Calendario
Info da proba

Ferrol

15/01/2023 11:00 - 12:30
Regulamento Artigo 1: Organización:
A XXXVIX CARREIRA POPULAR SAN XIAO, organizada pola Concellería de Deportes do
Concello de Ferrol co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de
Atletismo, terá lugar o domingo 15 de xaneiro de 2023 a partir das 10:00 horas as categorias
de menores e das 11.00 h da mañá as categorias absolutas. A proba está suxeita ás
seguintes normas:
Artigo 2: Participación:
Participación: A proba estará aberta a todos os atletas, ATA UN MÁXIMO DE 7 00 ATLETAS,
federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.
Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade entendendo que dispón de unha condición
física suficiente para rematar a proba. A Organización ten subscrito un seguro colectivo de
accidentes e responsabilidade civil. De todos os xeitos, a Organización recoméndalles aos
participantes que, con anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento médico específico
e que realicen un adestramento axeitado para as características desta competición.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios.
1.- O percorrido da proba absoluta será de 10.000 metros aproximadamente, e discorrerá
polo Concello de Ferrol. A saída e a chegada situaranse nas proximidades do Pavillón
Municipal de Esteiro.
2.- A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado anexo a este
regulamento.
3.- A organización contará coa axuda da Policía Local, Protección Civil, persoal do Servizo de
Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito o longo do percorrido.
4.- Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio. O
incumprimento desta norma implicará a inmediata descualificación dos corredores que a
infrinxisen. Os únicos vehículos autorizados que poderán seguir a proba serán os das forzas
de seguridade e os de apoio a organización, que irán debidamente identificados.
5.- A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces, que establecerá os
correspondentes controis ao longo do circuíto
6.- O percorrido estará sinalizado e estableceranse controis.
Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:LEGH5IHOW7OY7PHC
7.- Categorías : Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
SAN XIAO 2023. 10 KM
Sub 20: Nacidos/as no ano 2004 e 2005
Sub 23: Nacidos/as no ano 2003 – 2002 - 2001
Sénior Nacidos/as no ano 2000 ata o 1988
Master A Nacidos/as en 1987 ata 1982
Master B Nacidos/as en 1981 ata 1973
Master C Nacidos/as en 1972 ata 1963
Master D Nacidos/as 1962 e anteriores
Cadeira de rodas*
Handbike*
Invidentes*
*Considéranse categorías non oficiais da F.G.A.
SAN XIAO 2023. CATEGORÍAS DE MENORES
CATEGORÍA HORARIO DISTANCIA
Sub 18 Nacidos/as no 2007 - 2006 * logo da saída da
carreira absoluta
2. 000 mts
Sub 16 Nacidos/as no 2009 - 2008
Sub 14 Nacidos/as no 2011 - 20010 10:00 1.000 mts
Sub 12 Nacidos/as no 2013 - 2012
Sub 10 Nacidos/as no 2015 - 2014 10:15 800 mts
Sub 8 Nacidos/as 2016 – 2017- 2018 10:30 200 mts
Peques Posteriores 10:45 50 mts
Artigo 4: Peche de control:
O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en meta o primeiro
clasificado. Cando un participante exceda o tempo previsto de peche de control (unha hora
dende que entre o primeiro clasificado), será avisado pola organización e deberá subir ao
coche oficial que pecha a carreira e abandonar a proba coa fin de non entorpecer o tráfico
automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso de continuar, farao baixo
a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais, e considerarase un usuario
máis da vía, e quedará eximida a organización de toda responsabilidade do que puidese
acontecer (Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003).
Artigo 5: Inscricións e retirada de dorsais. Inscricións. As inscricións poderán efectuarse a
partir do día 22 de decembro ata as 22.00 h do día 1 1 de xaneiro a través da páxina
Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:LEGH5IHOW7OY7PHC
www.carreirasgalegas.com ou ata o fin de dorsais. Poranse a disposición das persoas
interesadas un máximo de 700 dorsais par as categorías absolutas e 300 para as de
menores.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
enderezo, marca en 10k (para organizar as quendas de saída) concello de empadroamento,
teléfono móbil, correo electrónico e club.
Asimesmo, no momento da inscrición, os participantes deberán poñer un teléfono e persoa
de contacto en caso de emerxencia.
Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o
número de licenza e o club.
No caso dos menores de idade, o pai/nai ou titor legal deberá asinar a autorización da
inscrición da carreira do menor.
Os nenos/as participantes no Circuíto Ferrolá de Campo a través, na modalidade de colexios
efectuarase a inscripcion polo medio regulado no regulamento do circuíto:
Inscripcion Clubs e Centro Educativos no Circuito Ferrolá de Carreiras populares e
Campo a Través: Para participar en cada xornada, será imprescindible inscribir os/as
participantes no formato Excel (proporcionado pola Delegación Ferrolá de Atletismo) a
través do correo electrónico fgaferrol@gmail.com. A data límite para a inscripción será o
martes anterior a carreira. Non se terá en conta para a clasificación do circuito os nenos/as
non inscritos na antedita forma de inscripcion.
