Calendario
Info da proba

Orro

18/12/2022 10:00 - 13:30
Regulamento IX TRAIL RUNNING E ANDAINA DE ORIENTACIÓN DE ORRO - CONCELLO CULLEREDO
18 DECEMBRO
UBICACIÓN
Centro Social Orro (Secretaría)
Coordenadas Google PARKING: 43.28259524513928, -8.428610741769365
Referencia: Restaurante O Sombreiro
INDICACIONS (aparcamiento e saída a proba)
➢ Unha vez cheguedes ó Parking deberedes dirixirvos andando ata a secretaría (Punto A a punto
B). Xa podedes ir preparados cós materiais necesarios para tomar a saida.
➢ Na secretaría recolleredes o voso número de dorsal, Tamén vos entregaremos as tarxetas e os
sportident a quen as precisen e solicitaran alquiler do mesmo e a bolsa de corredor por inscrito.
➢ Unha vez posto o dorsal en lugar visible xa podedes ir ata a zona de saidas, onde sairedes en
masa, en grupos de carreira según a horas de saída, por este orden, Trail longo / Trail curto /
andaina + iniciación.
➢ Unha vez rematada a proba deberedes descargar en secretaría os resultados da vosa proba,
entregar o dorsal así como as tarxetas e sportidents en aluger. Según os entreguedes recibiredes
un caldiño cortesía de Restaurante O Sombreiro
CATEGORIAS/PRECIOS
As inscripcions e a información do evento atopanse na web de www.Tracktherace.com
● Andaina – iniciación orientación , apta para todas as idades.
5€ menores de 18 anos e 10€ os adultos.
2€ licenza de día para todos aqueles inscritos (adultos o menores) non federados.
Tarxeta Pcard a cargo da organización, entregase en secretaría co dorsal antes da carreira.
Praza da Ría, 2 - 3ºA - 15174 (Fonteculler) Culleredo secretaría@gallaeciaraid.org www.gallaeciaraid.org
● Trail curto:
12€ (maiores de 14 anos, coa autorización asinada polos pais ou titores legais).
2€ licenza de día para todos aqueles inscritos (adultos ou menores) non federados.
Obrigatoria siac (si-8 en diante): 3€ en concepto de aluguer aqueles que non dispoñan dela.
● Trail longo:
15€ (maiores de 18 años).
2€ licenza de día para todos aqueles inscritos non federados.
Obrigatoria siac (si-8 en adiante): 3€ en concepto de aluguer aqueles que non dispoñan dela.
HORARIO
• SECRETARÍA ➢ 8:30 a 10:00
• HORARIO DE SAIDAS ➢ 10:00 a 10:10
As horas de saída serán escalonadas segundo o grupo de carreira.
10:00 Trail longo
10: 05 Trail curto
10:10 Inicación e andaina
• PECHE DE META ➢ 13:10 (3 horas dende a última saída)
Tende en conta que a partir desa hora comenzarán a retirarse as balizas do terreo.
• ENTREGA PREMIOS : 13:30
Trofeos para os 3 primeiros homes e 3 primeiras mulleres no trail curto e longo.
A andaina non será competitiva polo que non haberá trofeos.
MATERIAL RECOMENDABLE
● Andaina:
 Cortaventos
 Levar agua
 Levar polainas ou pernas cubertas
● Trail longo e curto:
 Mochila de hidratación ou bidón
 Cortaventos
 Compás.
MATERIAL OBLIGATORIO
● Andaina:
 Teléfono móbil, debe proporcionarse á organización no momento da inscripción.
 Compás
 CASO DE EMERXENCIA: Nos mapas están os teléfonos por se vos xurde calquer
incidencia.
● Trail longo e curto:
 Teléfono móbil , debe proporcionarse á organización no momento da inscripción.
 Compás
 CASO DE EMERXENCIA: Nos mapas están os teléfonos por se vos xurde calquer
incidencia.
IMPORTANTE TER EN CONTA DURANTE O TRAIL E A ANDAINA
➢ Tanto o Trail Curto como a Andaina de Orro son probas de Orientación sinxela creada máis que
nada para os que vos iniciades nestas especialidades. As probas de Andaina orientación con pouca
dificultade tanto física, como de orientación técnica. O Trail curto terá un pouco máis de esixencia
física pola distancia en km e percorrido. Ambalas duas terán percorridos de orientación lineais,
polo que deberedes picar todas as balizas seguindo a orde establecida no mapa. Senón as picades
neste orde, ainda que as piquedes todas, ó chegar a meta teredes error en tarxeta polo que
pasaredes a estar no final da clasificación.
