Calendario
Info da proba

Castro de Rei

08/01/2023 10:15 - 12:00
Regulamento REGULAMENTO
ARTIGO 1: ORGANIZACIÓN:
O Concello de Castro de Rei organiza a V Carreira Popular Concello Castro de Rei. A
proba celebrarase o vindeiro Domingo 8 de Xaneiro, con saída na Casa do Concello e
discorrerá por vías da Deputación de Lugo. A meta será no Campo da Feira de Castro Riberas
de Lea.
ARTIGO 2: PARTICIPACIÓN:
A proba estará aberta a todos os atletas, ATA UN MÁXIMO DE 300 ATLETAS na proba de
adultos, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo
a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.
ARTIGO 3: PERCORRIDO, CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS:
O circuíto será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola
organización. O percorrido estará sinalizado en cada km.
A saída da proba será no núcleo de Castro de Rei, dende a casa do Concello, e a meta
no Campo da Feira de Castro Riberas de Lea. A organización poñerá a disposición dos
participantes na proba un servicio de autobuses para trasladar aos deportistas dende o
Pavillón municipal de Castro Riberas de Lea ata á saída na Casa do Concello de Castro de
Rei.
As probas de menores serán na contorna do Campo da Feira de Castro Riberas de Lea.
O servicio de autobuses comezará ás 9.15h, sendo o último servizo ás 9.45h
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2017 e posteriores) 12.10 h 150m
PROMOCIÓN (2014-2016) 12.15 h 550m
SUB 12 (2012-2013) 12.20 h 1100m
SUB 14 (2010-2011) 12.30 h 2000m
SUB 16-18 (2006-2009) 12.30 h 2000m
SENIOR (1988-2005) 10.15 h 14800m
MÁSTER A (1980-1987) 10.15 h 14800m
MÁSTER B (1971-1979) 10.15 h 14800m
MÁSTER C (1968 e anteriores) 10.15 h 14800m
ARTIGO 4: PECHE DE CONTROL:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 105’ despois da saída da mesma.
ARTIGO 5: CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN:
• As inscricións faranse a través da paxina web da Federación Galega de Atletismo
www.carreirasgalegas.com
• A inscrición pecharase o martes 3 de xaneiro ás 23:59 horas.
• Non se admitirán inscricións o dia da proba.
• A inscrición na proba é persoal e intransferible.
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no
evento puidese derivarse á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de
imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión quedará en mans
da organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán capacitados para descualificar a
calqueira atleta que incumpra oregulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
➢ Falsificar datos persoais.
➢ Todo o non disposto neste regulamento rexirase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para
a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
ARTIGO 6: INSCRICIÓN:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo
www.carreirasgalegas.com
Os dereitos de inscrición na carreira de menores serán gratuítos.
Na proba absoluta a cota de inscrición será de 3€ ata o 15 de decembro e 5€ dende o 16
de decembro.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo, concello de
empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado, e
neste caso facilitarase o número de licenza e o clube.
ARTIGO 7: RETIRADA DE DORSAIS:
➢ O día da proba no Pavillón Municipal dende as 8.30h ata as 10.00h, a partir desa hora
a zona de recollida de dorsais trasladarase á zona de meta (Campo da Feira de
Castro Riberas de Lea).
ARTIGO 8: PREMIOS:
➢ Trofeo ós tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
➢ Trofeo ós tres primeiros/as clasificados/as de cada categoria.
➢ Trofeo ó primeiro/a atleta local da carreira de adultos (o requisito será estar
empadroado/a no Concello de Castro).
➢ Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos
para esta categoría nin se farán clasificacións.
➢ Nas categoría dende PROMOCIÓN ata SUB 16-18 darase medalla a todos os
participantes, así como trofeo ós tres primeiros/as clasificados/as.
➢ A entrega de premios será na zona de meta (Campo da Feira) e comezará,
aproximadamente, ás 12.45h.
ARTIGO 9: SERVIZOS PARA OS PARTICIPANTES:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira:
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes) nas inmediacións do Pavillón
Municipal.
2. Baños, vestiarios e duchas no pavillón municipal de Castro Riberas de Lea, a escasos
300m da liña de meta, así coma baños na saída na Casa Consistorial.
3. Roupeiro, os participantes poderán deixar na saída a roupa nunha bolsa cunha
identificación, e un vehículo transportaráas ata a liña de meta (Edificio da biblioteca).
4. Servizo de autobuses para trasladar aos deportistas dende a zona de meta á saída. O
servicio de autobuses comezará ás 09.15h, sendo o último servizo ás 9.45h.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Aperitivos e bebidas ao remate da última carreira para todos os participantes.
7. 2 Avituallamentos líquidos (km 5 e 10) na carreira de adultos.
8. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da
proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca
compañía de seguros que corresponda).
ARTIGO 10: SEGURO:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que
cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa
da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou
desde o mesmo.