Calendario
Info da proba

Padrón

04/02/2023 16:45 - 19:15
Regulamento XX Carreira Popular de Padrón

:: Comenta a proba de Padrón neste tema do foro ::

Inscrición: Popular de Padrón


Proba de 10 km - coeficiente 1,5
Proba de 5 km - coeficiente 1


REGULAMENTO

1.- PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

2.- CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN
*Pitufo F/M: Nadas/os en 2019 e posteriores.
*Prebenxamín F/M: Nadas/os en 2016, 2017 e 2018
Sub 10 F/M: Nadas/os en 2014 e 2015
Sub 12 F/M: Nadas/os en 2012 e 2013
Sub 14 F/M: Nadas/os en 2010 e 2011
Sub 16 F/M: Nadas/os en 2008 e 2009
Sub 18 F/M: Nadas/os en 2006 e 2007
Sub 20 F/M: Nadas/os en 2004 e 2005
Sub 23 F/M: Nadas/os en 2001, 2002 e 2003
Senior F/M: Nadas/os entre 1988 e 2000
Máster A F/M: Nadas/os entre 1977 e 1987
Máster B F/M: Nadas/os entre 1967 e 1976
Máster C F/M: Nadas/os en 1966 e anteriores.
* As categorías pitufo e prebenxamín non son competitivas, polo cal non haberá clasificacións.

3.- PERCORRIDOS E HORARIOS
A saída e chegada das probas estará situada no Campo do Souto.
Os circuitos da proba absoluta de 10 km e 5 km en ruta, estarán homologadas pola Real Federación Española de Atletismo e as marcas pasarán ao ranking oficial de ambas distancias (5 k e 10 k).

16:00 h PITUFOS 60 m
16:10 h PREBENXAMÍN 300 m
16:20 h SUB 10 600 m
16:30 h SUB 12 - SUB 14 1.200 m
16:45 h SUB 16 - SUB 18 - SUB 20 - SUB 23 - SENIOR - MASTER 5 km homologados pola RFEA
17:30 h SUB 20 - SUB 23 - SENIOR - MASTER 10 km homologados pola RFEA

4.- INSCRICIÓNS E PRAZOS
O prazo de inscrición de participantes no XX PADRON 10K quedará aberto dende o martes 27 de decembro, ata as 23:59 horas do mércores 1 de febreiro. A partir da citada data non se admitirán inscricións.

As inscricións en todas as súas categorías realizaranse na web www.emesports.es (soporte técnico: 654 285 692 – email: soporte@emesports.es)

Os participantes poden facer efectiva a inscrición nunha soa carreira (5 K ou 10 K).

PREZO DA INSCRICIÓN
- Categorías escolares (ata sub 14): De balde
- 5 K e 10 K homologados (de sub 16 a máster): 7 €

5.- DORSAIS e CHIPS
A recollida de dorsais realizarase o día da proba no Pavillón do Souto (Campo do Souto) en horario de 11:30 a 13:00 horas (recomendable) e a partir das 15:00 horas ata media hora antes do inicio de cada proba.

Os dorsais e o chip outorgados pola organización son persoais e intransferibles. Para facilitar a xestión das carreiras non se darán dorsais nin chips fóra dese prazo. O dorsal deberá ir colocado na parte anterior do corpo, en toda a súa extensión e de xeito visible e sen dobreces.

Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descualificado.

6.- CAIXÓNS DE SAÍDA
Na proba 10K estableceranse caixóns de saída en función da inscrición final e segundo as marcas acreditadas polos participantes na mesma en probas homologadas.

As persoas participantes deberán colocarse na zona acoutada que lles corresponda segundo a quenda e hora de saída que se lles asigne reflexado, tanto nos listados previos publicados, como no propio dorsal de competición. No caso de que o/a participante non estea presente na hora asignada, perderá o dereito de participación na proba.

7.- DESCUALIFICACIÓNS
Todo/a corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos FGA e RFEA en vigor, por esta orde, referentes a probas en ruta, será descualificado a criterio do xuiz árbitro da competición.

Todas as reclamacións deberán ser dirixidas ao xuíz árbitro da competición cun prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.

