Calendario
Info da proba

Monterroso

11/09/2022 11:00 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello de Monterroso e o colectivo Correr en Monterroso organizan a IV Carreira
popular Concello de Monterroso.
A proba terá lugar o vindeiro domingo 11 de setembro de 2022, con saída e meta na rúa Poeta
Lorenzo Varela e discorrerá pola contorna da vila.
A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición
física suficiente para rematar a proba.
Artigo 2: Categorías, distancias e horarios:
O circuíto será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola
organización. O percorrido estará controlado por persoas e vehículos da organización. A
PREVISION MAXIMA SERA DE 300 PARTICIPANTES
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
ANDAINA Todas as idades 10:50 h 5.000m
SUB 20-SENIOR 1988-2004 11:00 h 10.000m
VETERÁN A 1978-1987 11:00 h 10.000m
VETERÁN B 1968-1977 11:00 h 10.000m
VETERÁN C 1958-1967 11:00 h 10.000m
VETERÁN D 1957 e anteriores 11:00 h 10.000m
PITUFOS (2016 e posteriores) 12:30 h 100m
PROMOCIÓN (2013-2015) 12:40 h 500m
SUB 12 (2011-2012) 12:40 h 500m
SUB 14 (2009-2010) 12:50 h 1.000m
SUB 16 (2007-2008) 12:50 h 1.000m
SUB 18 (2005-2006) 12:50 h 1.000m
Artigo 3: Peche de control:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 70’ despois da saída da mesma.
Artigo 4: Condicións de Participación:
➢ A inscrición na proba é persoal e intransferible
➢ A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación
se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse á organización, patrocinadores
comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización
da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización
e os seus colaboradores, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
➢ No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a
decisión quedará en mans da organización.
➢ A proba estará controlada por persoal da organización, e estarán capacitados para
descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
• Non respectar as indicacións dadas pola organización.
• Non realizar todo o circuíto da carreira.
• Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
• Falsificar datos persoais.
➢ Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da
FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por
instancias superiores
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase a través do enlace que se poderán atopar nas web https://ccnorte.com/
Os dereitos de inscrición na carreira absoluta terá un custe de 7€ ata o día 28 de agosto de
2022 e de 10€ dende día 29 de agosto ata o fin da inscrición o 6 de setembro de 2022. Nas
probas de menores e a andaina serán gratuítos.
A inscrición pecharase o MARTES 6 de setembro ás 23:59 horas.
➢ Non se admitirán inscricións fora de prazo.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberán
sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número de licenza e o club.
Artigo 6: Retirada de Dorsais:
Os dorsais poderanse retirarse nos días previos a carreira. A data, horario e lugar
comunicarase a través das redes sociais de correr en Monterroso e do Concello. O día da
proba poderán recollerse tamén na zona habilitada pola organización ata 45’ antes da saída de
cada proba.
Artigo 7: Premios:
➢ A entrega de premios será na zona de meta o rematar as probas.
➢ Os premios non son acumulativos excepto no caso de participantes que compitan
por equipos. Neste caso poderían recibir un premio individual e subir o podium
como integrante dun equipo.
➢ Premio aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
➢ Premio aos primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como femininos.
➢ Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá
premiacións para esta categoría nin se farán clasificacións.
➢ Na categoría de PROMOCIÓN, SUB 12, SUB 14, SUB 16 e SUB18 darase un agasallo
a todos os participantes, así como trofeo aos primeiros clasificados tanto masculino como
feminino.
➢ Trofeos ao e primeiros/as clasificados/as locais da carreira absoluta. Considérase
atleta local o que estea empadroado no concello de Monterroso
➢ O mellor equipo feminino (4 mulleres), o mellor equipo masculino (4 homes) e o
mellor equipo mixto (2 mulleres e 2 homes)
Artigo 8: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Baños na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais e imperdíbeis.
4. Vestiarios na zona de meta.
5. Gardarroupa
6. Avituallamento na zona de saída da proba e no km 6 da carreira.
7. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao
organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros
sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).
Artigo 9: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa
do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia
das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
Artigo 10: Aceptación do regulamento:
A inscrición na proba conleva a autorización da publicación de fotografías ou vídeos da
participación na mesma por parte do organizador e dos seus colaboradores, así coma os
resultados. O descoñecemento do regulamento no exime do seu cumprimento.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación
leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais
que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquer aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.
Artigo 11: Cambios do regulamento:
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o
considerase, e deberá publicalo na web.
Artigo 12: Cambios do desenrolo da actividade e protocolo COVID:
As condicións de desenrolo da actividade pódense ver alteradas pola situación da
pandemia. O protocolo COVID a aplicar durante o evento publicarase na web da carreira
www.correrenmonterroso.es e nas redes sociais na semana de celebración da mesma.
Este protocolo axustarase a situación sanitaria na semana da carreira. Tódolos
participantes no evento teñen a obriga de consultalo protocolo COVID e cumprilo en todo
momento a fin de que teñamos carreira segura para todos.