Calendario
Info da proba

Curtis-Teixeiro

10/07/2022 10:30 - 12:00
Regulamento III CARREIRA / ANDAINA POPULAR E SOLIDARIA
AXUDA CONTRA O CANCRO 11K
O Concello de Curtis, a través da súa Concellería de Deportes, en colaboración coa
Asociación de Axuda contra ó Cancro, organizarán o domingo 10 de xullo de 2022 a partir das
10:30 horas, a III Carreira Solidaria de Axuda contra o Cancro que conectará a localidade de
Curtis coa de Teixeiro.
A proba levarase a cabo no Concello de Curtis (A Coruña) e estarán baixo o control técnico
da Federación Galega de Atletismo. A probas estará suxeita o seguinte:
REGULAMENTO
1. PARTICIPANTES:
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta.
O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
2. SAÍDA E META:
Horario de saída carreira: 10:30.
Horario de saída andaina: 10:35.
A saída da proba (10:30): Na Rúa Mestre Eduardo Fariña s/n (diante do pavillón
polideportivo municipal de Curtis) e,
A meta estará ubicada na Praza de España na localidade de Teixeiro,
3. CATEGORIAS DE PARTICIPACIÓN:
As categorías de competición serán as seguintes:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
Sub 20 atletas nados/as no 2003 e 2004
Sub 23 atletas nados/as no 2000,2001,2002
SENIOR atletas nados/as entre 1988 e 1999
MASTER 1 atletas nados/as entre 1983 e 1987
MASTER 2 atletas nados/as entre 1973 e 1982
MASTER 3 atletas nados/as entre 1963 e 1972
MASTER 4 atletas nados/as en 1962 e anteriores
4. DISTANCIAS E HORARIOS
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10:30 h Sub 20, Sub 23, Senior e Máster 11000 m aprox
12:15 h ENTREGA DE PREMIOS
5. INSCRICIÓNS
Os participantes deberán realizar a súa inscrición na páxina web www.carreirasgalegas.com.
Máis información na web www.atletismo.gal con data límite o mércores 6 de xullo ás 23:59
horas.
PREZOS DA INSCRICION:
- PROBA ABSOLUTA (de sub 20 en adiante): 5,00 €
- Andaina: 3,00€
O pago da inscrición poderá realizarase pola pasarela de pago da páxina
www.carreirasgalegas.com.
6. PREMIOS e AGASALLOS
Outorgaranse os seguintes premios:
• Trofeo aos tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no regulamento
da proba.
• Trofeo o/a primeiro/a clasificado/a local da carreira absoluta.
• Trofeo ós/ás tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta
• Agasallo conmemorativo para todos/as os/as participantes.
OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS
7. RETIRADA DE DORSAIS
Realizarase o día da proba na praza de España, Teixeiro de 8:30 h a 9:20 h. e no Pavillón
polideportivo de Curtis da localidade de Curtis de 9:30 a 10:00
O dorsal-chip entregado deberá levarse en toda a súa extensión, colocado na zona anterior do
corpo e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descalificado.
8. SERVIZO DE AUTOBUSES:
A organización habilitará un servizo de autobuses que trasladará aos atletas dende Praza de
España en Teixeiro (Lugar de chegada) ata a o polideportivo municipal de Curtis (lugar de saída),
a partir das 9:30 horas.
O mesmo tempo, tamén se ofrecera este servizo o rematar a carreira/andaina no sentido
contrario, é dicir de Teixeiro a Curtis unha vez finalice a entrega de premios (aviaráse por
megafonía, cun horario aproximado das 12:45)
9. DESCALIFICACIONS
Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos
FGA e RFEA en vigor referentes a probas en ruta, será descualificado a criterio do Xuiz Árbitro
da Competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO
DA COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da
proba en cuestión.
O longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos estando
autorizados para descalificar a calquer participante que incumpra as ditas normas de competición
ou que cometa algunha irregularidade atentando contra a seguridade individual ou colectiva
durante a proba.
10. SERVIZO DE DUCHAS.
Haberá servicio de duchas a disposición dos atletas no polideportivo e ximnasio municipal de
Teixeiro, sitos na rúa Faragullas (a 200m da praza)
11. REGULAMENTO:
Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da FGA e
RFEA en vigor.
12. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo
non exime do seu obrigado cumprimento.
13. NORMATIVA COVID-19.
Aplicarase a normativa covid-19 vixente na data de celebración da proba, feito que será
comunicado previamente aos participantes mediante as páxinas web.
-- --
RESPONSABILIDADE
Esta proba forma parte do calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo, e polo tanto,
todo o non reflectido no presente regulamento rexerase, por esta orde, polas normas da FGA, RFEA e da
IAAF.
A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento médico
que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización da devandita
responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias
inherentes á proba.