8.- PARTICIPACIÓN DE ATLETAS EXTRANXEIROS E DE OUTRAS FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS
A participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas rexirae segundo o regulamento de competición da Real Federación Española de Atletismo para probas de calendario autonómico:
Ligazón: https://www.rfea.es/normas/pdf/Reglamento2022/05_ReglamentoCompeticion.pdf

9.- PREMIOS EN METÁLICO (CARREIRA 10K)
Premios individuais absoluta M/F
1º/ª - 250 €
2º/ª - 150 €
3º/ª - 75 €
4º/ª - 50 €
Premios individuais corredores locais M/F
1º/ª - 50 €

10.- PREMIOS E TROFEOS
• CARREIRA 10K (dende SUB 20 ata MÁSTER).
✓ Trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto en homes como en mulleres.
✓ Trofeos para os/as 3 primeiros/as da clasificación absoluta.
✓ Trofeo para o/a 1º/ª corredor/a local da clasificación absoluta.
✓ Trofeos para os 3 primeiros equipos clasificados da proba absoluta.
✓ Trofeo Participación, ao colexio/clube con máis corredores inscritos que finalicen a proba.
✓ Trofeo Supermáster, ao participante de máis idade que finalice a proba, indistintamente sexa home ou muller.
✓ Obsequio para os/as participantes.

• CARREIRA 5K (dende SUB 16 ata MÁSTER).
✓ Trofeos para os tres primeiros/as clasificados/as da categoría SUB 16, SUB 18 e da absoluta, tanto en homes como en mulleres.
✓ Obsequio para os/as participantes.

• PROBAS ESCOLARES (dende PITUFO ata SUB 14).
✓ Medallas para os/as participantes.
✓ Trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto en homes como en mulleres, excepto nas categorías PITUFO e PREBENXAMÍN.
✓ Obsequio para os/as participantes.

11.- ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS
Os/as participantes das categorías escolares recibirán unha medalla pola súa participación tras cruzar a liña de chegada.
Unha vez rematada a proba absoluta, a entrega de premios e trofeos será no Auditorio municipal do Centro Social, ao carón da liña de chegada, ás 19:15 h.
Os participantes premiados que non acudan ao acto de entrega de premios e trofeos, non terán dereito aos mesmos posteriormente (incluídos os premios en metálico).
O pagamento dos premios en metálico realizarase por transferencia bancaria, para o cal é obrigatorio, unha vez que rematen as probas, que os atletas e clubes premiados se acheguen ó auditorio municipal (zona de entrega de trofeos) e cubran un documento cos datos requeridos (presentación do dni ou documento acreditativo da identidade, entidade bancaria, nº de conta, domicilio e tlf de
contacto).
Os premios en metálico estarán suxeitos as correspondentes retencións legais vixentes.
A organización reservarase o dereito de solicitar o DNI ou documento acreditativo de identidade e/ou idade dun participante en caso de dúbida ou posterior reclamación que poida afectar á entrega de premios da categoría á que afecte.

12.- USO DE DATOS E DEREITOS DE IMAXE
Todos/as os/as participantes no momento de realizar a súa inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

O participante autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde relación co evento no que se subscribe. Coa realización da inscrición o participante admite que o organizador, poida facer uso da imaxe de todos os participantes en calquera formato xa sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet, carteis, medios de comunicación etc.). Todos os dereitos de imaxe pertencen ao organizador (Concello de Padrón).

13.- SERVIZOS PARA OS/AS PARTICIPANTES
Todos/as os/as participantes disporán dos seguintes servizos:
− Servizo de duchas nos Pavillóns municipais: Pavillón do Grupo Escolar (para homes e mulleres) e Pavillón do Souto (só para homes). Ambos pavillóns quedan a escasos metros da liña de meta.

Horario: 15:30 a 19:30 horas.
− Obsequio para tod@s @s participantes.
− Fotografía profesional
− Avituallamento intermedio (km 5) e en liña de meta.
− Servizo de cronometraxe por chip de un só uso (emesports).
− Servizo de gardarroupa.
− Sinalización kilométrica no percorrido.
− Servizo de ambulancia, médico e sanitario.
− Seguro de accidentes deportivos para o corredor e RC do evento.

15.- OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS
A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos nas categorías escolares, horarios ou modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas aos participantes.

Calquer aspecto non recollido neste regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA e RFEA, por esta orde, para probas en ruta en vigor.
A organización da proba declina toda a responsibilidade dos danos que os/as atletas puideran ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación destos nas probas. A organización tampouco se responsabiliza dos obxectos persoais que poidan extraviarse ou danarse.
Todos/as os/as atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presente regulamento e o descoñecemento do mesmo non exime do seu cumprimento.