Calendario
Info da proba

Teo - Cacheiras

23/04/2022 17:30 - 19:30
Regulamento IX Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras, Teo

Data: sábado, 23 de abril de 2022 ás 17:30. Probas escolares pola mañán.
Web: Concello de Teo
Inscricións: Eme Sports

:: Comenta a Pedestre Batalla de Cacheiras neste tema do foro ::



CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2022 CONCELLO DE TEO
A Concellaría de Deportes do Concello de Teo organizará o sábado 23 en horario de mañá e tarde a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2022 - Concello de Teo.

A carreira pedestre Batalla de Cacheiras recuperará, como na pasada edición, a tradición de conmemorar os acontecementos sucedidos o 23 de abril de 1846, xa que a súa proba absoluta discorrerá polos camiños por onde as tropas do xeneral De la Concha avanzaron para enfrontarse ó exercito sublevado liderado polo xeneral Solís. Camiños cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras no Concello de Teo. Unha ruta lineal que comeza ó pé da reitoral de Bamonde e rematará no cumio de Montouto.

As probas estarán baixo control técnico da Federación Galega de Atletismo e seguirán o seguinte:

REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados, aínda que haberá unha soa clasificación conxunta. O control da carreira realizarao o Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Todas as categorías están abertas a persoas con diversidade funcional. Se ben, deben adaptarse ás condicións existentes para cada circuíto. As persoas con discapacidade poderán realizar a proba acompañadas sempre que o precisen.

2. CATEGORÍAS DOS/AS PARTICIPANTES
PARTICIPANTES CON ACOMPAÑAMENTO (proba non competitiva)
SUB 6 (proba non competitiva): atletas nadas/os nos anos 2017 e posteriores
SUB 7 (prebenxamín): atletas nadas/os no ano 2016
SUB 8 (prebenxamín): atletas nadas/os no ano 2015
SUB 10 (benxamín): atletas nadas/os nos anos 2013 e 2014
SUB 12 (alevín): atletas nadas/os nos anos 2011 e 2012
SUB 14 (infantil): atletas nadas/os nos anos 2009 e 2010
SUB 16 (cadete): atletas nadas/os nos anos 2007 e 2008
SUB 18 (xuvenil): atletas nadas/os entre 2005 e 2006
SUB 20 (jun.) - SUB 23 (prom.): atletas nadas/os entre 2000 e 2004
SÉNIOR: atletas nadas/os en 1999 e ata máster 1
MÁSTER 1 H/M: atletas de 35 a 40 anos cumpridos ata o día da proba
MÁSTER 2 H/M: atletas de 41 a 49 anos cumpridos ata o día da proba
MÁSTER 3 H/M: atletas de 50 a 55 anos cumpridos ata o día da proba
MÁSTER 4 H/M: atletas de 56 ou máis cumpridos ata o día da proba

3. HORARIOS E DISTANCIAS
As probas escolares celebraranse en horario de mañá o día sábado 23 no lugar da Torre – Cacheiras. Ningún/ha corredor/a poderá participar con axuda externa (pais, nais...).
*Salvo a categoría SUB 6 (proba non competitiva) e excepcións pactadas coa organización.

A proba absoluta celebrarase en horario de mañá o día domingo 19 e sairá desde Bamonde con meta no cumio de Montouto (punto xeodésico).

Os horarios e distancias das probas serán os seguintes:


4. INSCRICIÓNS
* Todas as persoas participantes (ESCOLARES E ABSOLUTOS) nas carreiras deberán correr cun dorsal-chip. *Excepto a categoría SUB 6 e a de participantes que necesitan acompañante eque son non competitivas, de todas maneiras para participar nestas dúas carreiras hai que anotarse igualmente cubrindo o formulario en liña.

- CARREIRAS ESCOLARES (de sub 6 ata sub 18) ata o martes 19 de abril ás 23:59 horas no formulario de inscrición en liña presente na web www.emesports.es (única forma de inscrición).

- CARREIRA ABSOLUTA: (Júnior sub 20, promesa sub 23, sénior e máster) ata o martes 19 de abril ás 23:59 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición).

NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DOS PRAZOS ESTABLECIDOS NIN O DÍA DA PROBA

PREZOS DE INSCRICIÓN:
- CARREIRAS ESCOLARES (nadas/os a partir do 2005): GRATUÍTA
- CARREIRA ABSOLUTA (sub 20 – sub 23 , sénior e máster): 6,00 €

A inscrición non se completará ata que se realice o pago no momento de rexistrarse na web www.emesports.es.

Para calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono: 881 978 433 (Departamento de Deportes) ou no enderezo electrónico deportes@teo.gal .

