Calendario
Info da proba

Salceda - San Silvestre

30/12/2022 21:30 - 51:30
Regulamento REGULAMENTO “XI CARREIRA SOLIDARIA
SAN SILVESTRE 2022”


A XI edición da carreira solidaria San Silvestre, organizada polo Concello de Salceda de Caselas, celebrarase o venres día 30 de Decembro de 2022.

Carreira con póliza de responsabilidade civil número 36260062, e seguro de accidentes deportivos para colectivos MAPFRE para tódolos/as participantes debidamente inscritos na proba.

Regulamento xeral
1.- A saída da Carreira para tódalas categorías darase na Praza do Concello ás 21:30 horas, quedando a liña de meta situada na praza do Concello.

2.- O percorrido será polo casco urbán, cunha distantcia de 3.000 metros.

3.- O prazo de inscrición finalizará o Martes día 27 de Decembro as 24:00 h, e as inscricións realizaranse a través da páxina web (https://www.deportesalceda.gal/inscricion-xi-san-silvestre-solidaria), facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.

4.- A recollida de dorsais será o venres día 30 de Decembro de 19:00 a 21:00 horas no hall do autidorio municipal.

5.- Premios: Trofeo para o/a primeiro/a clasificado/a.
-Agasallo a persoa de máis idade e o neno/a de menor idade.
-Sorteo dun agasallo entre tódolos dorsáis que estén presentes na entrega de premios.

6.- Dado o carácter deportivo é popular non se admitirán reclamacións. A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento si as circunstancias así o aconsellan (informando oportunamente, sendo as súas decisións, inapelables.

7.- Todos/as os/as participantes, polo feito de tomar a saída na Carreira, aceptan o presente Regulamento, e da dereito á organización para poder facer uso das imaxes do evento para a súa difusión e publicidade. No caso de dúbida ou de surtir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña o Comité Organizador.

8.- Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá optar aos trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba. Calquera corredor/a con problemas médicos (alerxia, atencións especiais, etc.) deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.