Calendario
Info da proba

Lousame

11/12/2022 10:00 - 14:00
Regulamento REGULAMENTO
1. ORGANIZA:
 CONCELLO DE LOUSAME (concellerías de deporte, cultura e xuventude).
2. COLABORAN:
 Secretaría Xeral para o Deporte
 Deputación Provincial de A Coruña
 Xefatura Provincial de Tráfico
 Protección Civil Lousame
 Cruz Vermella Noia
 Rede de Voluntariado local do Concello de Lousame.
3. DATA E HORARIO DA CARREIRAS:
 Sábado 3 de decembro 2022 PEQUETRAIL
o Saída PEQUETRAIL ás 10:00 H polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra (A
Silva).
o Entrega de premios a partir das 12:00 no polideportivo municipal Pilar Barreiro
Senra (A Silva).
 Domingo, 11 de decembro 2022 TRAIL LONGO E TRAIL CURTO polideportivo
municipal Pilar Barreiro Senra (A Silva).
o Saída trail longo ás 10:00 H.
o Saída trail curto ás 11:00 H.
o Entrega de premios a partir das 15:00 no polideportivo municipal Pilar Barreiro
Senra (A Silva).
 Sábado 17 de decembro 2022 ANDAINA SOLIDARIA BELÉN DE CUMES
o Saída ANDAINA SOLIDARIA ás 10:00 H (PRAZA DO CONCELLO)
o Chegada a Toxosoutos arredor das 13:00 H. (recepción con Panxoliñas e
chocolate con churros)
4. DISTANCIAS E DESNIVEL:
 TRAIL CURTO: distancia de 16,8 kms aprox. O nivel de dificultade será medio-baixo cun
desnivel acumulado aproximado de 642 mts de desnivel positivo e 643 mts desnivel negativo.
 TRAIL LONGO: distancia de 25,8 kms aprox. O nivel de dificultade será medio-alto cun desnivel
acumulado aproximado de 1115 mts de desnivel positivo e 1119 mts desnivel negativo.
5. INSCRICIÓNS:
 En www.emesports.es
 Limitado a 600 corredores (300 trail curto e 300 trail longo)
 Prezo: 15€ trail curto e 18€ trail longo.
 No PEQUETRAIL 100 corredores e a inscrición será gratuita.
 ANDAINA SOLIDARIA BELÉN DE CUMES 10 kms.
 A inscrición da dereito a participar na proba escollida, avituallamentos, seguros, bolsa de
corredor (os/as inscritos/as na modalidade de TRAIL terán como regalo conmemorativo
da proba unha prenda técnica)
 A inscrición implica o coñecemento e aceptación do regulamento do evento.
 Non se poderán facer modificacións nin sustitucións nas inscricións.
 A inscrición no evento leva incluída a cesión dos dereitos de imaxe que se xeneren
neste evento deportivo e poderán ser utilizadas pola organización, para a divulgación,
proxeción e difusión do evento en diferentes medios (redes sociais, prensa, cartelería,
etc…).
6. CRONOMETRAXE ELECTRÓNICA:
Emesports
7. SERVIZOS E RECOLLIDA DE DORSAIS:
 Polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra (42º46´19.36” N 8º51´25,99” O)
o día da proba.
 TRAIL CURTO: 9:00 h. a 10:30 h.
 TRAIL LONGO: 8:00 h. a 9:30 h.
 PEQUETRAIL: 9:00 h. a 10:00 h.
 ANDAINA SOLIDARIA BELÉN DE CUMES: 9:00 h. a 10:00 h. (PRAZA DO
CONCELLO).
 Para a recollida de dorsais é imprescindible a presentación do D.N.I ou licenza
federativa.
