Calendario
Info da proba

Entrimo

24/04/2022 9:00 - 14:00
Regulamento I Entrimo Trail "Fronteira Extrema"

Data: domingo, 24 de abril de 2022 a partir das 9:00 h.
Inscricións: Entrimo Trail

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::

I ENTRIMO TRAIL “FRONTEIRA EXTREMA”

O Concello de Entrimo organiza o 24 de Abril o I TRAIL “FRONTEIRA EXTREMA”aproveitando eses grandes recursos naturais polo que decorre os 26,5km do TRAIL LONGO e 16km do TRAIL CURTO. Os castro do Monte Quinxo, o da Pía da Moura, as Mámoas de San Fiz ou o Penedo das serpes son algunhas das múltiples xoias que podemos atopar neste Concello con miles de lendas como fai referencia Florentino Lopez Cuevillas e Fermin Bouza Breyna súa obra “Os Oemstrimios, os saefes e a afiolatría en Galicia”

REGULAMENTO
1.- XERAL:
Data: 24 de abri 2022
Hora: a partir das 9:00
Lugar: Praza do Concello.
Distancias:
Trail Longo - aproximadamente26,5 Km (1200+)
Trail Curto - aproximadamente 16 km (800+)

Inscrición:
Será a través da plataforma GaliTiming.com ou na propia casa de Concello (de luns a venres de 9:00 a 14:00). Aboarase 13€ indistintamente da modalidade elixida. A fecha límite para anotarse será o mércores 20 de abril as 00:00(12:00 a.m.) ou ata terminar prazas.

Unha vez inscrito o corredor non poderá modificar cambios na tituralidade do dorsal nin cancelar o mesmo coa correspondente perdida da inscrición.

No serán admitidos corredores que non estean inscritos ou corran sen dorsal, impedindo que teñan acceso a carreira na defensa dos dereitos dos reglamentariamente inscritos.

Participación:
Poderán participar os maiores de idade ou maiores de 16 anos con autorización dos seus pais/nais ou titores.

Cada corredor debe ser consciente de que a súa condición física e a adecuada as características da proba, absténdose de participar ante calquera doenza, enfermidade ou outra condición que poña en perigo a súa integridade oi non lle permita terminar a proba.

A organización poderá retirar da proba a todo participante, que a xuizo das persoas que se encarguen do control da mesma, non se atopen en condicións idóneas para continuar.

Os corredores deberán levar en todo momento o dorsal a vista para facilitar o control do mesmo.

Recollida de dorsais:
Os dorsais poderanse recoller o sábado día 23 de abril nas propia casa do Concello dende as 16:00 ata as 19:00 ou o propio día da proba dende as 8:00 ata as 8:50. Unha vez finalizado o tempo non se permitirá recoller dorsais polo que pedimos que sexamos responsables e respetuosos cos horarios para facilitar o desenrolo da proba.
- Sábado 23de abril de 16:00 / 17:00 na casa do Concello
- Domingo 24 de abril de 8:00 /8:55 na casa do Concello

2.- CATEGORÍAS:
Estableceranse as seguintes categorías:
- Senior ( masculino / feminino). Menores de 45 anos.
- Veterano A ( masculino / feminino). Maiorees de 45.

3.- PREMIOS:
- Trofeo para @s tres primeir@s clasificad@s absulut@s e os primeir@ das categorías establecidas( senior e veteran@s) tanto no Trail longo como Curto, dando para o segundo e terceiro diplomas.

Trail Longo / Trail Curto
• Tres Primeir@s clasificad@s absulut@s (masculino e feminino)
• Primeiro clasificad@ senior (masculino e feminino)
• Primeir@ clasificad@ veteran@s (masculino e feminino)
• Segund@ e terceir@ das categorias senior e veteran@s recibirán diploma.

Os premios non son acumulativos.

OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE CO D.N.I. OU PASAPORTE.

4.- ZOA DE SAÍDA
A saída será grupal para ambos Trail as 9:00 e intentaremos manter a distancia mínima entre corredores.
A saída tamén poderá sufrir modificación por temas COVID informando previamente a todol@s corredor@s.

5.- AGASALLOS
Camisetas para os 300 primeiros inscritos da proba. Avituallamento para tódolos participantes e degustación de productos típicos unha vez finalizada a proba.

6.- SERVIZOS
· Entrega de dorsais.
· Puntos kilométricos sinalizados no trail longo
· Avituallamento cada 4 Km aproximadamente, dependendo da dureza do terreo.
. Roupeiro.
· Vestiarios e duchas.
· Aparcamentos.
· Entrega de premios.
. Música
. Comida conxunta fin de proba.
. Seguro accidentes e R.C.

7.- SINALIZACIÓN E CONTROIS
- O percorrido estará sinalizado con cintas de alta visibilidade, carteis e sinais, sendo obrigatorio o paso por tódolos controis establecidos.
- Estará sinalizado o recorrido cada 300 m ou en puntos conflitivos
- Calquera alteración voluntaria na sinalización do recorrido por parte dun corredor será suficiente para a súa descalificación inmediata.

7.-AVITUALLAMENTOS
- O longo do recorrido contaremos con varios puntos para retomar forza en momentos puntuais. Contaremos con avituallamentos liquidos(auga, bebidas isotonicas...) e solidos (froita, frutos secos, barritas enerxeticas...)
Trail Longo
1º avituallamento 3,8 km
2º avituallamento 8,7 km
3º avituallamento 12,8 km (Cortes das Carballeiras)
4ºavituallamento16,7 km (Venceáns)
5ª avituallamento 21,6 km (Pacín)

Trail Curto
1º avituallamento 3,8km
2º avituallamento 7,5km (Venceáns)
3º avituallamento 12,8km (Pacín)

Por respeto ao entorno será obrigatorio depositar os restos de lixo en zonas habilitadas para tal fin.

8- OUTRAS CONSIDERACIÓNS
- A organización reservase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas obrigan ou por forza maior. Os participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados.

- A organización declina toda responsabilidade no caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos de cada participante. Os participantes exoneran a organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.

- A organización contará cos servizos de ambulancia, médico, comunicación e emerxencia de protección civil, así como una póliza de seguro de responsabilidade civil e de accidentes para cada un dos participantes de ambas probas.

- A organización non se fará responsable de ningunha lesión que teña que ver ca NON preparación física ou mental do asistente.

- Por o feito de tomala saída, tódol@s participantes/as aceptan o presente regulamento

Protocolo covid-19: En todo momento tanto a organización, atletas e outras persoas que estén implicadas no transcurso do evento seguiran o “PROTOCOLO FISICOVID – DXT GALEGO POLO QUE SE ESTABLECEN AS MEDIDAS PARA FACER FRONTE A CRISE SANITARIA OCASIONADA POLA COVID-19 NO AMBITO DO DEPORTE FEDERADO DE GALICIA”

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::



Información actualizada a 31/3/2022