Calendario
Ver carrera

Sarria

15/05/2022 18:00 - 19:00

[ Go Back ]

Descripción V Carreira de Sarria vivas e visibles
Proba de 5 Km e Andaina

Data: domingo, 15 de maio de 2022 ás 18 h.
Web: Sarria Corre (máis información e inscricións).

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

ORGANIZA:
Concello de Sarria

COLABORA:
Multisports Galicia S.L.
Running Sarria.
GDR05

1 – DATA E LUGAR:
Domingo 15 de Maio de 2022, ás 18:00 da tarde saída para corredores, e ás 18:05 para Andaina

2 – PERCORRIDOS:
A proba absoluta disputarase sobre un circuito que é de asfalto e sendeiros de área , mesturando zona urbana con natureza cunha volta de 5Km con apenas desnivel.

A saída tera lugar no bulevar de Calvo Sotelo , á altura de Catro Camiños con dirección Samos para despois xirar á dereita pola rúa Castelao e no cuartel da Garda Civil seguir dirección Ponte das Aceas para volver pola zona do campo de fútbol ata a carretera Monforte e alí de novo a rúa Castelao , pavillón baloncesto, piscina e cruzando zona hotel. A meta estará no Malecón do rio debidamente señalizada.

3– CATEGORÍAS:
5K (18:00)
JUNIOR de 12 a 15 años
PROMESA de 16 a 19
SENIOR de 20 a 34
MASTER 1 de 35 a 44
MASTER 2 45 a 54
MASTER 3 de 55 a 64
MASTER 4 65 en adelante

5k (18:05) ANDAINA

4 – INSCRICIÓN:
Abrirase un período de inscripción que rematará o mércores día 10 de Maio. Dita inscrición realizarase en www.championchipnorte ou www.sarriacorre.com.

A cuota de inscrición para as carreiras absolutas, tanto 5K é de balde 0 € de aluguer de chip para non propietarios (os propietarios deben correr co seu chip).

A inscrición da dereito a participar na proba, seguro de responsabilidade civil e de accidentes ,así como facer uso de tódos os servizos establecidos pola Organización para os participantes.

Haberá camiseta técnica coa imaxe do evento para os 300 primeiros inscritos.

A carreira será cronometrada por chip, o cal se deberá levar obrigatoriamente colocado na zapatilla ou tobilleira. Os propietarios de chip ChampionChip, deben participar obrigatoriamente con él.

Non se admitirá a cancelación da inscrición nin se devolverá o custo da mesma ( 0€ ) por motivos axenos a organización.

5 - Trofeo para os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres da Carreira 5K.
Medalla para os tres primeiros/as de cada categoría da Carreira 5K

6 - ENTREGA DE DORSAIS:
O 15 de Maio ,no malecón do río Sarria ,de 16:00 a 17:30h.

7 - CRONOMETRAXE:
A Cronometraxe será electrónico e realizado por CCNORTE soamente na carreira 5K

Todas as probas poderánse seguir en vivo na web oficial e na web www.resultados.live atleta deberá portar o chip entrelazado nos cordóns da zapatilla ou no nocello.

8 - SERVIZOS AO ATLETA:
A organización disporá dunha carpa na zona de entrega de dorsais e camiseta conmemorativa para os 300 primeiros inscritos. E avituallamiento líquido e sólido ao finalizar.

9 - NORMAS DE COMPETICIÓN:
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. Non cumprir esta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do corredor/a, sen poder facer ningunha modificación neste.

Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.

A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes.

A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquer aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

9 - ASISTENCIA E PROTECCIÓN:
A proba contará con membros de Protección Civil e ambulancia de Cruz Vermella.

10 - SEGUROS:
A organización dispoñerá dos seguros pertinentes según a normativa vixente para as probas populares deste tipo.
A organización non é responsable dos daños morais, materiais ou económicos derivados da participación nesta proba.

11 - OUTROS:
Todas as dúbidas, problemas e queixas que se susciten na interpretación destas bases resolveranse directamente polo Concelleiro Delegado.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::



Información actualizada a 5/5/2022

[ Go Back ]