Calendario
Info da proba

Begonte

25/06/2022 11:00 - 12:00
Regulamento O Concello de Begonte inclúe na súa programación deportiva a “V Carreira Popular
Concello de Begonte”, co obxectivo de fomentar o deporte como hábito saudable, ademais
de potenciar a dinamización do municipio.
ARTIGO 1: DATA
A V Carreira Popular Concello de Begonte celebrarase o 25 de xuño de 2022 dende as
10.00h e o punto de encontro e saída tanto da andaina como das carreiras estará situado no
Club Fluvial de Begonte.
ARTIGO 2: PARTICIPACIÓN
Poderán participar nesta proba tódalas persoas que o desexen. Cada atleta participa
voluntariamente e declara, baixo a súa responsabilidade, que se encontra en condicións
físicas óptimas para realizar a proba.
ARTIGO 3: CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS
HORA DE
INICIO
CATEGORÍA ANO NACEMENTO / DISTANCIA
IDADES
10.00 ANDAINA Todas as idades. 7000 m.
11.00
SENIOR Nad@s en 2003 a 34 anos 7000 m.
Veteráns A 35 a 44 anos 7000 m.
Veteráns B 45 a 50 anos 7000 m.
Veteráns C 51 a 55 anos 7000 m.
Veteráns D De 56 anos en adiante 7000 m.
12.00* D Nados/as en 2004-2005-2006 3500 m.
12.15* C Nados/as en 2007-2008-2009 2000 m.
12.35* B Nados/as en 2010-2011-2012 1000 m.
12.45* A Nados/as en 2013 e 2014 500 m.
12.50* Mini Nados/as en 2015 e 2018 150 m.
*Os horarios das carreiras menores poderán variar dependendo do número de inscritos/as.
Na carreira absoluta tamén se establecerá unha clasificación por equipos, tanto na
categoría masculina como na feminina. A puntuación realizarase pola suma dos tempos dos
tres primeiros integrantes do equipo. Cada equipo deberá ter un mínimo de catro integrantes
en cada categoría. A inscrición dos equipos farase a través de invitación.
ARTIGO 4 : CIRCUÍTO
O circuíto transcorrerá por vías asfaltadas e estará completamente pechado ó tráfico e
acoutado con valos e outros elementos delimitadores naqueles tramos nos que non exista
unha diferenciación natural. O percorrido estará sinalizado en cada punto quilométrico.
Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados pola Organización.
As carreiras terán lugar unicamente pola calzada do tráfico rodado, sen empregar ningunha
zona peonil. Está prohibido o uso como zona de carreira as beirarrúas, zonas axardinadas,
etc. O non cumprimento desta norma, así como recortar o trazado oficial, suporá a
descualificación do/da infractor/a.
ARTIGO 5: PECHE DE CONTROL DA CARREIRA ABSOLUTA
O control de chegada da proba absoluta pecharase 60 minutos despois da saída da mesma.
Pasado ese tempo, o participante que continúe participando na carreira deberá retirarse do
circuíto oficial da competición.
ARTIGO 6: INSCRICIÓN, PRAZOS E COTAS
A inscrición realizarase online na páxina web www.championchipnorte.com.
O prazo para inscribirse rematará o mércores, 22 de Xuño de 2022, ás 23:59 horas.
O custe da inscrición na carreira absoluta será de 6€ +1€ de aluguer de chip para o que
non teña chip amarelo championchip. A inscrición na andaina e nas carreiras menores será
gratuíta. Non se admitirán inscricións o día da proba.
A inscrición na carreira dá dereito a participar na proba, seguro de responsabilidade civil e
de accidentes, así como a facer uso de tódolos servizos establecidos pola Organización para
os/as participantes (ludoteca e inchable para os nenos/as, duchas no Pavillón Municipal de
Begonte, gardarroupa, aparcadoiros, etc.), e dun agasallo conmemorativo da carreira.
