Calendario
Ver carrera

Chantada

07/05/2022 18:15 - 19:45

[ Go Back ]

Descripción XI Carreira Popular de Chantada
10 km no corazón

Data: sábado, 7 de maio de 2022
Horario:
Menores ás 17:00 h.
Carreira pola integración ás 17:45 h.
Adultos e adaptada ás 18:15 h.
Organiza: Concello de Chantada
Colabora: Clube Deportivo Atletismo Chantada
Inscricións: Popular de Chantada

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

REGULAMETO
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación no mesmo.

Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que deben utilizar o seu.

Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.

A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento

En caso de cancelación do evento por causas alleas á organizción, non se devolverá o importe da inscrición.

Non se devolverá a cota de inscrición en caso de non poder asistir.

O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento

DECLARACIÓN D@ PARTICIPANTE
@ participante, polo feito de inscribirse, acepta todas as cláusulas deste regulamento e manifesta atoparse en perfecto estado de saúde para a proba, non padecendo enfermidades que lle impidan tomar parte na mesma, sendo o corredor/a @ únic@ responsable en caso de accidente ó non cumplir a normativa. A organización declina toda responsabilidade dos danos que os participantes poidan ocasionar durante a proba, tanto a si mesmos como a terceiros.

Tod@s @s participantes estarán cubertos por unha póliza de responsabilidade civil e un seguro de accidentes, que cubrirán as incidencias inherentes da proba, e nunca como derivación dun padecemento ou enfermidade latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis e articulado do regulamento, etc. A organización declina toda responsabilidade polos danos que @s participantes en esta proba poidan causarse a si mesmos, como a outras persoas polas causas anteriormente citadas.

CARREIRA ABSOLUTA (5000 e 10000m)
Categorías:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femeninas:
Xuvenil - entre 2005 - 2006
Junior - entre 2003 - 2004
Promesa - entre 2000 - 2002
Senior - 1999 ata 34 anos
Veteráns/as A - 35 a 44 anos
Veteráns/as B - 45 a 54 anos
Veteráns/as C - 55 anos e posteriores

INSCRICIÓNS
A través da Web www.championchipnorte.com
CUSTES DE INSCRIPCIÓN – CARREIRA ABSOLUTA (5000 e 10000m)
Ata o día 29 de abril ás 23:59h - 8€
Dende o día 30 de abril ás 00:00h ao 4 de maio ás 23:59h - 10€

A inscrición para as categorías handbike e cadeira de rodas é gratuita.
Peche de inscricións xoves 4 de maio ás 23:59h
Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax
Para poder inscribirse on-line serán obrigatorios os seguintes datos:
- DNI con letra
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Sexo
- Clube (no caso de telo)
- Localidade
- Teléfono móbil
- Se é atleta empadroado/a en Chantada

A organización resérvase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse na Prz. do Mercado a partir das 12:00h e ata 15' antes de dar a saída.

PREMIOS
CARREIRA 10000m
1º/1ª Clasificad@ - Trofeo
2º/2ª Clasificad@ - Trofeo
3º/3ª Clasificad@ - Trofeo

1º/1ª, 2º/2ª e 3º/3ª clasificados das categorías:
Xuvenil - Trofeo
Junior - Trofeo
Promesa - Trofeo
Senior - Trofeo
Veteráns/as A - Trofeo
Veteráns/as B - Trofeo
Veteráns/as C - Trofeo

PREMIOS ESPECIAIS CARREIRA 10000m
1º/1ª Clasificad@ local - Trofeo
2º/2ª Clasificad@ local - Trofeo
3º/3ª Clasificad@ local - Trofeo

CARREIRA 5000m
1º/1ª Clasificad@ - Trofeo
2º/2ª Clasificad@ - Trofeo
3º/3ª Clasificad@ - Trofeo

PREMIOS ESPECIAIS CARREIRA 5000m
1º/1ª Clasificad@ local - Trofeo
2º/2ª Clasificad@ local - Trofeo
3º/3ª Clasificad@ local - Trofeo

Considerarase como local o atleta empadroado en Chantada.

Todos os participantes na carreira de adaptados recibiran o mesmo recoñecemento, independentemente do posto en que se clasifiquen

Trofeo especial para o corredor ou corredora de mais idade.

Os premios non son acumulables a excepción dos premios especiais

Avituallamento final para tod@s @s atletas que rematen a proba, na zona habilitada pola organización.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
Duchas: Estarán a disposición d@s atletas nas instalacións das piscinas municipais

INFORMACIÓN E RESULTADOS
www.championchipnorte.com


CARREIRAS MENORES
As carreiras de 100 e 500m son participativas e non se tomarán tempos.
A carreira de 2000m. é competitiva e será cronometrada.

INSCRICIÓNS
A través da Web www.championchipnorte.com (gratuita)
Peche de inscricións o mércores 4 de maio ás 23:59h
Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax
Para poder inscribirse tanto por correo electrónico como presencialmente serán obrigatorios os
seguintes datos:
- DNI con letra se ten
- Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-Clube (no caso de telo)
-Localidade

A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos
requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

HORARIOS E PERCORRIDOS:
17:00h - (nados entre 2015 e 2019) - 100m. aprox.
17:10h - (nados entre o 2011 e 2014) - 500m. aprox.
17:20h - Infantil e cadete (nados entre 2007 e 2010) - 2000m. aprox.

ENTREGA DE DORSAIS
Os dorsais entregaranse na Praza do Mercado dende as 12:00 e ata 15' antes de cada proba

PREMIOS CARREIRA 2000m
Categoría infantil (nados en 2009-2010)
1º/1ª Clasificad@ - Trofeo
2º/2ª Clasificad@ - Trofeo
3º/3ª Clasificad@ - Trofeo

Categoría cadete (nados en 2007-2009)
1º/1ª Clasificad@ - Trofeo
2º/2ª Clasificad@ - Trofeo
3º/3ª Clasificad@ - Trofeo

Tod@s @s nen@s que participen nas carreiras menores recibiran unha medalla conmemorativa e avituallamento ao remate de cada proba.

Trofeo especial para o corredor ou corredora de menor idade que se dará a coñecer ao principio da entrega de premios da carreira absoluta.

CARREIRA POLA INTEGRACIÓN
Aberta a participantes con calquer tipo de discapacidade

HORARIOS E PERCORRIDOS:
17:45h - 100m

INSCRICIÓNS
A través da Web www.championchipnorte.com (gratuita)
Peche de inscricións o mércores 4 de maio ás 23:59h
Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax
Para poder inscribirse tanto por correo electrónico como presencialmente serán obrigatorios os seguintes datos:
- DNI con letra
- Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-Clube (no caso de telo)
-Localidade

Tod@s @s participantes nesta proba recibiran unha medalla conmemorativa e avituallamento ao remate da mesma.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

Información actualizada a 30/3/2022

[ Go Back ]