Calendario
Info da proba

O Grove

09/10/2022 10:00 - 11:30
Regulamento XIX CARREIRA POPULAR FESTA DO MARISCO
ORGANIZA: Concello do Grove
DATA DE CELEBRACIÓN: Domingo dia 9 de outubro de 2022. (Primeiro Fin de Semana
da Festa do Marisco)
SAÍDA DA PROBA: Parque de Confín (no Paseo Marítimo de Beiramar).
INSCRICIÓNS: para tódalas categorías, as inscricións realizaranse a través da páxina web
www.galitiming.com indicando nome e apelidos, data de nacemento, teléfono,
dirección e club (ou lugar de procedencia) antes do xoves da 5 de outubro ás 0:00. A
categoría absoluta terá un prezo de 5€ con dereito a “bolsa do corredor”.
CARACTERÍSTICAS DO CIRCUÍTO: o percorrido será mixto, comeza sofre asfalto,
continua por terra (no Parque Forestal Illa da Toxa), segue por céspede polo Golf La Toja,
rematando en asfalto novamente ata a liña de meta. Haberá duchas ao servizo dos
corredores no Pavillón Náutico e no Pavillón dos Deportes ao finalizar a carreira.
DISTANCIAS E CATEGORÍAS :
PREBENXAMÍN ata 6 anos ______250 m.
BENXAMÍN de 7 a 9 anos________500 m.
ALEVÍN 10 e 11 anos___________1000 m.
INFANTIL 12 e 13 anos_________1000 m.
CADETE 14 e 15 anos__________1500 m.
XUVENIL 16 e 17 anos _________1500 m.
ABSOLUTA de 18 a 44 anos ____10.000 m.
VETERANO a partir 45 anos_____10.000 m.
PREMIOS:
- Recibirán trofeo os 3 primeiros clasificados de cada categoría a partir de infantil. Nas
categorías prebenxamín, benxamín e alevín recibirán unha medalla.
- Haberá que presentar o DNI para o cobro dos premios en metálico.
1º: 250€
2º: 200€
3º: 100€
- Os 1º primeiros atletas masculinos e femininos locais recibirán un trofeo e un bono de
consumición para a “Festa do Marisco”.
A organización reservase a posibilidade de poder agasallar os primeiros clasificados das
diferentes categorías con mais premios que se poidan conseguir de patrocinadores e
colaboradores.
A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias
en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as
condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
Durante a proba existirán fotógrafos tantos pertencentes a organización como do
publico, polo que se acepta polo participante que se podrán reproducir ditas imaxenes
en direfentes redes sociais, soportes publicitarios ou medios de comunicación.
A inscripción na proba implica a aceptación deste regulamento.