Ademais, proporcionarase auga e avituallamento sólido a tódolos participantes en cada unha
das carreiras no punto de avituallamento situado nun lugar visible despois da meta. E para
finalizar este evento deportivo, tódolos participantes poderán degustar uns aperitivos gratis,
finalizada a entrega de premios, no Club Fluvial de Begonte.
Non se devolverá o importe da inscrición por motivos alleos a Organización.
ARTIGO 7: ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE
A recollida de dorsais e chips realizarase o mesmo día da proba, dende as 09.00h ata 1h
hora antes da saída da carreira absoluta e 1/2h antes para as carreiras menores, no
punto de información do Club Fluvial de Begonte.
Os dorsais son persoais e intransferibles e deberán levarse durante toda a proba
visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poderse facer ningunha modificación no
mesmo, nin dobreces que impidan unha correcta identificación.
Será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe subministrado pola Organización
excepto para os/as propietarios/as de chip amarelo championchip, que poderán utilizar o
seu. A andaina e a categoría Mini levarán a cabo a súa proba sen utilización de
chip.........................................................................................
O chip irá correctamente atado nos cordóns das zapatillas ou cunha tobillera á altura do
nocello.
Ao finalizar a carreira os/as corredores/as deberán OBRIGATORIAMENTE devolver o
chip facilitado pola Organización no punto de información onde recolleron o dorsal.
Non serán admitidos/as pola Organización corredores/as que non estean inscritos ou corran
sen dorsal e chip, ou co dorsal e chip correspondentes a outra carreira. Impedirase que teñan
acceso á carreira en defensa dos dereitos dos regulamentariamente inscritos.
ARTIGO 8: SISTEMA DE CRONOMETRAXE
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips de Multisports Galicia, S.L. Existirán
varios puntos de control ó longo do percorrido. Os/As participantes que non cumpran co paso
por tódolos puntos de control descualificaranse, o que suporá a non aparición nas listas de
resultados oficiais finais.
ARTIGO 9. CLASIFICACIÓNS, PREMIOS E TROFEOS.
Carreira Absoluta
PREMIOS
CLASIFICACIÓN FEMININA MASCULINA
1º Trofeo + 200 € Trofeo + 200 €
2º Trofeo + 150 € Trofeo + 150 €
3º Trofeo + 100 € Trofeo + 100 €
4º Medalla + 75 € Medalla + 75 €
5º Medalla + 50 € Medalla + 50 €
Categorías B, C , D, Senior, Veteráns A, B, C e D
PREMIOS
CLASIFICACIÓN FEMININA MASCULINA
1º Trofeo Trofeo
2º Trofeo Trofeo
3º Trofeo Trofeo
4º Medalla Medalla
5º Medalla Medalla
Por equipos
PREMIOS
CLASIFICACIÓN FEMININA MASCULINA
1º Trofeo + 100€ Trofeo + 100€
2º Trofeo + 75€ Trofeo + 75€
3º Trofeo + 50€ Trofeo + 50€
Trofeo ao primeiro atleta local masculino e feminino empadroado.
Trofeo para o equipo que teña o maior número de atletas inscritos.
Medalla para tódolos corredores da Categoría Mini. Non haberá trofeos para esta
categoría nin se farán clasificacións.
Medalla para tódolos corredores/as da Categoría A, así como trofeos para os tres
primeiros/as clasificados/as, tanto masculino como feminino.
Os premios e trofeos NON son acumulativos, excepto no caso do/a gañador/a do trofeo ó
primeiro atleta local.
Os aboamentos dos premios serán tramitados polo Concello de Begonte a través dunha
transferencia bancaria. Os/As participantes que resulten gañadores/as da carreira absoluta
recollerán nese intre un vale do premio. Para poder realizar a transferencia do premio ó/a
gañador/a, deberá presentar copia do vale, copia do DNI e certificación do número da
conta bancaria nas oficinas do Concello ou remitir a documentación a través da sede
electrónica do Concello de Begonte http://begonte.sedelectronica.es/info.0, (instancia xeral,
tramitación electrónica), antes do 8 de xullo de 2022.
