Calendario
Ver carrera

Ourense - Carreira da Carballeira

23/10/2022 11:30 - 12:30

[ Go Back ]

Descripción Reglamento
DATA E LUGAR
O Circuíto “Correndo por Ourense 2022” está integrado por 6 carreiras:
NÚM. DATA NOME
1ª DOMINGO 03/04/2022 CARREIRA DO VINTEÚN
2ª SÁBADO 28/05/2022 CARREIRA DO COUTO (nocturna)
3ª SABADO 11/06/2022 CARREIRA DO CENTRO (nocturna)
4ª DOMINGO 04/09/2022 CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA
5ª DOMINGO 25/09/2022 CARREIRA DA PONTE
6ª DOMINGO 23/10/2022 CARREIRA DA CARBALLEIRA
➢ Estas probas pertencen ao calendario da Federación Galega de Atletismo e estarán
controladas polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de
Ourense).
➢ En función de diferentes continxencias pode variar algunha destas datas.
➢ Para entrar na clasificación xeral será preciso que os atletas participen en 5 carreiras. No
caso de participar en todas, desestimarase o peor resultado.
HORARIOS E PERCORRIDOS
CARREIRA DO
VINTEÚN
DOMINGO
03/04/2022
11,00h: Pitufos
11,05h: Benxamín, Alevín
11,15h: Infantil e Cadete
11,30h: Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e
Máster
Rúa Madre Soledad, Avda. Santiago, Rúa
do Vinteún, Río Corzos, Río Mao, Río
Cobas, Río Camba, Avda. Santiago, Rúa
do Vinteún, Río Corzos, Rúa Madre
Soledad.
CARREIRA DO
COUTO
SÁBADO
28/05/2022
22,00h: Pitufos
22,05h: Benxamín, Alevín
22,15h: Infantil e Cadete
22,30h: Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e
Máster
Rúa Dalí, Ervedelo, Juan de Anges,
Remedios, rotonda cara Antonio Puga,
Ervedelo, Juan de Anges, Remedios, Dalí.
CARREIRA DE
CORPUS
SABADO
11/06/2022
22,00h: Pitufos
22,05h: Benxamín, Alevín
22,15h: Infantil e Cadete
22,30h: Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e
Máster
Rúa do Paseo, Concello, Xoán XXIII,
Progreso, Avda. de Pontevedra, Lamas
Carvajal, Paseo.
CARREIRA DA ZONA
UNIVERSITARIA
DOMINGO
04/09/2022
11,00h: Pitufos
11,05h: Benxamín, Alevín
11,15h: Infantil e Cadete
11,30h: Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e
Máster
Pista de atletismo, Campus universitario,
Casarellas, Bamio, Rabaza, Mende, Ponte
Lonia, Villaamil e Castro, Campus
universitario (norte), Pista de atletismo.
CARREIRA DA
PONTE
DOMINGO
25/09/2022
11,00h: Pitufos
11,05h: Benxamín, Alevín
11,15h: Infantil e Cadete
11,30h: Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e
Máster
Saída: Francisca Herrera (12 de Outubro),
Avda. de Santiago, Basilio Álvarez (ida e
volta), Avda. Caldas, J. Antonio Moretón,
Ribeiriño, Avda. Caldas, Mercado, Rosalía
de Castro, Vicente Risco (ata a rotonda e
volta ata a meta).
CARREIRA DA
CARBALLEIRA
DOMINGO
23/10/2022
11,00h: Pitufos
11,05h: Benxamín, Alevín
11,15h: Infantil e Cadete
11,30h: Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e
Máster
Praza da Lexión, Castelo Ramiro, Hórreo,
Paspallás, Salto do Can, Rula, Castelo
Ramiro, Praza da Lexión.
➢ Os percorridos por categorías están especificados na información gráfica do Circuíto, pero
por necesidades organizativas e/ou de seguridade cidadá poden ser modificados.
➢ Ao longo do percorrido, a Organización poderá establecer tantos controis como estime
oportunos.
➢ Establécese un tempo de corte (peche do circuíto) de 1 hora desde a saída dos e das
atletas.
➢ É obrigatorio seguir a sinalización e as indicacións marcadas pola Organización.
➢ O avituallamento estará situado na meta.
PARTICIPANTES
As categorías son as seguintes:
CATEGORÍAS ANO DE NACEMENTO
PITUFOS Nados/as en 2015 e posteriores
SUB10 Nados/as en 2013 e 2014
SUB12 Nados/as en 2011 e 2012
SUB14 Nados/as en 2009 e 2010
SUB16 Nados/as en 2007 e 2008
SUB18 Nados/as en 2005 e 2006
SUB20 Nados/as en 2003 e 2004
SUB23 Nados/as en 2000, 2001 e 2002
SENIOR Nados/as en 1999 ata máster
MÁSTER A De 35 a 44 anos
MÁSTER B De 45 a 54 anos
MÁSTER C De 55 a 64 anos
MÁSTER D Maiores de 65
ABSOLUTA
➢ Para que os Máster non varíen de categoría ao longo do Circuíto establécese a data da
primeira carreira do Circuíto para o cálculo das idades.
➢ Poderán participar atletas federados e non federados.
➢ Deberán atender en todo momento as indicacións da Organización.
INSCRICIÓN
a) As inscricións realizaranse na páxina web carreirasgalegas.com facendo constar todos os
datos requiridos no procedemento de inscrición, o que dará dereito á cobertura dos seguros
de RC e de accidentes.
Ojo morado O prazo para inscribirse comeza o día 14 de marzo e remata o mércores anterior a cada
carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba.
c) A inscrición no circuíto ten un custe de 7€ (6 carreiras) para as categorías sub20, sub23, senior
