Calendario
Ver carrera

Ferrol

21/05/2022 20:00 - 22:00

[ Go Back ]

Descripción I Carreira Solidaria pola Seguridade Vial, Ferrol

Data: sábado, 21 de maio de 2022 a partir das 20h. Proba absoluta ás 21 h.
Inscricións: Carreira pola Seguridade Vial

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

REGULAMENTO

Artigo 1: Organización:
A I CARREIRA SOLIDARIA POLA SEGURIDADE VIAL, organizada por CITES FERROL co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o sábado 21 de maio de 2022 a partir das 20:00 h da tarde. A proba está suxeita ás seguintes normas:

Artigo 2: Participación:
Participación: A proba estará aberta a todos os atletas, ATA UN MÁXIMO DE 2.000 ATLETAS, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.

Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade entendendo que dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba. A Organización ten subscrito un seguro colectivo de accidentes e responsabilidade civil. De todos os xeitos, a Organización recoméndalles aos participantes que, con anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen un adestramento axeitado para as características desta competición.

Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios.
1.- O percorrido será de 5.000 metros aproximadamente, e discorrerá polo Concello de Ferrol. A saída e a chegada situaranse nas proximidades da Praza de Armas.

2.- A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado anexo a este regulamento.

3.- A organización contará coa axuda da Policía Local, Protección Civil, persoal do Servizo de Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito o longo do percorrido.

4.- Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio. O incumprimento desta norma implicará a inmediata descualificación dos corredores que a infrinxisen. Os únicos vehículos autorizados que poderán seguir a proba serán os das forzas de seguridade e os de apoio a organización, que irán debidamente identificados.

5.- A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces, que establecerá os correspondentes controis ao longo do circuíto

6.- O percorrido estará sinalizado e estableceranse controis.

7.- Categorías :
Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:

ABSOLUTA 5 KM.
Sub 20: Nacidos/as no ano 2003 e 2004
Sub 23: Nacidos/as no ano 2002 – 2001 - 2000
Sénior Nacidos/as no ano 1999 ata o 1987
Master A Nacidos/as en 1986 ata 1981
Master B Nacidos/as en 1980 ata 1972
Master C Nacidos/as en 1971 ata 1962
Master D Nacidos/as 1961 e anteriores
HORARIO 21:00
Invidentes*

CATEGORÍAS DE MENORES
CATEGORÍA HORARIO DISTANCIA
Sub 18 Nacidos/as no 2006 - 2005 20:45 2.000 mts
Sub 16 Nacidos/as no 2008 - 2007
Sub 14 Nacidos/as no 2010 - 2009 20:30 1.000 mts
Sub 12 Nacidos/as no 2012 - 2011
Sub 10 Nacidos/as no 2014 - 2013 20:15 800 mts
Sub 8 Nacidos/as no 2015 - 2016 20:00 250 mts

Artigo 4: Peche de control:
O control de chegada pecharase unha hora despois do comenzo da proba. Cando un participante exceda o tempo previsto de peche de control (unha hora despois do comenzo da proba), será avisado pola organización e deberá subir ao coche oficial que pecha a carreira e abandonar a proba coa fin de non entorpecer o tráfico automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso de continuar, farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais, e considerarase un usuario máis da vía, e quedará eximida a organización de toda responsabilidade do que puidese acontecer (Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003).

Artigo 5: Inscricións e retirada de dorsais.
Inscricións. O custo será de 5 euros para maiores de 18 anos, e gratuito para resto das categorías.

As inscricións poderán efectuarse a partir do día 2 de maio ata as 23:59 h do día 17 de maio a través da páxina www.carreiras galegas.com ou ata o fin de dorsais. Poránse a disposición das persoas interesadas un máximo de 1.500 dorsais par as categorías absolutas e 500 por categoría para as de menores.

Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo, marca en 5k (para organizar as quendas de saída) concello de empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club.

Asimesmo, no momento da inscrición, os participantes deberán poñer un teléfono e persoa de contacto en caso de emerxencia.

Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número de licenza e o clube.
No caso dos menores de idade, o pai/nai ou titor legal deberá asinar a autorización da inscripción da carreira do menor.
No caso dos atletas discapacitados, deberán facer constar a circunstancia no momento da inscrición así como entregar copia da licenza coa valoración da discapacidade recoñecida. Os atletas da categoria de invidentes, deberán proporcionar os toda a información citada anteriormente da persoa que actuará como guía.

Non se admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente.

Artigo 6: Retirada de Dorsais
A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ao longo do venres 20 de 9:30 a 22:00 e do sábado 21 de 9.30 a 14:00 en Decathlon Ferrol e de 16:30 as 18:00 horas na Praza de Armas.

A organización non se fai responsable das consecuencias derivadas dunha inscrición defectuosa ou errónea por parte dos corredores ou a persoa na que deleguen.

Artigo 7: Premios: A organización premiará aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada unha das categorías absolutas e de menores. A entrega de trofeos realizarase ao finalizar a carreira. Estimase sobre ás 22:15

Artigo 8: Seguro: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.

Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.

Condicións de Participación
1.- Coa inscrición na proba enténdense aceptadas todas as normas e demais consideracións reflectidas neste regulamento. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores.

2.- No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión quedará en mans da organización. Dado o espírito estritamente deportivo e popular desta proba, non se admitirán reclamacións.

3.- A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán capacitados para descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento. Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
- Non respectar as indicacións dadas pola organización.
- Non realizar todo o circuíto da carreira.
- Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
- Falsificar datos persoais.

Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e WA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

4,- Discapacidade visual. Todos os atletas deberán obrigatoriamente participar cun guía. Este guía identificarase cun peto de cor brillante facilitado pola organización. Se algún atleta con discapacidade visual non ten guía, a organización non permitirá participar na proba, por motivos de seguridade.

Cando o corredor con discapacidade visual cruce a liña de chegada o guía deberá estar por detrás del.

O método de guía poderá ser elixido polo atleta. Poderá escoller entre ser dirixido por un guía que lle suxeite o cóbado, ou por medio de atadura ou ben correr sen suxeición. Non se permitirá soster o atleta, suxeitarase da súa roupa ou atar as mans do atleta coas dos guía. A atadura deberá deixar un espazo de polo menos 5 cm entre as mans do atleta e as do guía. Ademais o corredor poderá recibir instrucións verbais do guía.

Os guías non poderán usar bicicleta ou outros medios mecánicos de transporte.
O guía non poderá en ningún momento tirar do atleta ou empurralo para darlle impulso. A
infracción suporá a descualificación. Independentemente de que se empregue atadura ou non,
entre o atleta e o guía non poderá haber en ningún momento unha distancia maior de 0,50 m

5- CITES FERROL e a Federación Galega de Atletismo non se fan responsables dos danos morais ou materiais sufridos polas persoas participantes nesta proba ou que estas ocasionen a outras persoas.

6.- A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo que discorrerá a carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade de decidir sobre calquera circunstancia ou aspecto que non se considere neste regulamento.

7.- Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do seu nome e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación ou en internet. De igual maneira, mediante a inscrición o/a corredor/a consente expresamente que os seus datos sexan empregados pola organización para comunicacións respecto da súa actividade.

En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos de carácter persoal, as persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición a través dun escrito ou correo electrónico CITES FERROL.

Dado que esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña

Artigo 9: Servizos para os participantes: Nesta edición non se disporá de gardarroupa nin de duchas.


:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

Información actualizada a 29/4/2022

[ Go Back ]