Recordamos que a andaina non é competitiva, polo que non haberá clasificación, ainda que si
teredes dorsal e sistema de picadas pcard en cada baliza.
➢ O Trail longo é a proba de Orientación con máis de dificultade tanto en condicions físicas, como
en orientación. Con mais km e desnivel. A proba terá un recorrido lineal ainda que pode ter
algunha sorpresa en parte do recorrido cambinando outro tipo de orientacion.
Para o que non sepa moi ben como vai esto de “picar coa tarxeta” aquí tendes un pequeno
exemplo de como se fan as picadas coa tarxeta:
https://youtu.be/Ye_H_5vS7lE
Neste vos explicarán máis en detalle de que vai esto da orientación e as modalidades que hai:
https://youtu.be/z_mkGMiRnZ4
➢ Tanto para o Trail Running como para a Andaina se non tedes moita práctica orientando mirade
con bastante frecuencia o mapa para saber sempre onde estades, mellor lentos pero seguros. A
orientación vai ser sinxela pero hai que centrarse.
➢ Deberedes respetar as normas de circulación nos cruces con estradas asfaltadas e facer caso á
xente de Protección Civil e a Organización.
➢ Ollo onde poñedes os pés, é terreo de monte e hai zonas de charcos, hai que estar sempre
alerta polos posibles esguinces. Non por mirar o mapa deixar de ver onde pisades. Corre á
velocidade que orientas e non ó revés.
➢ Por favor, non tiredes nada o monte.
➢ Os camiños aparecen a maioría no mapa, pero pode faltar algún.
➢ A Andaina coincide en varios tramos co Trail, pedímosvos á xente da Andaina que lles cedades
o paso ós do trail xa que van mais rápido e en competición. E por suposto darlles ánimos.
Gracias!!!.
➢ Tanto se abandonades como se rematades a proba tendes que pasar por secretaría a descargar
có sportident. Deste xeito sabemos que non estades perdidos no monte. Ademáis será a forma
tamén de poder tomar un caldiño
PATROCINADORES:
➢ Concello de Culleredo
➢ Restaurante O Sombreiro
➢ Panadería Culleredo
➢ Asociación Cultural e veciñal de Orro
➢ Deputación da Coruña
PARTICIPACIÓN E DECLARACIÓN DE SAÚDE
3.1 . Como participante son consciente de que este tipo de actividades, desenrolarse no medio
natural, en lugares de difícil control e acceso, conlevan un risco adicional para os participantes.
Por iso, asisto de propia vontade e iniciativa asumindo íntegramente os riscos e consecuencias
derivadas da míña participación.
3.2 . Declaro que dispoño de capacidade física, destreza técnica e recursos de supervivencia
suficientes como para garantizar a miña propia seguridade, baixo as condición nas que se
desenrola a proba. Tamén son responsable de los menores de 18 anos que acudan baixo a niña
responsabilidades a proba, nai, paio o tutor lugar.
3.3. Dispoño do material deportivo recomendado pola organización e comprométome a levalo
durante toda a proba. . Declaro tamén que comprométome a cumplir as normas e protocolos de
seguridade establecidos pola organización, así como a manter un comportamento responsable
que non aumente os riscos para a miña integridade. Seguirei as instruccións e acatarei as decisións
que tomen os responsables da organización en temas de seguridade.
3.4. Participo voluntariamente e baixo a miña propia responsabilidade na proba. Por consiguinte,
exonero ou eximo de calquer responsabilidade á organización, colaboradores, patrocinadores e
outros participantes, por calquer daño físico ou material e, por tanto, RENUNCIO a interpoñer
denuncia ou demanda contra os mesmos.
3.5 Comprométome a seguir as pautas xerais de seguridade e respeto ó medio ambiente que se
relacionan a continuación:
• Transitar con prudencia por pistas e estradas abertas ó tráfico.
• Non circular por fora do recorrido sinalado para a proba.
• Non deteriorar os recursos naturais, xeolóxicos, culturais e, en xeral, da paisaxe.
• Non verter nin abandoar obxetos ou residuos fora das zona habilitadas para a recollida
3.6 Aínda que o percorrido, case na súa totalidade, non transcorre por estradas, en algún
momento si se cruza ou se transita durante un pequeno tramo por elas. Polo tanto, estes tramos
non estarán cortados ao tráfico rodado, debendo os participantes respectar as normas de tráfico
e indicacións da Organización.
3.7 A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido,
incluso a suspensión da proba, se as condicións meteorolóxicas así o aconsellan.
A realización da inscripción implica que os corredores leron, entenderon e aceptan as condicións
do presente Regulamento