e máster. Para as demais categorías será gratuíta.
d) A inscrición e o dorsal con chips integrados, son únicos para todo o Circuíto, por tanto, os/as
atletas inscritos/as nalgunha carreira do Circuíto quedan automáticamente inscritos/as para
todas as restantes e deben conservar o dorsal en boas condicións. É obrigatorio levar o dorsal
ben visible no peito.
e) Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.
f) No caso de que o corredor perda o Dorsal con chip integrado, entrégaselle un dorsal de
incidencias que deberá conservar para o resto de carreiras do circuíto. O atleta deberá facer o
pagamento na pasarela de pagos de carreiras galegas antes do mercores anterior a carreira e
recollerase na secretaría da competición na que participe dende 90 minutos ata 30 minutos
antes da carreira.
g) Na categoría de pitufos corren sen chip.
h) A participación de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas, rexerase polas
normas recollidas na CIRCULAR Nº: 351/2019: “REGLAMENTO DE COMPETICIONES”
http://www.rfea.es/sirfea/ficheros/comunicados/documentos/2020124124530.pdf
i) Aqueles atletas que sabendo da súa imposibilidade para participar nesta proba, proporcionen
datos falsos para poder facelo, serán descualificados.
j) A Organización, de acordo coa normativa RFEA e previo informe da FGA, rexeitará a inscrición
dos corredores federados doutras federacións autonómicas que excedan os límites fixados
pola RFEA para competicións de ámbito autonómico.
k) A recollida presencial dos dorsais con Chips integrados realizarase o sábado previo á
primeira carreira do Circuíto, no Pavillón dos Remedios, de 10:00h. a 20:00h. Con carácter
extraordinario poderase recoller na secretaría da primeira competición na que participe dende
90 minutos ata 30 minutos antes de que empece a primeira proba. Nas seguintes probas
recollerase no horario de oficinas no Pavillón dos Remedios.
Ao finalizar o circuíto non será necesaria a devolución do dorsal con chip integrado.
l) O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por
procedementos automatizados.
m) Gravarase a chegada para solventar calquera reclamación. As incidencias que surxan de
inscricións, clasificacións,..., serán resoltas polos técnicos da Federación Galega de Atletismo.
n) Todos/as os/as participantes coa súa inscrición aceptan integramente o presente regulamento
e autorizan á Organización para poder facer uso das imaxes, fotografías e/ou vídeos do
evento.
CLASIFICACIÓN E PREMIOS
a) A puntuación en cada carreira correspóndese co posto alcanzado na clasificación
(diferenciada entre homes e mulleres), de maneira que os/as que teñan menos puntos serán
os/as primeiros/as clasificados/as.
Ojo morado Todos/as os/as que estean na Clasificación Xeral por participar en 5 carreiras recibirán un
agasallo e os/as tres primeiros/as de cada categoría recibirán un trofeo.
c) Clasificación Xeral Individual: masculina e feminina.
▪ 1º/1ª clasificado/a: Trofeo e 300€ en material deportivo.
▪ 2º/2ª clasificado/a: Trofeo e 200€ en material deportivo.
▪ 3º/3ª clasificado/a: Trofeo e 100€ en material deportivo.
d) Para poder recoller os premios e os trofeos deberase xustificar documentalmente o ano de
nacemento dos/das atletas por medio de DNI ou documento legal en vigor.
e) A entrega de trofeos (19h) e agasallos (de 10 a 20 h) efectuarase no lugara e data
anunciado con antelación suficiente.
f) Na categoría de Pitufos, todos os participantes que cheguen a meta recibirán un agasallo en
cada carreira. Poderanse facer varias quendas de saída, a criterio da Organización, para un
mellor desenvolvemento da chegada á meta, a entrega de medallas e a seguridade dos
cativos.
g) Todos os trofeos que non se recollan o día da entrega oficial estarán os 8 días seguintes a
disposición dos corredores na sede do organizador. A partir desa data enténdese que se
renuncia a eles.
h) No caso de empate resolverase coa suma de postos na clasificación xeral, resultando
gañador o que menos puntuación obtivera. De persistir o empate será o Comisión Técnica
do Correndo por Ourense quen decida o criterio para resolvelo.
RESPONSABILIDADE
a) É imprescindible estar inscrito/a para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes.
Ojo morado Todos/as os/as inscritos participan voluntariamente baixo a súa responsabilidade e admiten
gozar dun nivel de condición física suficiente para afrontar esta carreira.
c) A Organización:
1) Responsabilízase dos accidentes que se rexistren dentro do percorrido, pero declina
