Calendario
Ver carrera

Ponteareas - San Silvestre

31/12/2022 16:30 - 19:30

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO DA PROBA X SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE PONTEAREAS 2022

PREVIO Á CARREIRA
Art. 1º.- Todos os participantes polo feito de inscribirse declaran coñecer, entender e aceptar o presente regulamento

Art. 2º.- O Club Taninos Runners Ponteareas, con CIF: G94049871 e o Excelentísimo Concello de Ponteareas ORGANIZAN, o 31 de decembro de 2022, a partires das 16:00 horas a “X San Silvestre Solidaria de Ponteareas” sobre un trazado urbano de 5 Km.

Art. 3º.- PARTICIPANTES E CATEGORIAS.
Poderán participar todas aquelas persoas, federadas ou non, que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos para o efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.

Categorías Establecidas:
A proba absoluta estará aberta a tódolos atletas que teñan cumpridos os 14 anos de idade no día da proba.

Celebrarase a San Silvestre Solidaria Infantil con catro categorías:

- Rapaces e rapazas de 6 e 7 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2022, cun percorrido dunha volta ás dúas prazas de Ponteareas, acurtando polo rúa máis ao norte da Praza de Bugallal. Hora inicio: 16:30

- Rapaces e rapazas de 8, 9 e 10 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2022, cun percorrido de unha volta as dúas prazas de Ponteareas. Hora inicio: 16:40

- Rapaces e rapazas con 11, 12 e 13 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2022, cun percorrido de dúas voltas as dúas prazas de Ponteareas. Hora inicio: 16:50

- Rapaces e rapazas de 4 e 5 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2022, cun percorrido, saída na rúa Oriente e chegada na praza Maior. Hora inicio: 17:15

Art. 4º.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
O feito de inscribirse implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que se expoñen a continuación:
- Cada corredor participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma posuír un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba e ter pasado os pertinentes controis médicos de saúde.
- A organización non se fai responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante.
- O/A participante exime de toda responsabilidade á organización que puidese derivarse da súa participación no evento (Ex. perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesións, atropelos, agresións...)
- Autorízase á organización o uso de calquera imaxe en publicacións, carteis ... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa e por escrito dirixida ao Club Taninos Runners Ponteareas (Valverde nº 1 Santiago de Oliveira - 36864 Ponteareas)
- Non se permitirá a participación de animais nas probas.
- Queda prohibido correr con patíns, patinetes ou carros de bebés, así coma calquera aparello rodante que puidese poñer en perigo aos participantes.
A Organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións expostos no presente regulamento. No caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida neste, estarase ao que dispoña a Organización.

Art. 5º.- INSCRICIÓNS.
Farase na PÁXINA WEB: www.cronotec.es dende o 28 de novembro ata o 28 de decembro de 2022 e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba.
A inscrición será GRATUÍTA
A inscrición na proba é persoal e intransferible.
A inscrición na proba quedará limitada a 750 participantes na proba absoluta.
Para os rapaces limitarase a 250 participantes sumando as catro categorías de idade.

Co motivo do X aniversario da carreira, habrá como agasallo na proba da categoría absoluta unha camiseta, todos participantes que fagan a inscrición antes do 10 de decembro terán asegurada a talla da camiseta, todas as inscricións posteriores a talla será aleatoria.

ACCIÓN SOCIAL: Todos os participantes deberán facer unha achega de produtos alimenticios non perecedoiros, nomeadamente produtos de limpeza e hixiene persoal, e que serán recollidos polo centro de reparto de alimentos da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Ponteareas, na zona de entrega de dorsais, previa á retirada do dorsal.

Tamén poderán entregar alimentos e outros produtos de hixiene, persoal ou do fogar, non participantes e integrantes da organización.

O DÍA DA PROBA
Art. 6º.- RECOLLIDA DE DORSAIS.
Farase na zona de saída, na Praza Maior de Ponteareas, nun lugar habilitado pola organización, de 11:00 a 13:00 e de 15:30 a 17:00 do día da proba.
Na mesma zona farase a entrega da bolsa do corredor ao rematar a proba.
Os participantes disporán dun servizo de gardarroupa na zona de saída e meta.

