Calendario
Info da proba

Laracha

16/07/2022 19:00 - 20:30
Regulamento 1. A Asociación Cultural Adro de Vilaño, en colaboración co Concello de A Laracha e empresas
colaboradoras, organizan a V Carreira Popular do Apóstolo o sábado 16 de xullo de 2022
en Vilaño, na localidade de A Laracha. As probas levaranse a cabo baixo o control técnico da
Federación Galega de Atletismo (Delegación de A Coruña).
2. De forma paralela e para pechar o evento, a Asociación Cultural Adro de Vilaño, en
colaboración con Cultiagro S.L., organizan unha Andaina Saudable e Solidaria. (Ver detalles
no regulamento específico da páxina Molón
3. A V Carreira Popular do Apóstolo está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega
de Atletismo, sendo calificada como proba oficial da FGA con distancia non homologada.
4. Poderán participar atletas federados e non federados, habendo unha clasificación conxunta.
O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Cada participante acude a proba baixo a súa responsabilidade ou a do seu adestrador persoal
ca forma física axeitada para realizala e cos controis médicos oportunos e por tanto asume
persoalmente e exime á organización calquera incidente ou lesión acaecida por esa causa ou
por actitude imprudente e/ou neglixente durante a participación.
Poderán participar atletas con discapacidade física que xustifique a súa participación en dita
modalidade. Os atletas deberán presentarse na zona de control 30 minutos antes do inicio da
proba para pasar o control de material, realizado pola organización. No control de material
revisarase os seguintes elementos, que deberán estar homologados e funcionar
correctamente: Casco, elementos de visibilidade, chasis, rodas, sistema de frenado e sistema
de dirección.
5. CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN, DISTANCIAS E HORARIOS
*A categoría Pitufo e a Andaina Saudable e Solidaria non son categorías federadas.
6. ZONA DE SAÍDA - META E PERCORRIDO
A saída e meta de todas as probas estará ubicada no espacio acondicionado do Adro de
Vilaño, situado a 1,5 Km do casco urbano de A Laracha (haberá indicacións).
O percorrido da proba de adultos consistirá en dúas voltas a un circuito de 5 Km que
trascorre na súa maioría por pavimento a excepción dun único tramo de 450 metros que pasa por
unha pista non asfaltada. A pendente media ascendente é dun 2,3% e a pendente media
descendente é dun -2,7%.
Os circuitos das categorías menores consisten en variantes reducidas do circuito da proba
de adultos. Todos os percorridos estarán claramente indicados, controlados e sinalizados cada
kilómetro. A Organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que
regularán o tráfico ao longo do percorrido.
CATEGORÍA DATAS DE NACEMENTO DISTANCIA HORA DE
SAÍDA
ESCOLARES
Pitufo* 2015 - 2019 200 m 18:45
Benxamín / Sub 10 2013 - 2014 1.100 m 17:50
Alevín / Sub 12 2011 - 2012 1.100 m 17:50
Infantil / Sub 14 2009 - 2010 3.800 m 18:10
Cadete / Sub 16 2007 - 2008 3.800 m 18:10
Xuvenil / Sub 18 2005 - 2006 5.000 m 19:00
ADULTOS
Junior / Sub 20 2003 - 2004 10.000 m 19:00
Promesa /Sub 23 2000- 2001- 2002 10.000 m 19:00
Sénior Desde 1999 ata 1988 10.000 m 19:00
Máster A Desde 1987 ata 1982 10.000 m 19:00
Máster B Desde 1981 ata 1972 10.000 m 19:00
Máster C Desde 1971 ata 1962 10.000 m 19:00
Máster D A partires de 1961 10.000 m 19:00
Adaptados En handbike 10.000 m Pte. definir
Andaina Saudable e
Solidaria*
Indiferente 3.800 m 19:05
Regulamento V Carreira Popular do Apóstolo
7. INSCRICIÓNS
 Data límite: martes 12 de xullo ás 23:59.
 Formas de incrición:
 Web oficial da FGA: http://www.carreirasgalegas.com
 De forma presencial (ata venres 8 de xullo):
- Concello de A Laracha (Dpto. de deportes).
- Piscina municipal de A Laracha.
- Centros de ensino do concello de A Laracha (só categorías escolares).
- Cultiagro S.L.
 Prezo da inscrición:
 Categorías escolares (ata xuvenil incluido)…………..............GRATUITA
 Proba de adultos………………………………………...………..…..……6 €
Todas as persoas que fagan a súa inscrición antes do domingo 10 de xullo ás 23:59 terán o
seu dorsal personalizado cos seus datos persoais.
As inscricións de forma presencial deberán realizarse achegando debidamente cuberta a
ficha de inscrición dispoñible nos puntos de inscrición autorizados. Os atletas menores de idade
deberán cubrir tamén a autorización paterna presente na parte inferior do formulario de inscrición.
Este documento tamén se atopa dispoñible no ANEXO I (última páxina).
Non se aceptarán inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todos os datos
obrigatorios presentes no formulario de inscrición.
8. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
Tres formas:
1. O día anterior a proba (venres 15 de xullo) no CENTRO COMERCIAL CARREFOUR
DE CORISTANCO.