No caso dos atletas discapacitados, deberán facer constar a circunstancia no momento da
inscrición así como entregar copia da licenza coa valoración da discapacidade recoñecida.
Os atletas da categoria de invidentes, deberán proporcionar os toda a información citada
anteriormente da persoa que actuará como guía.
Non se admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente.
Artigo 6: Retirada de Dorsais .A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ao longo do
venres 13 ( de 16:30 a 20:30) tarde sábado 14 (de 9.30 a 13.30 e de 16:30 as 20:30 horas )
no Pavillón polideportivo da Malata así como o domingo 15 de xaneiro, dende as 8.00 ata as
10:30 horas no pavillón de Esteiro.
O acto de recollida de dorsal e chips entenderase como confirmación da participación.
A organización non se fai responsable das consecuencias derivadas dunha inscrición
defectuosa ou errónea por parte dos corredores ou a persoa na que deleguen.
Artigo 7: Premios: A organización premiará aos tres primeiros clasificados masculinos e
femininos de cada unha das categorías absolutas e de menores agás a categoría peques. A
entrega de trofeos realizarase ao finalizar a carreira. Estimase sobre ás 12:30 h.
Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:LEGH5IHOW7OY7PHC
Artigo 8: Seguro: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan
como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos
producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
Artigo 9: Condicións de Participación
1.- Coa inscrición na proba enténdense aceptadas todas as normas e demais consideracións
reflectidas neste regulamento. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que
a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda
responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse á organización,
patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores.
2.- No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión
quedará en mans da organización. Dado o espírito estritamente deportivo e popular desta
proba, non se admitirán reclamacións.
3.- A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán capacitados
para descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
 Non respectar as indicacións dadas pola organización.
 Non realizar todo o circuíto da carreira.
 Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
 Falsificar datos persoais.
Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA,
RFEA e WA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias
superiores.
4 -Cadeiras de rodas e handbike. As cadeiras deberán ter un mínimo de 2 rodas grandes e 1
pequena. Non se permitirá a participación en cadeiras de rodas de paseo, que non foran
deseñadas para a actividade de atletismo.
Os atletas aseguraranse que ningunha parte dos seus membros inferiores toquen o chan
durante a carreira.
Será responsabilidade do competidor que a cadeira de rodas estea conforme ás regras
enriba indicadas e de non demorar a carreira mentres fai os axustes á cadeira.
Todos os atletas en cadeiras de rodas levarán obrigatoriamente casco durante toda a
carreira.
Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:LEGH5IHOW7OY7PHC
O desprazamento mediante algún método, excepto o empuxe do corredor sobre as rodas ou
aros de impulsión suporía a descualificación.
5,- Discapacidade visual. Todos os atletas deberán obrigatoriamente participar cun guía.
Este guía identificarase cun peto de cor brillante facilitado pola organización. Se algún atleta
con discapacidade visual non ten guía, a organización non permitirá participar na proba, por
motivos de seguridade.
Cando o corredor con discapacidade visual cruce a liña de chegada o guía deberá estar por
detrás del.
O método de guía poderá ser elixido polo atleta. Poderá escoller entre ser dirixido por un
guía que lle suxeite o cóbado, ou por medio de atadura ou ben correr sen suxeición. Non se
permitirá soster o atleta, suxeitarase da súa roupa ou atar as mans do atleta coas dos guía.
A atadura deberá deixar un espazo de polo menos 5 cm entre as mans do atleta e as do
guía. Ademais o corredor poderá recibir instrucións verbais do guía.
Os guías non poderán usar bicicleta ou outros medios mecánicos de transporte.
O guía non poderá en ningún momento tirar do atleta ou empurralo para darlle impulso. A
infracción suporá a descualificación. Independentemente de que se empregue atadura ou
non, entre o atleta e o guía non poderá haber en ningún momento unha distancia maior de
0,50 m
6- O Concello de Ferrol e a Federación Galega de Atletismo non se fan responsables dos
danos morais ou materiais sufridos polas persoas participantes nesta proba ou que estas
ocasionen a outras persoas.
7.- A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo que discorrerá a
carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade de decidir sobre calquera
circunstancia ou aspecto que non se considere neste regulamento.
8.- Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do seu nome e a súa imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación ou en internet. De igual maneira, mediante a
inscrición o/a corredor/a consente expresamente que os seus datos sexan empregados pola
organización para comunicacións respecto da súa actividade.
En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos de carácter persoal, as
persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición a través dun escrito ou correo electrónico dirixido ao Servizo de Deportes do
Concello de Ferrol, praza de Armas s/n, 15402 Ferrol, .
Dado que esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos
sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e
ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:LEGH5IHOW7OY7PHC
Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avenida de Glasgow 13- 15008 A Coruña
Artigo 9: Servizos para os participantes: Se disporá de gardarroupa e servizo de duchas
no Pavillón de Esteiro.