Calendario
Info da proba

Ferrol

05/11/2022 10:30 - 11:30
Regulamento ANEXO I
LVI TROFEO “JOAQUÍN ROMERO”
O LVI TROFEO “JOAQUÍN ROMERO”, é unha proba popular de campo a
través, organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Ferrol e co
control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de
Atletismo. Terá lugar o sábado 5 de novembro de 2022 a partir das 10.30 h
da mañá no lugar das Cabazas. A proba está suxeita ás normas da F.G. A e
R.F.E.A
Art.1.- As probas estarán abertas a todos os atletas, federados ou non, sen
distinción de sexo ou nacionalidade. Establécense as mesmas categorías
segundo regulamentos IAAF, RFEA,FGA e, promocionalmente, engádese a
categoría peques.
CATEGORÍAS ABSOLUTAS.
Sub 20: Nacidos/as no ano 2003 e 2004
Sub 23: Nacidos/as no ano 2002 – 2001 - 2000
Sénior Nacidos/as no ano 1999 ata o 1987
Master 1 Nacidos/as en 1986 ata 1981
Master 2 Nacidos/as en 1980 ata 1972
Master 3 Nacidos/as en 1971 ata 1962
Master 4 Nacidos/as 1961 e anteriores
CATEGORÍAS DE MENORES.
CATEGORÍA
Sub 18 Nacidos/as no 2006 - 2005
Sub 16 Nacidos/as no 2008-2007
Sub 14 Nacidos/as no 2010-2009
Sub 12 Nacidos/as no 2012-2011
Sub 10 Nacidos/as no 2013-2014
Sub 8 Nacidos/as no 2015-2016
Peques Nacidos/as no 2017-2018
Art 2.- INSCRICIÓN E RETIRADA DE CHIPS E DORSAIS. As inscricións poderán
efectuarse a partir do día 10 de outubro as 22:00 horas do día o 3 de
novembro a través da páxina web. carreirasgalegas. Non se admitirá outra
vía de inscrición que a sinalada anteriormente.
*Os dorsais retiraranse ata 10 minutos antes de cada proba.
Art 3.- PREMIOS. A organización premiará as tres primeiras persoas
clasificadas de cada categoría das absolutas e menores. A entrega de
trofeos realizarase unha vez pechado o control de meta.
Art 4.- CIRCUITO E HORARIOS.- A proba discorrerá por un circuíto de acordo
co plano deseñado.
Hora Categoría Distancia
10:30 Master,senior; sub 23; sub 20 ;
sub 18 Homes
8000 m.apr. 4 C
11:10 Master,senior; sub 23; sub 20 ;
sub 18 Mulleres
4500 m. Apr. 1A + 2C
11:30 Sub 16 Homes 4500 m. apr. 1A + 2C
11:55 Sub 16 Mulleres 2500m. apr. 1A + 2B
12:15 Sub 14 Homes 2500m. apr. 1A + 2B
12:30 Sub 14 Mulleres 1500 m. apr. 1A + 1B
12:45 Sub 12 Homes 1500 m. apr. 1A + 1B
12:55 Sub 12 Mulleres 1000 m. apr. 1B
13:00 Sub 10 Homes 500 m. apr. 1A
13:05 Sub 10 Mulleres 500 m. apr. 1A
13:10 Sub 8 Homes / Mulleres 200 m. Apr. 1D
13:15 Peques 100 m Apr.
Art. 6.- Serán motivos de descualificacións os seguintes:
• 6.1- Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de
coches de apoio. O incumprimento desta norma implicará a
inmediata descualificación dos corredores que a infrinxiran. Os únicos
vehículos autorizados que poderán seguir a proba serán os das forzas
de seguridade e os de apoio a organización, que contarán con roupa
apropiada e visible.
• 6.2.- Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súas
extensión (no peito durante todo o recorrido) ata a súa entrada en meta.
• 6.3.- Participar con un dorsal que corresponde a outro corredor
• 6.4.- Non realizar o percorrido da carreira completo.
• 6.5.- Non pasar polos controis de carreira establecidos.
• 6.6.- Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo
máximo de duración da proba.
• 6.7.- Non atender as indicacións dos membros da organización e dos
xuíces.
• 6.8.- Participar na carreira sen terse inscrito previamente.
• 6.9.- Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
• 6.10.- Manter unha actitude groseira, violenta ou que en xeral atente
co espírito deportivo da proba.
• 6.11.- Aquela conduta que sexa estimada antideportiva, sempre que
non sexa motivo de expulsión da carreira.
• 6.12.- Calquera outra de análoga natureza, que a xuízo da
organización poda se considerada como conduta antideportiva
merecedora de sanción disciplinaria
• 6.13.- Ser reincidente en algunha infracción de descualificación de
carreira.
• 6.14.- Ningún/ha atleta federado/a poderá competir con outro club
que non sexa o que figure na súa licenza correspondente. No caso de
que se producise esta situación, o/a atleta será descualificado/a
automaticamente
• 6.15.- A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces, que
establecerá os correspondentes controis ao longo do circuíto.
Art, 7. A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo
que discorrerá a carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade
de decidir sobre calquera circunstancia ou aspecto que non se considere
neste regulamento.
Art 8.- Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do seu
nome e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou a
Internet. De igual maneira, mediante a inscrición o/a corredor/a consente
expresamente que os seus datos sexan empregados pola organización para
comunicacións acerca da súa actividade.
En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos de
carácter persoal, as persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición a través dun escrito ou
correo electrónico dirixido a Concellería de Deportes do Concello de Ferrol,
praza de Armas s/n, 15402 Ferrol, .
Art. 9.- Coa inscrición na proba enténdense aceptadas todas as normas e
demais consideracións reflectidas neste regulamento.
Art. 10.- A Organización ten subscrito un seguro colectivo de accidentes e
responsabilidade civil. De todos os xeitos, a Organización recoméndalles aos
participantes que, con anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento
médico específico e que realicen un adestramento axeitado para as
características desta competición
Art 11.- As reclamacións relativas a clasificación faranse verbalmente antes
dos 30 minutos posteriores de facerse publico o Xuíz Árbitro ou na secretaría
da competición, sendo o Xuíz árbitro o encargado de resolvelas. Para todo o
non previsto neste regulamento, resolverase conforme as normas da F.G.A ;
R.F.E.A e a I.A.A.F por este orden.
Art. 12 - Non se disporá de servizo de consigna nin de duchas.