Calendario
Info da proba

Baralla - O Corgo

09/07/2022 18:00 - 20:00
Regulamento Artigo 1: Organización:
O Concello de Baralla, o Concello de O Corgo e a Asociación Cultural Vía
Künig organizan a I Carreira CORRENDO POLA VÍA KÜNIG.
A proba organizarase o Sábado 9 de Xullo, con saída dende a Casa do Concello de Baralla
e meta no Castro de Castrillón do Concello de O Corgo.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha
condición física suficiente para rematar a proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías e horarios: (adxúntase plano do percorrido)
O circuito de 18 km será sobre pistas de terra na súa maioría, e estará controlado por
vehículos da organización. A saída será dende a Casa do Concello de Baralla e a meta no
Castro de Castrillón do Concello de O Corgo.
A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servicio de
autobuses para trasladar aos deportistas dende a meta no Castro de Castrillón do
Corgo ata á saída na Casa do Concello de Baralla tanto antes do comezo da carreira
coma ao finalizar a mesma.
O servicio de autobuses comezará ás 16:30, sendo o último servizo ás 17:15h
HORARIO
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
SENIOR 18 a 34 anos 18:00 h 18 km
MÁSTER A 35-44 anos 18:00 h 18 km
MÁSTER B 45-54 anos 18:00 h 18 km
MÁSTER C 55 anos en adiante 18:00 h 18 km
Artigo 4: Peche de control:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 120’ despois da saída da mesma.
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo
www.carreirasgalegas.com Os dereitos de inscrición terán un custe de 5€.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo, concello de
empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado,
e neste caso facilitarase o número de licenza e o clube.
Artigo 6: Condicións de Participación:
• As inscricións faranse a través da paxina web da Federación Galega de Atletismo.
www.carreirasgalegas.com
• A inscrición pecharase o martes 5 de xullo ás 23:59 horas.
• A inscrición na proba é persoal e intransferible.
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo
participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de
acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do reglamento, a decisión
quedará en man da organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán capacitados para
descalificar a calquera atleta que incumpla o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
➢ Falsificar datos persoais.
• Todo o non disposto neste regulamento rexirase polas normas de Competición da FGA,
RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias
superiores.
Artigo 7: Retirada de Dorsáis:
Os dorsáis retiraranse o venres pola tarde na tenda de deportes de “Atmosphera Sport A
Chaira” sita na rúa Salvador de Madariaga de Lugo e o día da proba pola tarde na zona da
saída no Concello de Baralla, ata 30’ antes da saída da proba.
Artigo 8: Premios:
• Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
• PREMIOS EN METÁLICO:
- Primeiro: 150 €
- Segundo:100 €
- Terceiro: 75 €
• Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoria tanto masculinos como
femininos.
• Entregaráse un trofeo conmemorativo ao primeiro home e a primeira muller
empadroados nos Concello do Corgo e de Baralla.
• A ceremonia de premiación será ás 19:45h na zona de meta.
Artigo 9: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto.
2. Servicio de Buses dende a zona de meta á saída tanto antes do comezo da carreira
como ao finalizar a mesma.
3. Baños na zona de saída-chegada.
4. Camiseta para todos os participantes.
5. Recollida anticipada de dorsais, imperdíbeis e chips.
6. Vestiarios e duchas nas instalacións do Viveiro de Empresas do polígono industrial do
Corgo (a 750m da meta)
7. Avituallamento líquido e sólido ao final de cada carreira para todos os participantes.
8. Avituallamento líquido nos kms 7 e 13 aprox.
9. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao
organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan
convenio ca compañía de seguros que corresponda).
Artigo 10: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos
producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.