Calendario
Info da proba

Neda - San Silvestre

31/12/2022 10:30 - 11:30
Regulamento Iª SAN SILVESTRE CONCELLO DE NEDA
(VII Circuíto Deputación provincial da Coruña)
INFORMACIÓN XERAL
O vindeiro día 31 - 12- 2022 ás 10:00 terá lugar a saída da "Iª San Silvestre Concello
de Neda", que se celebrará consonte co seguinte:
REGULAMENTO XERAL
Artigo 1. Organización
O Concello de Neda Organiza a "Iª San Silvestre Concello de Neda" que terá lugar o
sábado 31 de decembro as 10:00 h con saída e chegada no Polideportivo do Roxal.
O control técnico da proba corresponderá a Federación Galega de Atletismo en todas
as categorías.
Artigo 2. Percorrido e duración
2.1 - A saída e a chegada terán lugar no polideportivo do Roxal
2.2 - O percorrido será de 700 m , 1400 m ou 5400 m en función das categorías de
participación.
2.3 - Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de calquera vehículo de
apoio. O incumprimento desta norma implicará a inmediata descualificación dos
corredores que a infrinxiran. Os únicos vehículos autorizados que poderán seguir a
proba serán os das forzas de seguridade e os de apoio a organización, que contarán
con roupa apropiada e visible.
Artigo 3. Participantes e categorías
3.1 - A proba está aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo
ou nacionalidade.
3.2 - Cada corredor/a participa na carreira baixo a súa responsabilidade e declara que
dispón dun nivel de condición física suficiente para afrontar a proba. A organización
terá potestade para descualificar a calquera atleta que a propósito da súa
imposibilidade para participar na proba, proporcione datos erróneos para poder facelo.
Categorías:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO DISTANCIA HORA
SAÍDA CIRCUÍTO
Sub 10 Nados 2013-14 700 m 10:00 1 circuíto pequeno
Sub 12 Nados 2011-12 700 m 10:00 1 circuíto pequeno
Sub 14 Nados 2009-10 1400 m 10:15 2 circuíto pequeno
Sub 16 Nados 2007-08 1400 m 10:15 2 circuíto pequeno
Sub 18 Nados 2005-06 5400 m 10:30 1 grande + 1 pequeno
Sub 20 Nados 2003-04 5400 m 10:30 1 grande + 1 pequeno
Sub 23 Nados 2000-01-02 5400 m 10:30 1 grande + 1 pequeno
Senior Nados 1999-1982 5400 m 10:30 1 grande + 1 pequeno
Máster 1 Nados 1987-1982 5400 m 10:30 1 grande + 1 pequeno
Máster 2 Nados 1981-1972 5400 m 10:30 1 grande + 1 pequeno
Máster 3 Nados 1971-1962 5400 m 10:30 1 grande + 1 pequeno
Máster 4 Nados a partir 1961 5400 m 10:30 1 grande + 1 pequeno
Artigo 4. Condicións de participación e inscricións
4.1 - Unha inscrición é válida cando a persoa participante enche o boletín de inscrición
a través da web: www.carreirasgalegas.com e realice o pago da inscrición.
Poderanse realizar inscricións ata as 23:59 do mércores 28 de decembro.
4.3- Aqueles que se inscriban máis dunha vez, inducindo a posible erro á Organización,
quedarán descualificados.
4.4 - A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se admitirán devolucións,
baixo ningunha causa, do importe da inscrición.
4.5 - A realización da inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a
continuación se expón: “Declaro que estou en bo estado físico. Eximo á
organización, patrocinadores comerciais, directivos, empregados e demais
organizadores, de toda responsabilidade que da participación no evento se
puidese derivar tal como: perda de obxectos persoais por roubo ou outras
circunstancias, lesións, …”
4.6 - Os participantes comprométense a:
• Aceptar estritamente tódolos artigos do presente regulamento.
• Aceptar as posibles modificacións da proba ás que a organización se vexa
obrigada por causas alleas á súa vontade.
4.7 - O tempo máximo para a realización da proba (categorías sub18 e posteriores),
será de 45 minutos, procedéndose o peche do control de chegada.
4.8 - Todos os corredores/as ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome
e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición
o corredor consinte expresamente que os seus datos sexan empregados pola
organización para comunicacións acerca da súa actividade. En todo caso e tal e como
establece a Lei de Protección da datos, o interesado pode exercer os seus dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante un escrito ou correo
electrónico: correo@neda.gal ou ben nas oficinas do Concello de Neda, Av. Algeciras nº
34, 15510 - Neda.
4.9 - A organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte
os termos e condicións do evento que queden expostos no presente regulamento. En
caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida neste, estarase ao que
dispoña a organización.
Descalificacións: O servizo médico da competición e os xuíces árbitros están facultados
para retirar da carreira a:
• Calquera atleta que manifeste un mal estado físico
• Todo/a atleta que non realice o percorrido completo
• Todo/a atleta que non teña dorsal ou non o leve visible, dobre ou manipule a
publicidade ou o fotocopie.
• Todo/a atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se retire en
protestas ante a organización, á marxe do estipulado no apartado de
reclamacións.
Artigo 5. Custo da inscrición
6.1 Para inscribirse na proba as persoas participantes deberán abonar a cantidade de
6 € categorías (sub 18 e posteriores), sendo gratuíta para as restantes categorías (Sub
10 ate sub 16, ambas incluídas).
Artigo 6. Retirada de dorsal.
7.1 - Retirada de chip e dorsal
-Sábado 31 de decembro de 9:00 - 10:00 no polideportivo do Roxal.
Artigo 7. Premios
9.1 - As clasificación publicaranse inmediatamente despois de finalizar a proba na Web
da entidade cronometradora.
9.2 - Haberá trofeos para:
• Tres primeiros clasificados de cada categoría, masculina e feminina.
9.3 - Todos os participantes que obtivesen algún premio deberán presentar algún
documento de identidade (DNI ou pasaporte) que acredite a data de nacemento do
premiado. A non presentación deste documento supón a non entrega do premio
9.4 - A entrega de trofeos terá lugar tras a finalización da proba no polideportivo do
Roxal.
Artigo 8. Control Técnico da proba
10.1 - A proba será controlada polo Comité Galego de Xuíces de Atletismo e rexerase
polas normas do Regulamento da WA. Tamén está incluída no Calendario Oficial da
Federación Galega de Atletismo.
10.2 – O Xuíz árbitro será designado pola F.G.A. para resolver calquera suceso de tipo
técnico, interpretando o regulamento da proba.
10.3- Os tempos tomaranse mediante sistema informático. Só terán validez os chips
persoais integrados no dorsal da carreira. O tempo de carreira só será rexistrado se a
persoa participante leva posto correctamente o chip, que irá integrado no dorsal.
10.4- O dorsal debe levarse na parte dianteira en lugar visible.
10.5 - Apelacións. As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse
verbalmente ó Xuíz Arbitro da Competición non mais tarde de 30 minutos despois da
publicación dos mesmos
Artigo 9. Seguros
11.1 - A organización ten subscrito un Seguro Colectivo de Accidentes e
Responsabilidade Civil.
11.2 - A organización recomenda aos participantes que, con anterioridade á proba,
efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen un adestramento
axeitado para as características desta competición.
11.3 - A Organización non se fará responsable dos danos morais ou materiais que
poidan sufrir os participantes antes, durante ou como consecuencia da súa
participación nesta proba.
Artigo 10. Aceptación do regulamento
12.1- Os/As participantes aceptan cada un dos artigos deste regulamento e
comprométense a non anticiparse ao momento da saída e a cubrir a distancia completa
antes de cruzar a liña de meta.