Calendario
Info da proba

Trail do Trega

20/11/2022 10:30 - 12:00
Regulamento Artigo 1.- ORGANIZACIÓN
O Concello da Guarda, en colaboración con NOKO deporte y Salud, a Deputación de Pontevedra e comunicades de montes de A Guarda e Camposancos, organiza o próximo 20 DE NOVEMBRO DE 2022 a IX edición do TRAIL DO TREGA

Artigo 2.- A PROBA
O Trail do Trega é unha PROBA DE 16 KM E CON 800 METROS DE DESNIVEL.
A proba transcorrerá 100% polo monte Trega, un dos lugares máis visitados da xeografía galega A carreira non ten un desnivel significativo pero o cambio de terreo constante, a orografía, climatoloxía farán que sexa unha proba dura e para a que se necesita unha boa preparación.
A organización habilitará 1 avituallamento no percorrido.

Artigo 3.- REGULAMENTO
A inscrición á proba implica a total aceptación deste regulamento. O presente regulamento será de estrito cumprimento para todos os participantes do Trail do Trega.

Artigo 4.- PARTICIPACIÓN
Os participantes deberán respectar o medio no que se realiza a proba e manter limpo a contorna da mesma. Para iso deberán comer e beber SEN DEIXAR NINGÚN ENVASE FÓRA DOS RECIPIENTES habilitados para tal uso. O INCUMPRIMENTO DESTE PUNTO CARREXARÁ A DESCALIFICACIÓN INMEDIATA DO CORREDOR, podendo ser inhabilitado mediante un simple testemuño de calquera membro do equipo organizativo da Carreira.
A idade mínima de participación é de 16 anos cumpridos o mesmo día da proba, e non se permite a participación a ningún atleta con menos da devandita idade. Está prohibído ir acompañado doutras persoas que non sexan participantes inscritos na proba.
O corredor do Trail do Trega deberá levar o dorsal facilitado pola Organización en todo momento, nun lugar visible (parte pectoral dianteira) non podendo ser recortado, dobrado nin modificado. O INCUMPRIMENTO DESTE PUNTO, CARREXARÁ A DESCUALIFICACIÓN INMEDIATA DO CORREDOR.

Artigo 5.- A CARREIRA
O itinerario da carreira será sinalizado con cinta balizadora e señalética especîfica creada para a proba. O rutómetro da mesma é o publicado na páxina web oficial da carreira (www.traildotrega.com).
Calquera cambio ou modificación no mesmo farase público polos mesmos medios.
O percorrido non estará pechado ao tráfico, polo que os deportistas deberán extremar as precaucións e respectar o código de circulación viaria. Durante o transcurso da carreira, os participantes deberán FACER CASO aos MEMBROS DA ORGANIZACIÓN da proba en todo momento. O non cumprimento deste punto, implicará a descualificación inmediata. A proba estará controlada de modo electrónico mediante o sistema de chip.
Artigo 6.- INSCRICIÓN
A inscrición ao Trail do Trega finalizará o día 16 de novembro e os prezos de inscrición serán de:
14 euros ata o 15 de setembro
16 euros do 16 de setembro o 13 de novembro
18 euros do 14 de novembro o 16 de novembro

. A inscrición á proba inclúe:
- Dereito de participación.
-Seguro de accidentes e RC Bolsa do corredor.
-Peza ou obsequio participación.
-Servizo médico.
-Avituallamiento nos puntos habilitados.


Artigo 7.- AVITUALLAMENTOS
A organización poñerá a disposición de todos os participantes de avituallamientos repartidos en todo o percorrido onde poderán fornecerse de auga, isotónico, comida e froita, ademais doutros produtos postos pola organización. Debido a situación actual, a froita será entrega por persoal da organización, mentras que o restante avituallamento estará embolsado de forma individual.

Artigo 8.- DEREITOS DE IMAXE
A organización poderá utilizar as imaxes, vídeos e son dos participantes durante a proba, incluíndo momentos previos e posteriores, desde a recollida de dorsais, entrega de premios e traslado dos participantes, para a promoción e difusión da proba sen ningún límite temporal para utilizalos.

Artigo 9.- CATEGORÍAS
-Absoluto (masculino e feminino)
-Sénior (masculino e feminino)
-Veteranos 40 (masculino e feminino)
-Veteranos 50 (Masculino e Feminino)
Establécese a categoría especial "empadroados na Guarda" cos tres primeiro@s.
Premios NON acumulables, salvo na categoría de empadroados na Guarda

Artigo 10.- CANCELACIÓNS
Calquera inscrito que queira darse de baixa do evento, poderá facelo ata o 7 de novembro, devolvéndolle o 75% da cuota de inscrición. Pasada esa data, NON se fará efectiva tal devolución, podendo modifcar os datos por outro participante ata o dia 13 de novembro

Artigo 11.- SERVIZOS GARDARROUPA
A organización poñerá un servizo de gardarroupa para os participantes.

Artigo 12.- NORMAS AMBIENTAIS
A participación na proba implica o coñecemento e a aceptación destas normas de carócter especial para co medio ambiente: - Unha parte da proba desenvólvese no interior de espazos protexidos que albergan unha flora e unha fauna sensible e vulnerable e na que os participantes deben actuar con coidado e responsabilidade.