Calendario
Info da proba

Ribadeo

17/09/2022 17:00 - 19:30
Regulamento VIII Media Maratón Ribadeo – As Catedrais
1. Denominación
O Concello de Ribadeo organiza a “VIII Media Maratón Ribadeo – As Catedrais”
2. Data de celebración
Sábado 17 de setembro de 2022. A saída da proba será ás 17:00 horas dende a casa do
Concello de Ribadeo.
3. Percorrido, categorías e premios
A distancia desta carreira é a dunha media maratón 21.097 m., sobre un
pavimento mixto: asfalto, terra e aglomerado de grava. A saída ten lugar dende a casa
do Concello e realiza un pequeno percorrido urbano pola vila de Ribadeo, tomando logo
dirección cara á praia das Catedrais pola costa, pasando polo Cargadeiro, a illa Pancha,
Rinlo e a ruta das praias (Xuncos, Os Castros, Illas e Esteiro, para rematar nas
Catedrais)
Categorias:
 Xuvenil; De 16 a 18 anos (Menores de idade necesitan autorización)
 Sénior; De 19 a 39 anos
 Veteran@ A: De 40 a 49 anos
 Veteran@ B: De 50 a 59 anos
 Veteran@ C: De 60 a 69 anos
 Veteran@ D: 70 anos ou mais
Medallas aos/ás 3 primeiros/as de cada categoría (masculino e feminino).
Trofeo para o corredor e corredora máis xove e máis veterano/a en rematar a proba.
Camiseta conmemorativa para cada atleta que chega á meta.
Bolsa do corredor
Medalla Finisher
RIBADENSES E CLASIFICACIÓN FINAL DA MEDIA MARATÓN:
Trofeos e premios en metálico para os 3 primeiros homes e 3 primeiras mulleres, tanto
na clasificación absoluta como na de Ribadenses.
Os premios son de: 100 €, 50 € e 25 €. NON SON ACUMULATIVOS
4. Información
Toda a información sobre a proba áchase dispoñible na páxina web creada para o
evento: http://mediamaratonascatedrais.ribadeo.org. Tamén pode seguir as novidades no
facebook: Media Marathón Ribadeo - As Catedrais. Asemade, poden consultar calquera
dúbida en deportes@ribadeo.org
5. Inscricions e prezos
Tarifas de inscripción:
 100 Primeirxs inscritxs: 5 €
 Dende o inscrix 100 ata o 17 de maio: 6 €
 Dendeo o 18 de maio ao 25 de xullo: 7 €
 Dende o 26 de xullo ao 15 de agosto: 8 €
 Dende o 16 de agosto ao 13 de setembro: 9 €
INSCRICIONS PARA A CARREIRA
 A través de Internet en www.championchipnorte.com, ata o martes 13 de
setembro ás 23:59 horas.
Poderase verificar a inscrición dos seguintes xeitos:
1.- Visualizando as listaxes de persoas preinscritas publicadas nas webs.
2.- Recibirase un mail na dirección que se introduciu na conta de usuario/a
3.- Poderase ver este xustificante accedendo á conta de usuario/a.
As persoas que non finalicen o proceso de inscrición (segundo a mensaxe de
aceptación) non estarán correctamente inscritas.
 Inscrición presencial nas oficinas das áreas de Deportes e Información Xuvenil
do Concello de Ribadeo (OMIX), Casa da Xuventude (rúa Antonio Otero, 15)
antes do martes 13 de setembro ás 14,00 h., achegando os seguintes datos
obrigatorios:
- Nome e apelidos
- DNI con letra
- Data de nacemento completa
- Enderezo
- Club ao que pertence
- Se está federado ou no
- Teléfono de contacto
- Enderezo electrónico para a confirmación da inscrición.
- Se está censado no Concello
- Talla de camiseta
IMPORTANTE: Non se admiten inscricións posteriores ao martes 13 de setembro. Os
chips son persoais e intransferibles e van asociados a cada participante, cada dorsal
levará o seu propio chip na parte posterior.
6. Datos de interese para @s atletas.
 A retirada de dorsais será o sábado 17 de setembro de 11:00 a 13:00 e de 14:45 a
16:45 horas na casa do Concello de Ribadeo
 No caso de que os protocolos federativos ou sanitarios o indicaran: Debe facer
os exercicios de quencemento con máscara a cal se tirara nos contenedores de
lixo colocados nun punto determinado dentro do primeiro kilometro (quen o
desexe podera pedir unha máscara quirúrxica no momento de recoller o dorsal)
 Estarán a disposición das persoas participantes os vestiarios do Pavillón
Polideportivo Municipal (Avda. de Luarca s/n), tanto para cambiarse antes da
proba coma para ducharse unha vez finalizada.
 Haberá autobuses para trasladar os/as atletas antes da proba, dende a praia das
Catedrais ata a Casa do Concello de Ribadeo. Dende as 14:45 ata as 16:30 horas
non é recomendable agardar o final xa que os últimos van completos (cada 15
minutos).
 Recollida e traslado de mochilas de participantes dende a Casa do Concello ata a
Praia das Catedrais (ata ás 16:45 horas).
 Durante a proba os/as atletas disporán de 3 puntos de avituallamento líquido.
 Na meta os/as atletas disporán de avituallamento líquido e sólido
 Camiseta conmemorativa.
 Medalla Finisher
 No caso de ser necesario, entrega de máscara quirúrxica unha vez pasen o arco
de meta
7. Regulamento e normativa particular
1 As persoas participantes correrán polo carril dereito debidamente habilitado para tal
fin, sempre obedecendo as indicacions do persoal de carreira que en todo momento
estará debidamente identificado.
2 Os únicos vehículos autorizados para seguir a carreira son os acreditados pola
organización. Calquera outro vehículo (automóbil, moto, motocicleta ou bicicleta) non
autorizado será expulsado da carreira. Non se permite tampouco ningún vehículo de
apoio a participantes, en dito caso serán ambos expulsados da carreira.
3 A organización, nos casos que sexan precisos e como medida de precaución, poderá
obrigar o/a corredor/a a abandonar a carreira, quedando a organización exonerada de
calquera responsabilidade sobre os danos persoais que poda ocasionar o non acatar por
parte do corredor dita orde.
4 Todas as persoas participantes estarán cubertas por unha póliza de seguros de
responsabilidade civil e de accidentes. A organización declina toda responsabilidade
sobre os danos físicos ou morais que durante a participación nesta proba o/a atleta poida
causarse a si mesmo/a ou a terceiras persoas. A organización da proba non se fai
responsable dos danos ou perxuízos propios e/ou a terceiros que cada participante poida
ocasionar.
5 Toda persoa participante polo simple feito de tomar a saída acepta as condicións do
presente regulamento.
6 O tempo máximo para finalizar a proba é de 3 horas, para asi poder velar pola
seguridade dos participantes.
7 No caso de que os protocolos federativos ou sanitarios o indicaran: Debe facer os
exercicios de quencemento con máscara a cal se tirara nos contenedores de lixo
colocados nun punto determinado dentro do primeiro kilometro (quen o desexe podera
pedir unha máscara quirúrxica no momento de recoller o dorsal)