Calendario
Info da proba

Negreira

13/11/2022 10:50 - 12:20
Regulamento REGULAMENTO
ARTIGO 1.- PARTICIPANTES
Poderán tomar parte nas mesmas todas as personas que queiran sexan
federados ou non. A proba negreiresa está inscrita no
calendario INTERNACIONAL II de carreiras en ruta.
ARTIGO 2.- INSCRICIÓN E PRAZOS
O prazo de inscrición de participantes na XLI CARREIRA POPULAR DE
NEGREIRA quedará aberto dende o luns 9 de setembro ata ás 22:00 h. do
mércores 9 de novembro. A partir da citada data non se admitirán inscricións.
Os corredores que desexen participar na proba, teñen a obriga de
inscribirse neste enlace. (soporte técnico: 886 153 589 –
Email:info@emesports.es )
*IMPORTANTE:
Para participar na 1ª Carreira (DENDE CADETE ATA SUPERVETERANOS) 5.000
m. (Homologada) e a 2ª Carreira (DENDE XUNIOR ATA SUPERVETERANOS)
10.000 m. (Homologada) os atletas deberán aboar a cantidade de 7
€/participante unha vez que fagan a solicitude de inscrición, dende o
09/09/2022 – 31/10/2022, e 10 €/participante dende o 01/11/2022–
09/11/2022.
Nota: Os participantes poden facer efectiva a inscrición nunha sóa
carreira (5 K. ou 10 K.)
Esta proba pertence o calendario oficial da RFEA e está incluída no Calendario
Oficial da FGA, estando rexida polo Comité Galego de Xuices. e mediante a
súa inscrición, o corredor consinte expresamente que os seus datos básicos
(Nome, Apelidos, NIF/NIE/Pasaporte, Data de nacemento, Sexo e Código
Postal de residencia), serán enviados á RFEA para a xestión das licencias de día,
resultados e ranking. A posesión da licencia garantiza que o corredor participa
cuberto por un seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
En todo caso, e tal como establece a lei de protección de datos, o interesado
pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
mediante escrito o correo electrónico ó programa Carnet Corredor da Real
Federación Española de Atletismo. Avda. de Valladolid, 81 – 28008 Madrid. Email: rfea@rfea.es
ARTIGO 3.- DORSAIS
Todos os participantes deberán ter dorsal e chip, que o teñen que recoller no
Patio do C.E.I.P. O Coto (na liña de saída) dende as 8:30 h. ata ½ hora antes de
cada proba ó día da Carreira.
Tamen poden recollelo o dia anterior nas tendas de deportes Breogán
Deportes e Atleet Deportes Negreira en horario de 10:00 h. a 14:00 h. e de
17:00 h. a 20:00 h.
Os dorsais e o chip son personais e intrasferibles, debendo ir colocado o
dorsal no peito sen manipular nin doblar e o chip suxeito nas zapatillas. Os
xuices da proba e a organización reservaranse a facultade de descalificar o
infractor que, comprobará calquera irregularidade por algún corredor, non
leve visible o seu dorsal, ou manipule e/ou o ceda a outro, altere os datos
facilitados á organización ou ó xuiz árbitro con respecto os que figuren no seu
D.N.I. ou ficha federativa, non completar o percorrido completo, non facilite á
Organización a documentación que se lle requira, ou incumpla calquera outra
norma contemplada nas normas da FGA, RFEA ou IAAF.
Será obrigatorio por parte dos federados competir coa indumentaria do seu
correspondente clube, puidendo ser sancionados en caso contrario.
A decisión sobre a posible descalificación do atleta, será adoptada polo
Colexio Oficial de xuices e cronometradores da F.G.A. polas circunstancias
antes mencionadas e dita decisión será irrecurrible. Todas as reclamacións
deberán facerse por escrito dirixidas á F.G.A.
ARTIGO 4.- CATEGORÍAS
Chupete F/M: Nados/as en 2017 e posteriores.
Prebenxamíns F/M: Nados /as en 2015 e 2016.
SUB 10 – Benxamín F/M: Nadas/os en 2013 e 2014.
SUB 12 – Alevín F/M: Nadas/os en 2011 e 2012.
SUB 14 – Infantil F/M: Nadas/os en 2009 e 2010.
SUB 16 – Cadete F/M: Nadas/os en 2007 e 2008.
SUB 18 – Xuvenil F/M: Nadas/os en 2005 e 2006.
SUB 20 – Xunior F/M: Nadas/os en 2003 e 2004.
SUB 23 – Promesa F/M: Nadas/os en 2000, 2001 e 2002.
Senior F/M: Nadas/os en 1999-1998.
Veteranos/as M35 – F35: 35 cumpridos o día da proba hasta 39 anos o día
da proba.
Veteranos/as M40 – F40: 40 cumpridos o día da proba hasta 44 anos o día
da proba.
Veteranos/as M45 – F45: 45 cumpridos o día da proba hasta 49 anos o día
da proba.
Veteranos/as M50 – F50: 50 cumpridos o día da proba hasta 54 anos o día
da proba.
Superveteranos/as: ter 55 anos cumpridos o día da proba e posteriores.
ARTIGO 5.- PREMIOS EN METÁLICO (Carreira 10 K.)
Os atletas que obteñan algún premio en metálico, deberán acreditarse co seu
D.N.I. ou Pasaporte. (Mesma cantidade tanto homes como mulleres)
PREMIOS ABSOLUTA
1 – 900 €
2 – 500 €
3 – 300 €
4 – 200 €
5 – 100 €
6-