Calendario
Info da proba

Arzúa

10/09/2022 19:00 - 20:30
Regulamento REGULAMENTO
Artigo 1. Participación:
Esta proba pertence ó calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo e nela
poderán participar atletas federados e non federados. Establecerase unha clasificación final
conxunta de todos os participantes.
Artigo 2. Lugar de saída e meta das probas:
As probas terán a súa saída e meta na “Praza de Galiza” na localidade de Arzúa. Ubicación da
mesma: https://goo.gl/maps/aKbuK1RRvAuHhx2YA .
Artigo 3. Categorías, horarios e distancias das probas:
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIA HORARIO
MENORES SEN
CLASIFICACIÓN
PITUFOS 2015 e posteriores 300 m aprox. 18:15 h
MENORES
SUB 10 2013 – 2014 1000 m aprox. 18:25 h
SUB 12 2011 – 2012
SUB 14 2009 – 2010
2000 m aprox 18:40 h SUB 16 2007 – 2008
SUB 18 2005 – 2006
ABSOLUTA
SUB 20 2003 – 2004
10 km aprox. 19:00 h
SUB 23 2001 – 2002
SENIOR 2000 ata 34 anos
MASTER 1 35 a 40 anos
MASTER 2 41 a 49 anos
MASTER 3 50 a 54 anos
MASTER 4 55 anos e superiores
ENTREGA DE PREMIOS ÁS 20:30 h no lugar de saída / meta da proba
Artigo 3. Percorridos:
Os percorridos das probas serán expostos previamente nas páxinas webs www.emesports.es e
www.carreirasgalegas.com .
Artigo 4. Inscricións:
O prazo de inscrición abrirase o venres 5 de Agosto e pecharase o xoves 8 de setembro ás 23:59
horas.
As mesmas poderán realizarse na páxina web www.emesports.es .
Cadro de prezos de inscrición:
Artigo 5. Servizos complemetarios.
A organización poñerá a disposición dos participantes os seguintes servizos:
 Duchas e vestiarios no Polideportivo Municipal de O Viso (Ubicación ->
https://goo.gl/maps/o7wdHFNaGcX7eNLs5
 Servizo de gardarroupa;
 Avituallamento final para todas as categorías e no punto kilométrico 5 para a proba de 10
km.
Artigo 6. Retirada dorsais e chips:
No lugar de saída / meta das probas (Praza de Galiza) a partir das 17:00 horas da tarde e ata 30
minutos antes do inicio de cada proba en cuestión.
Artigo 7. Colocación do dorsal:
Durante a competición deberá levarse o dorsal na parte anterior do corpo, na zona próxima ao peito
e de xeito totalmente visible, sen dobreces. Todo corredor/a que incumpra esta norma ou entre na
liña de meta sen o dorsal será descualificado a criterio do xuíz árbitro da competición.
Artigo 8. Seguros,
Todos os participantes inscritos estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e
responsabilidade civil concertada pola Federación Galega de Atletismo. Estarán excluídos os
derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis, etc... Tamén
quedarán excluídos os producidos por desprazamento a/ou desde o lugar no que se desenvolve a
proba.
Artigo 9. Responsabilidade na inscrición.
Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar
de trofeo ou agasallo. Tampouco estará amparada polos seguros da proba. Quedará prohibido ceder
o dorsal ou correr co dorsal outorgado a outro/a participante.
PROBA CATEGORÍAS PREZO
10 K De Sub 20 a Máster 7 €
2000 m De Sub 14 a Sub 18 Gratuíto
1000 m Sub 10 e Sub 12 Gratuíto
300 m Pitufo Gratuíto
Artigo 10. Servizos sanitarios obrigatorios:
A organización contará cos servizos sanitarios obrigatorios por lei, ambulancia e médico segundo
volume de participantes.
Artigo 11. Premios e agasallos:
Todos os participantes inscritos en tempo e prazo na proba recibirán un agasallo técnico de organización.
A maiores outorgaranse os seguintes trofeos:
 Trofeo ás/ós tres primeiras/os clasificadas/os de cada categoría establecida no presente
regulamento, agás na categoría pitufo que non haberá clasificación nin premiación.
 Medallas a todas/os as/os participantes nas categorías pitufo, sub 10 e sub 12. Outorgaráselle
unha vez crucen a liña de meta.
 Trofeo especial ás/ós tres primeiras/os clasificadas/os da proba absoluta e ós 3 mellores equipos
da clasificación final.
 Trofeo especial a primeira e o primeiro clasificado da proba absoluta local (con domicilio no
Concello de Arzúa)
 Premio especial ao primeiro/a clasificado/a de cada categoría establecida no presente
regulamento consistente nun QUEIXO ARZÚA-ULLOA D.O.P. de Bama.
PREMIOS ECONÓMICOS
Premios en metálico individuais:
CATEGORÍA POSTO TROFEO PREMIO
Absoluta homes/mulleres 1º/ª Si 175 €
Absoluta homes/mulleres 2º/ª Si 125 €
Absoluta homes/mulleres 3º/ª Si 100 €
Premios a clubes federados:
CATEGORÍA POSTO TROFEO PREMIO
Equipos proba Absoluta 1º Si 200 €
Equipos proba Absoluta 2º Si 100 €
Equipos proba Absoluta 3º Si 75 €
A clasificación de equipos establecerase pola suma dos postos dos 8 primeiros clasificados do mesmo,
pola suma dos seus portos. Deberán cubrir a opción de “Participa na clasificación de clubes” no
formulario de inscrición individual de cada un dos compoñentes do equipo.
Nesta clasificación poderán tomar parte os clubes federados con atletas que teñan licenza federativa
en vigor. Deberán apuntarse (imprescindible) co mesmo nome na inscrición.
A maiores deberán remitir un email coa relación de participantes e nome do equipo á dirección
santiago@atletismo.gal dentro do prazo de inscrición da prboa. A composición dos equipos
poderá ser mixta.
Os premios en metálico estarán suxeitos ás retencións legais vixentes.
Artigo 12. Vehículos.
Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización. Os mesmos
estarán debidamente sinalizados.
Artigo 13. Retirada de competición.
Os servizos médicos da competición, os xuíces ou o persoal da organización, estarán facultados para
retirar durante a proba a calquera atleta que manifeste un mal estado físico, non realice o percorrido
completo, non leve o dorsal visible ou manifeste un comportamento antideportivo.
Artigo 14. Reclamacións.
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ao xuíz árbitro da competición
non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
Artigo 15. Modificación regulamento de competición.
A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen
(informando oportunamente). Todo o non recollido no presente regulamento resolverase de acordo ás
normas para probas en ruta da FGA e RFEA, nesta orde.
Artigo 16. Aceptación do regulamento.
Todos os participantes, no momento de facer a súa inscrición e polo feito de tomar a saída na carreira,
aceptan o presente regulamento, e en caso de dúbida ou de surxir algunha situación non reflexada no
mesmo, aceptarase o que dispoña o Comité Organizador.