Calendario
Info da proba

Pantón

09/10/2022 12:00 - 13:00
Regulamento XX CARREIRA POPULAR
ROTA DO ROMÁNICO
CONCELLO DE PANTON
Domingo 9 de outubro de 2022
Categorías menores: 11:00h
Adultos: 12:00h
Organiza:
Concello de Pantón
Patrocina:
Concello de Pantón
Regulamento:
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A
non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer
ningunha modificación nel.
Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe proporcionado pola
organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizar o seu.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva
implícita a aceptación do regulamento da proba.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais que a si mesmos
ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia
non contemplada neste regulamento
CARREIRA ABSOLUTA
Categorías:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:
Categoría E……………..nad@s entre 2003 e 2006.
Categoría F……………..nad@s entre 1988 e 2002.
Categoría G……………..nad@s entre 1978 e 1987.
Categoría H……………..nad@s entre 1968 e 1977.
Categoría I……………..nad@s entre 1967 e anteriores.
INSCRICIÓNS:
Inscricións on-line na páxina www.championchipnorte.com
Peche de inscricións o xoves 6 de outubro.
.
Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax
Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
-Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-DNI
-Club (no caso de telo)
-Localidade
-Teléfono Móbil
A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos
requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.
Percorrido:
6 ,27Km
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (9 de outubro) na carpa da
organización sita na diante do edificio sociocultural de 09:30 a 11:30 horas.
PEMIOS POR CATEGORÍAS ADULTOS
1º/1ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
2º/2ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
3º/3ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
Avituallamento final para tod@s @s atletas que rematen a proba, na zona habilitada pola
organización.
-INFORMACIÓN E RESULTADOS:
Na páxina web oficial da proba: www.championchipnorte.com
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
-Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa habilitado
pola organización.
-Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas no complexo
deportivo Montebaliño situado a 1 Km da meta.
CARREIRA CATEGORÍAS MENORES
Haberá unha proba non competitiva para rapaces nados despois do ano 2017.
A distancia será aproximadamente de 50 metros e non haberá clasificacións.
Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa.
Será necesaria a inscrición previa no mesmo prazo que o resto de categorías menores.
CATEGORÍAS:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:
Categoría A……………..nad@s entre 2015 e 2017.
Categoría B……………..nad@s entre 2013 e 2014.
Categoría C……………..nad@s entre 2010 e 2012.
Categoría D……………..nad@s entre 2007 e 2009.
INSCRICIÓNS
Inscricións on-line na páxina www.championchipnorte.com
Peche de inscricións o xoves 6 de outubro.
Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax
Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
-Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-Club (no caso de telo)
-Localidade
A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos
requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.
PERCORRIDO:
Categoría MINI: 11:00h…………….... 50m.
Categoría A: 11:05h.……………….... 400m.
Categoría B e C: 11:10h………………800m.
Categoría D 11:20h:………………... 1100m.
ENTREGA DE DORSAIS
Os dorsais entregaranse o día da proba (9 de outubro) na carpa da organización sita na explanada
diante do centro sociocultural de 09:30 a 11:30 horas.
PREMIOS:
Trofeo para @s tres primeir@s de cada categoría.
Avituallamento final para todos os que rematen a proba.