2. Xoves 14 de xullo no DECATHLON MARINEDA.
3. O mesmo día da proba no CENTRO SOCIOCULTURAL DE VILAÑO, situado no
ADRO DE VILAÑO (zona de saída e meta), nos seguintes horarios:
 De 11:00 a 13:30 (recomendable).
 De 15:00 ata media hora antes do inicio de cada proba.
O dorsal entregado pola Organización deberá levarse colocado en toda a súa extensión na
parte anterior do corpo e de forma visible. Todo corredor que entre na meta sen o seu dorsal será
descualificado a criterio do Xuíz Árbitro da Competición.
CONTROL CON CHIP: Todas as probas (excepto a categoría Pitufo e a Andaina) estarán
controladas a través dun chip desechable que irá situado na parte posterior do dorsal, o que implica
pasar obligatoriamente polas alfombras de control. Non se poderá manipular dito elemento nin
Regulamento V Carreira Popular do Apóstolo
será necesaria a súa devolución.
9. PREMIOS E AGASALLOS
Todas as persoas que finalicen a proba recibirán unha camiseta conmemorativa dentro da
bolsa do corredor, que tamén poderá incluír diversos regalos que proporcionen os
patrocinadores. A maiores, outorgaranse os seguintes premios:
PROBAS ESCOLARES
 Trofeo ao primeiro clasificado masculino e feminino de cada categoría, agás na
categoría Pitufos onde non haberá clasificación.
 Medallas aos segundos e terceiros clasificados masculinos e femininos de cada
categoría, agás na categoría Pitufos onde non haberá clasificación.
 Medallas para todos os participantes da categoría Pitufos.
PROBA DE ADULTOS
 Trofeo e equipación tecnica Kalenji aos 3 primeiros da clasificación xeral masculina e
feminina.
 Trofeo ao primeiro clasificado masculino e feminino de cada categoría.
 Medallas aos segundos e terceiros clasificados masculinos e femininos de cada
categoría.
PREMIOS ESPECIAIS
 Trofeo ao primeiro clasificado masculino e feminino entre os participantes nados no
Concello de A Laracha.
 Trofeo Superveterán ao corredor de maior idade que finalice a proba.
 Trofeo Superveterana á corredora de maior idade que finalice a proba.
 Trofeo ao centro escolar que aporte máis participantes á proba.
 Trofeo ao clube federado que aporte máis participantes á proba.
10. SERVIZOS A CORREDORES
Co fin de dar as maiores facilidades a todos os participantes neste evento, a Organización
ofrecerá os seguintes servizos de forma gratuita:
 Duchas (Pavillón do IES Agra de Leborís).
 Gardarroupa (Centro Sociocultural de Vilaño).
 Gardería con monitores para os nenos (Parque infantil do Adro de Vilaño).
 Aparcamentos para os coches (zonas cercanas ó Adro de Vilaño, con indicacións).
 Fotografía e vídeo.
 Fisioterapia.
 Avituallamento intermedio con auga.
 Avituallamento final con froita, bebida isotónica, e aperitivo variado.
Regulamento V Carreira Popular do Apóstolo
11. INFORMACIÓN IMPORTANTE APARCAMENTOS PARA COCHES
Habilitaranse 2 estacionamentos gratuitos nos arredores da zona de saída / meta, que
estarán debidamente sinalizados, con claras indicacións desde o casco urbano de A Laracha.
Debido aos cortes de tráfico
 Un dos aparcamentos estará pechado durante o transcurso das distintas probas, non
podendo entrar nin saír ningún coche. O aparcamento P1 estará aberto durante todo o
trascurso do evento, podendo entrar e saír coches sen limitacións horarias.
 Toda persoa que estacione no aparcamentos P2 non poderá mover o coche ata rematar
a carreira de adultos (20:30 h aproximadamente). Polo tanto recomendamos estacionar
os vehículos no aparcamento P1.
 Todos os coches que cheguen despois das 18:00 horas deberán dirixirse
obligatoriamente ao aparcamento P1, o cal estará debidamente sinalizado.
P1 Aberto durante todo o
transcurso da proba. P2 Pechado desde as 17:30 h ata
o final da carreira (20:30 h
aproximadamente) QUINTÁNS AREOSA
12. DESCALIFICACIÓNS
Todo corredor que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos
da Federación Galega de Atletismo e da RFEA en vigor referentes a probas en ruta, será
descalificadoa criterio do Xuíz Árbitro da Competición.
Ao longo do percorrido a Organización establecerá os controis que estime oportunos
estando autorizados para descalificar a calquera participantes que incumpra as normas da
competición ou que cometa algunha irregularidade atentando contra a seguridade individual ou
colectiva durante a proba.
13. As reclamacións aos resultados oficiais deberán formularse verbalmente ao Xuíz Árbitro da
Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en
cuestión.
14. Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á Organización. Nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcar ritmos aos participantes. Asemade non se permite a participación con coches ou
cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.
Regulamento V Carreira Popular do Apóstolo
15. ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS
A Organización contará con servicios médicos e ambulancia na zona de saída/meta desde
unha hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da finalización. Os servicios
médicos e o Xuíz Árbitro da Competición están facultados para retirar da carreira a calquera
participante que manifestase un mal estado físico durante o desarrollo da mesma.
16. SEGURO
Todos os participantes estaránamparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desarrollo da proba. Quedan excluidos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia
ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluidos os casos
producidos polo desplazamento ó lugar da competición ou desde o mesmo.