toda responsabilidade en caso de padecemento latente, accidente por abandono do
itinerario establecido ou neglixencia do/a participante.
2) Contará con servizos médicos a disposición dos/as corredores/as e coa colaboración
da Policía Local de Ourense e de Protección Civil nos puntos máis estratéxicos do
percorrido.
3) Recoméndalle aos/ás participantes someterse a un recoñecemento médico previo
coa fin de minimizar os riscos que entraña a realización de actividade física.
4) Non se fai responsable dos obxectos de cada participante, pero disporá no Pavillón
dos Remedios de taquillas, tendo en conta que para o seu uso é necesario traer un
candado, (Couto, Centro, Ponte, no resto non).
5) Porá a disposición de todos os participantes duchas e servizos de aseo. (Couto,
Centro, Ponte no Pavillón dos Remedios, 21 no Divino Maestro, Carballeria no CIFP,
Universidade na pista de atletismo).
6) Non se fai responsable dos danos que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen
os/as participantes deste circuíto.
7) A Organización prohibe a utilización de reprodutores de música con auriculares
pola seguridade dos propios participantes nas carreiras
Molón A Organización non se fai responsable das consecuencias que deriven dunha
inscrición defectuosa e/ou errónea por parte do/a corredor/a ou persoa na que
delegue.
O feito de inscribirse nesta carreira supón unha declaración responsable por parte
do/a atleta dos datos que aporta, aínda que, se obtén un premio, deberá presentar a
documentación acreditativa pertinente.
No momento de formalizar a inscrición, os participantes estarán declarando a súa
responsabilidade sobre os seguintes termos:
✔ Que teño lido, entendido, aceptado e me comprometo a cumprir o protocolo de
prevención COVID-19 desta proba, colaborando en todo o posible coa
Organización.
✔ Que teño lido, entendido, aceptado e me comprometo a cumprir o Regulamento
desta proba, colaborando en todo o posible coa Organización.
✔ Que cumpro os requisitos de admisión establecidos no documento Protocolo
COVID obriga de información e consentimento informado, non sendo grupo de
risco.
✔ Que non convivo con ninguén que sexa grupo de risco, ou que no caso de que así
sexa, participa na actividade baixo a súa propia responsabilidade.
✔ Que son consciente dos riscos que implica a participación na actividade no
contexto da crise sanitaria provocada pola COVID-19, e que asumo baixo a miña
propia responsabilidade.
É importante ter en conta que esta declaración responsable, conformada de xeito
obrigatorio no momento da formalización da inscrición, fará referencia ao día de
cada proba. Polo que, no caso de non poder cumprir algún dos ítems anteriores, o/a
atleta non tomará parte na carreira.
O evento cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para
eventos e actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada
pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación
Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte, e en
función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao
cumprimento das normas de prevención da COVID19 que establezan as
autoridades sanitarias en cada momento. Polo que a organización, por causas de
forza maior, reservaranse o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios.
DESCUALIFICACIÓN
a) Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
1) Non seguir a sinalización específica da carreira (vallas, cintas...) ou as directrices do
persoal que intervén na Organización, que irá debidamente identificado.
2) Non completar todo o percorrido ou non pasar os controis.
3) Non levar dorsal ou manipulalo.
4) Falsificar datos persoais, ou a suplantación da identidade.
5) Utilizar vehículos de axuda ou mesmo bicicletas, patíns.
6) Ir acompañado doutras persoas que non sexan participantes inscritos na proba ou
inscritos noutras categorías.
7) Cando continuar a participación supoña un risco para a súa propia seguridade, para
outros atletas ou para o desenvolvemento da proba.
Molón Calquera outra circunstancia non prevista no presente regulamento pero que a
Organización considere que é motivo de descualificación.
RECLAMACIÓNS
a) As reclamacións deberán ser feitas ao xuíz árbitro ata 30 minutos despois da publicación
oficial dos resultados.
Ojo morado Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA,
RFEA e WA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias
superiores.
O presente Regulamento pode ser modificado para a súa mellora por parte da Organización

[ Go Back ]