ARTIGO 10: ENTREGA DE PREMIOS
Os/As atletas premiados/as deberán situarse na zona próxima á entrega de premios no
momento no que se faga o anuncio pola megafonía, así como estar pendentes da chamada
de cada unha das categorías. A hora aproximada da entrega dos premios será entre a 13.15h
-13.30h Os/As gañadores/As deberán estar presentes na entrega de premios, salvo causa
xustificada.
Agradecemos ás persoas responsables dos clubs que, se teñen constancia de que algún
atleta non está presente, o comuniquen na zona habilitada para a entrega de premios o antes
posible e así evitar esperas innecesarias.
Aqueles que poidan alegar unha causa xustificada pola ausencia no momento da entrega,
debéranse poñer en contacto co Concello durante un prazo máximo de 15 días, onde se
custodiarán os trofeos e medallas non recollidas.
ARTIGO 11: DESCUALIFICACIÓNS
Os/As membros da Organización resérvanse a facultade de descualificar ao/á infractor/a
que, comprobada calquera irregularidade, non leve visible ou seu dorsal, manipule ou ceda
o seu dorsal a alguén, altere os datos facilitados á organización con respecto ós que figuren
non seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido completo, manifeste un mal
estado físico ou non facilite á Organización a documentación que se lle requira.
Descualificáranse aos/ás corredores/as que non respecten as indicacións da Garda Civil,
Protección Civil, Servizos Médicos ou membros da Organización debidamente
identificados/as.
Os/As corredores/as descualificados/as non terán opción aos premios.
ARTIGO 12: RESPONSABILIDADE
Tódolos participantes estarán amparados por unha póliza de RC e de accidentes, que cubrirá
aqueles accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da
proba.
Tódolos inscritos/as participan voluntariamente e declaran, baixo a súa responsabilidade,
realizar o oportuno recoñecemento médico que lles permite estar en condicións físicas
óptimas para realizar a proba, eximindo á Organización de dita responsabilidade.
A Organización:
- responsabilízase dos accidentes que se rexistren dentro do percorrido, pero declina
toda responsabilidade no caso de padecemento latente, accidente por abandono do
itinerario establecido, neglixencia do participante, imprudencia ou inobservancia das
leis ou da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos
producidos polo desprazamento ao lugar da competición.
- disporá dos servizos médicos, de acordo coa lexislación vixente e coa colaboración
da Garda Civil e de Protección Civil nos puntos máis estratéxicos do percorrido.
- non se fai responsable dos danos que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os
participantes desta proba.
- non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscrición defectuosa
e /ou errónea por parte do/a corredor/a ou en quen este delegue.
- non se fai responsable da perda de obxecto ou documentación dos/as participantes.
ARTIGO 13: RESULTADOS
Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba
www.championchipnorte.com.
ARTIGO 14: INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
- Duchas e vestiarios masculinos e femininos: unha vez rematada a proba estarán
a disposición dos/as corredores/as vestiarios con duchas femininas no Pavillón
Municipal de Begonte
- Gardarroupa. Os/as participantes poderán dispor de servicio de gardarroupa no
punto de información do Club Fluvial.
- Aparcadoiros: os atletas contarán con zonas de aparcadoiro detrás do Pavillón
Municipal de Begonte, na Praza do Concello, e no Club Fluvial de Begonte. Neste
último, permitirase a entrada ata ás 9.30h, e non se permitirá a saída ata finalizada a
entrega dos premios.
- Ludoteca e inchable. Disporase de ludoteca gratuíta para os/as nenos/as atletas e
os/as fillos/as dos participantes mentres se disputan as carreiras.
- Servizo de ambulancia con médico.