Art. 7º.- PERCORRIDO.
As categorías infantís completarán o percorrido:
Saída e chegada na Praza Maior fronte ao edificio da seguridade social, con dirección sur cara a rúa da Esperanza, seguimos pola Praza Bugallal, xiro á esquerda pasando fronte á porta principal da igrexa parroquial para acceder á zona de saída e chegada pola rúa de Oriente.
Rapaces e rapazas de 6 e 7 anos: unha volta acurtada pola rúa da praza de Bugallal que unen a rúa Esperanza coa rúa de Oriente. 16:30 Horas
Rapaces e rapazas de 8, 9 e 10 anos: unha volta. 16:40 Horas
Rapaces e rapazas de 11, 12 e 13 anos: dúas voltas. 16:50 Horas
Rapaces e rapazas de 4 e 5 anos: saída da rúa Oriente e chegada praza Maior. 17:15 Horas









Categoría absoluta, 14 ou máis anos:
Os corredores completarán 1 volta ao seguinte circuíto urbano:
Saída e chegada na Praza Maior fronte ao edificio da seguridade social.
Saimos da Praza Maior en dirección pola rúa Arxentina onde xiramos a esquerda cara a rúa da Esperanza, seguimos pola Praza Bugallal, continuamos por Senén Canido e xiro á esquerda rúa Reveriano Soutullo, xiro á esquerda hacía Avda da Constitución, seguimos pola Praza de Bugallal, continuando por rúa Oriente onde volvemos a entrar na Praza Maior e continuamos pola rúa Calexa, xiro a dereita rúa dos Ferreiros, xiro a esquerda rúa San Roque, xiro a esquerda rúa Cortiña Vella, xiro a dereita rúa Baratillo, xiro a dereita para rodear a praza da Perillana, xiro a esquerda rúa Braña, xiro a dereita rúa Dr. Fernandez Vega, continuamos pola rúa Castiñeira ata o final onde facemos un xiro de 180 grados pra volver pola mesma rúa castiñeira, xiro a dereita cara rúa A Estrada, rodeamos o auditorio por rúa Morales Hidalgo ata enlazar coa rúa Arxentina, xiro a dereita rúa Esperanza, seguimos pola Praza Bugallal, continuamos por Senén Canido e xiro á dereita rúa Reveriano Soutullo, xiro a esquerda rúa Salvaterra, xiro á esquerda por rúa Virxe da Luz, xiro á dereita por Amado Garra, xiro á esquerda por rúa Azorín, xiro a esquerda por Rosalía de Castro, xiro á dereita por avenida Sarmiento Rivera, ida e volta ata a o cuartel da Guardia Civil, seguimos de fronte por Concha Brei e xiro á esquerda pola rúa Virxe dos Remedios, xiro a dereita rúa dos Mestres, xiro a dereita rúa Alfonso Vázquez Fraile, xiro á esquerda pola rúa Daniel Ojea, xiro á dereita pola rúa Amado Garra, xiro á dereita pola rúa Reveriano Soutullo, xiro esquerda por Avda da Constitución, seguimos pola praza de Bugallal e continuamos pola rúa de Oriente para chegar á Praza Maior onde estará a liña de meta.

Nº Voltas ao circuíto: 1 Distancia: 5 km aprox.
Horario da saída: 17:30h Avituallamento na Praza Maior ao rematar a proba



Art. 8º.- SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES.
A Organización disporá dun servizo médico formado por un/ha médico, un/ha enfermeiro/a e unha ambulancia, situados na zona de saída e chegada
O seguro de responsabilidade civil será o seguro do Concello de Ponteareas.
Así mesmo, todo participante non federado, disporá dun seguro de accidentes, non lesións, soamente para o día da carreira, contratado polo Concello de Ponteareas.

Art. 9º.- DESCUALIFICACIÓNS.
O servizo médico da competición, ou o director de carreira, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas á organización.

Art. 10º.- PERSOAS NON INSCRITAS.
Toda persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade, non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza instaráselle a abandonar o circuíto.

POSTERIOR Á CARREIRA
Art. 11º.- PREMIOS.
Polo carácter solidario e non competitivo da proba, non haberá máis premio que o poder correr polas rúas da Nosa Vila o derradeiro día do ano. Non haberá clasificacións, nin podio, nin premios.

Haberá un obsequio pra todos os participantes na San Silvestre Infantil.

Art. 12º.- SERVIZO DE DUCHA.
Os participantes disporán dun servizo de ducha no pavillón Álvaro Pino de Ponteareas, aberto ata unha hora despois de finalizar a proba.

[ Go Back ]