8. SINALIZACIÓN E CONTROL:
Os percorridos do trail longo e do trail curto estarán sinalizados con cintas de
baliza e sinais, o desvío do trail longo e do trail curto estará sinalizado por duas flechas
de dirección identificando cada unha a ruta a seguir, e estarán controlados polas
Agrupacións de Protección Civil colaboradoras no evento. Ó longo do percorrido, a
organización establecerá controis que estimen oportunos, os cales poderán ser
descalificantes para o que cometa algunha irregularidade É RESPONSABILIDADE DE CADA
CORREDOR/A LOCALIZAR A SINALIZACIÓN E SEGUILA. Algúns tramos de enlace, discorren
por estradas ou poboacións, e non estarán cortadas ao tráfico rodado, debendo aterse
os participantes ás normas de circulación de Tráfico ou ás indicacións da organización.
Nos cruces de carretera haberá dispositivos de Protección Civil, ou comisarios
habilitados pola organización.
Dende a organización incidimos no respeto polo medio ambiente e o entorno no
cal se desenvolve a proba, e polo cal, solicitamos aos participant@s que fagan uso dos
contedores de lixo habilitados pola organización nas zonas de avituallamento onde
depositar os residuos. É obriga de cada participante levar os seus desperdicios ata a
meta ou lugares sinalados nos avituallamentos, podendo ser descalificados en caso de
tirar lixo no chan.
9. NORMAS XERAIS DE COMPETICIÓN
O Concello de Lousame, organiza o TRAIL DE LOUSAME 2022, que se celebrará os
días 3 de novembro (PEQUETRAIL), 11 de de decembro (TRAIL) E ANDAINA SOLIDARIA A
FAVOR DE ASGPOH (saída praza do concello) o 17 de decembro, con saída e chegada no
Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra. Na semana da carreira, unha vez finalizadas as
inscricións, a organización enviará un email a cada participante con toda a información sobre o
evento.
@S participantes deberán presentar, no momento da recollida de dorsais, o DNI xa que o dorsal
é persoal e intransferible.
Nesta edición o programa será o seguinte:
PEQUETRAIL (para categorías de base) SÁBADO, 3 DE DECEMBRO
 A partir das 10:30 h, con saída e chegada no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro
Senra (A Silva), e constará das seguintes probas: Cadete e xuvenil.- ( atletas nados entre os
anos 2005 e 2008, inclusive ).-
 7 Kms aprox. Alevín e infantil.- (atletas nados entre os anos 2009 e 2012, inclusive).- 2
Kms aprox.
 Benxamín.- ( atletas nados nos anos 2013, 2014 e 2015 ).-1 km aprox. XABARÍNS.-
(atletas nados nos anos 2016 e 2017).- 500 mts aprox.
 Esta modalidade levarase a cabo sempre que se inscriba un número mínimo de
participantes.
TRAIL, DOMINGO 11 DE DECEMBRO
TRAIL CORTO
 Terá como lugar de saída Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra (A Silva), e
constará dunha distancia de 16,8 kms aprox. O nivel de dificultade será medio-baixo cun desivel
acumulado aproximado de 642 mts de desnivel positivo e 643 mts desnivel negativo. A saída
será ás 11:00 h. da mañá e haberá 2 avituallamentos, sólido e líquido, para un máximo de 300
participantes. aconséllase que cada corredor/a leve dispositivo GPS (a organización facilitará o
track do trail para descargar en dispositivos GPS de pulsera para facilitar a seguridade na
actividade), teléfono móbil e o seu propio recipiente para líquidos ademáis de manta térmica, xa
que nos avituallamentos non haberá vasos de plástico.
TRAIL LONGO
 Terá como lugar de saída Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra (A Silva), e
constará dunha distancia de 16,8 kms aprox. O nivel de dificultade será medio-alto cun desivel
acumulado aproximado de 1115 mts de desnivel positivo e 1119 mts desnivel negativo. A saída
será ás 10:00 h. da mañá e haberá 3 avituallamentos, sólido e líquido, para un máximo de 300
participantes. aconséllase que cada corredor/a leve dispositivo GPS (a organización facilitará o
track do trail para descargar en dispositivos GPS de pulsera para facilitar a seguridade na
actividade), teléfono móbil e o seu propio recipiente para líquidos ademáis de manta térmica, xa
que nos avituallamentos non haberá vasos de plástico.