RECOMÉNDASE A TODAS AS PERSOAS INSCRITAS QUE COMPROBEN A LISTAXE DE PARTICIPANTES EN www.emesports.es ANTES DE QUE REMATE O PRAZO DE INSCRICIÓN.

Todos/as aqueles/as participantes que non saian nas listaxes da páxina web non poderán participar o día da carreira.

CAMISETA CONMEMORATIVA
Todas/os as/os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa do evento.

5. RECOLLIDA DE DORSAIS E CAMISETA CONMEMORATIVA
- Probas escolares (sábado 23 de abril): a partir das 09.30 horas no lugar de saída e ata 30’ antes da súa proba.
- Proba absoluta (sábado 23 de abril): a partir das 16.00 horas no lugar da meta (alto de Montouto – Nave de Augas de Teo) e ata 30’ antes do inicio da proba respectando o horario de autobuses establecido pola organización.

Todo/a atleta que entre na liña de meta sen o seu dorsal ou sen que estea debidamente colocado na parte anterior do corpo en toda a súa extensión será automaticamente descualificado.

Para a recollida de dorsais e camisetas haberá que cumprir a normativa Covid-19 vixente no día da proba, feito que será comunicado previamente aos participantes a través do correo electrónica e páxina oficial de inscrición

6. SERVIZO DE AUTOBUSES E DE ROUPEIRO NA PROBA ABSOLUTA E NA ANDAINA :
Unha vez recollido o dorsal os/as atletas adultos/as e participantes na andaina que o necesiten serán trasladados en autobús ata o punto de saída.

Horario de saída dos autobuses:
Carreira absoluta: a partir das 16:00 h, o último sairá ás 17.00 h

Haberá servizo de roupeiro na liñas de saída (Bamonde) e meta (Nave de Augas de Teo).

7. TROFEOS PARA OS/AS CORREDORES/AS :
Haberá trofeo para:
› Os/as 3 primeiros/as clasificados/as en todas as categorías establecidas (homes e mulleres). Excepto as categorías SUB 6 e con acompañantes 6 que son probas non competitivas.
› As 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da proba absoluta.
› O/A participante máis novo/a e o/a máis veterano/a que logre concluír a proba polos seus propios medios e sen axudas externas.
› O primeiro equipo federado masculino e feminino clasificado na clasificación final.
› O centro escolar do Concello de Teo que achegue máis participantes que logren concluír a proba (deberá indicarse o centro educativo na inscrición).
› O/A primeiro/a clasificado/a empadroado/a en Teo en cada categoría, homes e mulleres, (deberá indicarse se está empadroado/a ou non no concello de Teo na inscrición), o/a participante que non o especificara correctamente na inscrición non poderá reclamar o trofeo.

Os trofeos non serán acumulativos, excepto os trofeos ás e ós atletas locais.

A clasificación por clubs da proba absoluta será establecida a través dos 6 primeiros/as corredores en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6o compoñente (imprescindible facer a inscrición como club). Haberá equipos masculinos e femininos nesta clasificación.

Para optar ó premio ó mellor club federado da proba absoluta deberán anotarse os/as atletas individualmente na web www.emesports.es e remitir un correo á dirección santiago@atletismo.gal indicando os datos do club e a listaxe dos/as atletas inscritos.

Para o premio ó centro escolar do Concello de Teo que achegue máis participantes ás probas, deberán realizar a inscrición do mesmo xeito, inscribindo os atletas individualmente na web www.emesports.es e remitindo un correo electrónico á dirección indicada (santiago@atletismo.gal).

8. RECLAMACIÓNS
As reclamacións sobre os resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación destes. Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co Regulamento da FGA e RFEA, por esta orde, en vigor para probas en ruta.

9. SERVIZO DE DUCHAS
Haberá servizo de duchas a disposición dos/as atletas participantes no pavillón dos Tilos.

10. DEREITOS DE IMAXE
O/a participante nas carreiras e na andaina autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde relación co evento no que se subscribe. Coa realización da inscrición o/a participante admite que o organizador, poida facer uso da imaxe de todos/as os/as participantes en calquera formato xa sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, dvd, internet, carteis, medios de comunicación, etc.).
Todos os dereitos de imaxe pertencen á organización (Concello de Teo).

11. NORMATIVA COVID-19
Nesta proba aplicarase o protocolo Fisiocovid da Federación Galega de Atletismo e da Secretaría Xeral para o Deporte de Galicia vixente na data de celebración da proba.

Mais información nas webs:
www.teo.gal
www.atletismo.gal
www.emesports.es
www.correrengalicia.org

:: Comenta a Pedestre Batalla de Cacheiras neste tema do foro ::



Información actualizada a 30/3/2022