Calendario
Info da proba

Celanova

04/06/2022 22:30 - 23:30
Regulamento XVII Carreira Nocturna de Celanova

Data: sábado, 4 de xuño de 2022 ás 22:30 h.
Distancia: 7.800 m a proba absoluta.
Inscricións: Nocturna de Celanova

:: Comenta a Nocturna de Celanova neste tema do foro ::

REGULAMENTO
A XVII CARREIRA NOCTURNA DE CELANOVA celebrarase o sabado 4 de xuño do 2022. A zona de saida e meta estará ubicada na Praza Maior de Celanova.

A saída da carreira absoluta darase na Praza Maior as 22:30 h. Os participantes deberán situarse na zona de saida 5 min. antes do inicio da proba.

A saída das carreiras de menores, ata sub-16 (inclusive), daráse na Praza Maior a partir das 20:00 de maneira sucesiva.

O control de chegada pechara 50 min.despoixa de que entre o primeiro clasificad@
A clasificación será absoluta e por categorías.

Será motivo de descalificación entre outros: os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipúlalo ou falsificar datos persoais.

A organización contará coa colaboración da FGA, Protección civil e dos organismos municipais competentes , que regularan o tráfico o longo do percorrido.

A carreira conta con seguro de accidentes e RC.
A organización contará con servizos médicos e ambulancia con persoal sanitario.

A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices da FGA.Así mesmo a proba estará controlada o longo de todo o percorrido a través do servicio de cronometraxe e seguimento informatizado a través da empresa Championchipnorte.

Será cronometrada con CHIP DESBOTABLE e irá pegado o dorsal. Para participar na proba é obrigatorio e imprescindible o uso do dorsal facilitado pola organización.
O dorsal debe de ir obrigatoriamente por diante a altura do abdomen,

A participación de atletas extranxeiros farase conforme a normativa da RFEA.

Todo o non disposto na presente normativa, rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para presente tempada, así como todo o regulamento por instancias superiores.

As reclamacións deberanse ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro, non mais tarde de 30 min. despois de comunicarse oficialmente os resultados.

Haberá servicio de duchas no Pavillón Municipal As Triguerizas.
A organización reservase o dereito de modificar este reglamento se as circunstancias o aconsellan.

INSCRICIÓNS:
Recibiranse inscripcións a partir do luns 2 de maio ata o xoves 2 de xuño as 23:59, que se pechará o prazo.

As inscripcións para as carreiras sub-8, sub-10, sub-12, sub14, sub 16-sub-18, PITUFOS e BIBERÓN, serán gratuitas e faranse polos seguintes medios ata as 23:59 do Xoves 2 de Xuño.

Na web www.championchipnorte.com ou presencialmente no Pavillón de Deportes de Celanova. Teléfono 988 43 14 84.

As inscripcións para a CARREIRA ABSOLUTA, teñen que abonar 7 euros en concepto de cuota de inscripción. E esta farase a través da web www.championchipnorte.com ou presencialmente no Pavillón de deportes de Celanova. Teléfono 988 43 14 84.

IMPORTANTE: Deberan sinalar si como atletas locais pertecen a algún concello da Mancomunidade de Celanova.

A inscrición implica acreditar que se atopa en boas condicións físicas, eximindo a organización ou persoa relacionada de calquera responsabilidad que puidese derivar da participación na proba.

Calquera persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa reesponsabilidade e non poderá participar en agasallos, premios, ou trofeos. Así mesmo, non estará cuberto polos seguros da proba.

Ao inscribirse , todos os participantes ceden os seus dereitos de imaxe a organización, que utilizará de acordó coa lei de protección de datos. Todos os participantes, ao inscribirse, aceptan a publicación do seu nome e imaxe nos rankings, medios de comunicación ou internet.

Mediante a inscrición , o corredor consinte expresamente a entidade xestora do seguro de accidentes que se cedan os seus datos básicos para a tramitación do seguro de accidente e RC. coa entidade aseguradora. En todo caso, o interesado poderá exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito ao enderezo electrónico da FGA.

Unha vez realizada a inscrición, non se procedrá a devolución do seu importe.

A participación na proba conleva a total aceptación de este regulamento. Todo atleta polo feito de tomar a saída acepta tanto o presente regulamento, como as decisión que tome a organización no caso de dudas que poidan suscitarse.

:: Comenta a Nocturna de Celanova neste tema do foro ::



Información actualizada a 6/5/2022