Antes da saída farase control do material, no caso de non cumprir coas condicións
esixidas, o/a corredor/a non poderá tomar a saída. Tempos de corte.- Para o Trail longo, ás
12:45 h. no km 14 aprox. A partir desta hora e punto, a organización non permitirá continuar en
carreira, e ante a negativa d@ corredor a organización non se fará responsable de calquera
cousa que poida suceder. O formato de saída será única e en grupo.
Requisitos para poder participal no TRAIL CONCELLO DE LOUSAME 2022, ser maior
de idade no día da proba (para as probas de trail longo e trail curto, a excepción do
PEQUETRAIL) Coñecer e aceptar o regulamento do evento, o descoñecemento do mesmo, non
exime do seu cumprimento; ter unha mínima condición física para afrontar a disciplina elexida;
dispoñer do material mínimo que esixe esta disciplina ( zapatillas adecuadas, …….. ); realizar
correctamente tódolos pasos e requisitos para a inscrición.
No hipotético caso de que na data de celebración do evento non fose posible organizar
a proba, A ORGANIZACIÓN OFRECERÁ AS SEGUINTES ALTERNATIVAS: Os inscritos no
TRAIL Manter a inscrición para cando se levanten as restriccións e poder realizar a proba, ou no
seu defecto, manter a inscrición para a seguinte edición . Devolución do 50% da cota de
inscrición+ envío de agasallo técnico da proba. SOAMENTE NO CASO DE SUSPENSIÓN DA
PROBA Cada participante deberá poñerse en contacto coa organización, no prazo máximo de 7
días, e comunicar a súa decisión a través do email, lousamedeportes@gmail.com. A declaración
de saúde firmada (esta facilitarase por email a cada corredor/a na semana da carreira) A
tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal que colocarán no seu peito de forma visible para
a súa identificación durante a proba e a chegada.
10. TROFEOS:
o PEQUETRAIL: Medallas para tódolos participantes Obsequios A entrega
realizarase ó remate de cada proba.
o TRAIL CURTO 1º, 2º e 3º clasificado en categoría masculina e 1º, 2º e 3º
clasificado en categoría feminina.
o TRAIL LONGO 1º, 2º e 3º clasificado en categoría masculina e 1º, 2º e 3º
clasificado en categoría feminina
o Atleta máis veterana do evento.
o Atleta máis veterano do evento.
o Clube con máis participantes.
o A entrega de trofeos terá lugar no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra,
arredor das 14:00h, pero poderá ser modificada pola organización.
11. RETIRADAS E ABANDONOS:
Calquera participante poderá retirarse da proba sempre que o desexe, avisando
no control máis próximo e entregando o dorsal á organización. A evacuación dos/as
participantes a meta efectuarase segundo a dispoñibilidade loxística da organización. No
caso dalgunha urxencia en carreira, débese avisar ó teléfono de urxencias que sae no
dorsal, e a organización poñerá en funcionamento o protocolo para este tipo de
incidencias.
12. EXCLUSIÓNS:
Serán excluídos das probas todos aqueles que incumplan as seguintes
condicións: non seguir a ruta marcada pola organización; participar poñendo en risco
tanto ao entorno como aos demais participantes; non respetar a todos/as os/as
participantes; non cumprir as indicacións da organización; non respetar o medio
ambiente e a propiedade tanto pública como privada e non depositar os residuos nos
lugares que se habiliten para tal fin.
13. CAMBIOS E SUSPENSIÓN:
A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere
necesarias para un mellor desenvolvemento da actividade, así como a súa suspensión
ou aprazamento se as condicións meteorolóxicas ou sanitarias obrigasen a facelo.