Calendario
Info da proba

Tui - San Telmo

23/04/2022 11:00 - 13:00
Regulamento Carreira Popular de San Telmo, Tui

Data: sábado, 23 de abril de 2022 a partir das 11:00 h.
Web: Carreira de San Telmo (máis información e inscricións)
Formulario de inscrición: Formulario de inscrición (ata o mércores 20 de abril ás 23.59)

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

Categoría - Ano Nacemento - Horario - Distancia
Xuvenil-Junior - 2003/2006 - 11.00h - 5000 m.
Senior - entre 1987 e 2002 - 11.00h - 5000 m.
Veterán A - entre 1977 e 1986 - 11.00h - 5000 m.
Veterán B - 1976 ou anterior - 11.00h - 5000 m.
Cadete -07/08 - 11.45h - 1875 m.
Infantil - 09/10 - 11.45h - 1875 m.
Alevín - 11/12 - 12.00h - 680 m.
Benxamín - 13/14 - 12.15h - 340 m.
Prebenxamín - 15/16 - 12.30h - 170 m.
Pitufos - 17/18/19 - 12.45h - 100 m.

REGULAMENTO
1.- O Club Atletismo Tui e o Excmo. Concello de Tui, organizan a "Carreira Popular San Telmo", que se celebrará o próximo sábado 23 de Abril de 2022, a partir das 11:00 horas, no Paseo da Corredoira, no Concello de Tui.

2.- Poderán participar todas as persoas estean ou non federadas, aqueles que non teñan Licenza Federativa ou seguro deportivo (escolares) estarán cubertos polo seguro do que dispón a organización. Poderán participar tamén atletas estranxeiros.

3.- As inscricións faranse a través da páxina web do club na pestana da carreira (https://clubatletismotui.wordpress.com/carreira-san-telmo/), ata o Mércores 20 de abril. As inscricións son de balde entregando 1 quilo de alimentos non perecedoiros no momento de recollida do dorsal, non admitíndose inscricións fora de prazo nin no mesmo día da proba.

4.- A organización no se responsabiliza dos danos morais ou físicos ocasionados na participación da proba.

5.- Todo atleta, polo simple feito de participar, acepta todo o recollido neste regulamento.

6.- Os dorsais serán entregados pola organización ata media hora antes do comezo das probas no Paseo da Corredoira de Tui.

7.- Entregaranse trofeos aos 3 primeiros clasificados a partir da categoría benxamín no apartado feminino e masculino. Así mesmo tamén serán premiados o primeiro e primeira tudense da categoría absoluta.

8.- A proba estará controlada por persoal da organización.

9.- Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipular este e falsificar datos persoais.

10.- Os atletas deben situarse na Cámara de Chamadas, para control de dorsais, como máximo 10 minutos antes do inicio de cada proba, podendo ser descualificados de non cumprir esta norma. Pola megafonía da organización vanse dando oportunas indicacións ao respecto.

11.- Os servizos sanitarios e as ambulancias, estarán situados na zona de Saída/Meta. Calquera corredor con problemas médicos (alerxia, atencións especiais etc.) deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.

12.- Avituallamento: Habilitado nunha zona concreta ao pasar meta.

13.- O evento cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento. Polo que a organización, por causas de forza maior, reservaranse o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

Información actualizada a 04/04/2022