
MASTER 1 MASC / FMNO Nados entre 1988 e 1978
MASTER 2 MASC / FMNO Nados entre 1977 e anteriores
ABSOLUTA MASC / FMNO Calquera das categorías anteriores
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS PROBAS ESCOLARES
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SUB 18 2006 – 2007
SUB 16 2008 - 2009
SUB 14 2010 - 2011
SUB 12 2012 – 2013
SUB 10 2014 – 2015
SUB 8 2016 e posteriores
ANDAINA (NON COMPETITIVA): 2003 e anteriores.
Artigo 5. PARTICIPACIÓN E SEGURO / LICENZA DE DÍA
Nesta proba poderá participar calquer deportista sexa ou non federado. Todos os
participantes inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Running que
incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil. As probas estarán
federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo cal os
deportistas federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa
correspondente licenza. Para o resto de participantes suscribirase un seguro (licenza de día).
Artigo 6. DISTANCIAS, DESNIVEIS e TEMPOS MÁXIMOS DE REALIZACIÓN DA
PROBA NOS TRAILS E ANDAINA DE ADULTOS
▪ DISTANCIAS:
Andaina: 11,00 km aprox.
Trail Curto: 13,00 km aprox.
Trail: 22,00 km aprox.
▪ DESNIVEL POSITIVO:
Andaina: 400 m aprox.
Trail Curto: 550 m aprox.
Trail: 1100 m aprox.
▪ TEMPO MÁXIMO DE REALIZACIÓN DA PROBA:
Andaina: 4 h (cumprido o tempo retirarase o/a participante da proba).
Trail Curto: 4 h (cumprido o tempo retirarase o/a participante da proba).
Trail: 5 h (cumprido o tempo retirarase o/a participante da proba).
Artigo 7. INSCRICIÓNS. PREZOS E PRAZOS
As inscricións realizaranse a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e
www.atletismo.gal .
▪ APERTURA DE INSCRICIONS: sábado 12 de novembro de 2022 ás 11.00 h
▪ PECHE DE INSCRICIONS: martes 7 de marzo de 2023 ás 23.59 h
▪ PREZOS DA INSCRICION:
✓ TRAIL CURTO: 15 €
✓ TRAIL LONGO: 20 €
✓ ANDAINA: 12 €
✓ PROBAS ESCOLARES: GRATUITAS
Artigo 8. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais poderán recollerse nos seguintes puntos:
• Sábado 11 de marzo: de 17:00 a 20:00 horas no Instituto As Insúas
(opción recomendada);
• Domingo 12 de marzo: a partir das 08:00 horas e ate 15 minutos antes do
comenzo de cada proba no lugar de saída.
Artigo 9. PREMIOS E AGASALLOS
Estableceranse os seguintes premios e agasallos:
▪ Premios aos/as 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no
presenteregulamento;
▪ Premios aos/as 3 primeiros/as clasificados/as absolutos das probas de Trail Curto e
Trail Longo.
▪ AGASALLO para todos os participantes (poderán recollelo xunto co dorsal de
competición antes da saída das probas).
▪ Premio PARTICIPACIÓN ao clube ou equipo con maior número de participantes
chegados á meta da proba.
▪ A entrega de premios realizarase a partir das 13:00 horas aproximadamente no
lugar de saída e meta de todas as probas.
▪ Premios NON acumulativos.
Artigo 10.SERVIZO DE DUCHAS e VESTIARIOS
Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas e vestiarios no instituto As
Insúas (Serres). Ubicación: https://goo.gl/maps/UKhKBFd2WQrAjHqA7
Artigo 11. AVITUALLAMENTOS
Haberá 3 puntos de avituallamento nos Trails Longo, Curto e Andaina. Será OBRIGATORIO
para os participantes levar mochila de hidratación:
▪ Avituallamento 1 (común a ambos Trails): km 7 aprox. (líquido e sólido);
▪ Avituallamento 2 (só Trail Longo): km 15 aprox. (líquido e sólido);
▪ Avituallamento META (todas as probas): (líquido e sólido).
RECOMÉNDASE QUE TOD@S @S PARTICIPANTES LEVEN CONSIGO TELÉFONO
MÓVIL DURANTE O TRANSCURSO DA PROBA.