Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
Santiago de Compostela
30/04/2022
22:00 - 24:00
Voltar
Regulamento
SANTYAGO10K
Data:
sábado, 30 de abril de 2022 ás 22:00 h.
Web:
SantYaGo 10k
(máis información, regulamento e inscricións).
Percorrido:
Circuíto da proba
::
Comenta a SANTYAGO10K neste tema do foro
::
Regulamento (extracto)
ART. 1: Data e hora
O
Club Atletismo Fontes do Sar
e o
Departamento Municipal de Deportes do Concello de Santiago
coorganizan, co control técnico do comité galego de xuíces da
Federación Galega de Atletismo
:
A 6ª carreira nocturna
SANTYAGO10K, Cidades PATRIMONIO DA HUMANIDADE
, sobre unha distancia homologada de 10km en ruta, que se levará a cabo o vindeiro sábado 30 de Abril de 2022 e que dará comezo ás 22:00 horas.
ART. 2: Circuíto
O circuíto foi
medido e homologado
pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e discorrerá polo casco urbano da cidade de Santiago de Compostela.
O circuíto será
pechado ó tráfico
e será acotado con valados e outros elementos nos tramos que non exista unha delimitación natural. Será obrigatorio para os participantes correr sempre dentro da zona acotada, estando prohibido o paso por beirarrúas, setos centrais e zonas axardinadas, se non se indica o contrario. O incumprimento desta norma, ou recortar distancia sobre o trazado oficial, poderá supoñer a descalificación do infractor
Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os oficialmente sinalados pola organización.
ART. 3: Control técnico
A carreira estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
ART. 4: Peche de control
O peche da proba realizarase unha hora despois do tempo empregado polo primeiro atleta en cruzar a liña de meta (aproximadamente
1 hora e 30 minutos despois da saída
)
ART. 5: Inscricións
A inscrición realizarase a través da pasarela de pago insertada na páxina web oficial do evento, operativa ata as 23:59 horas do domingo 24 de abril; a través do formulario do Paso de Informática da USC, ou de maneira presencial no Multiusos Fontes do Sar ou no Complexo Deportivo Santa Isabel.
O pago realizarase polas seguintes maneiras ou formas:
De forma on-line, por medio de tarxeta de débito/crédito, a continuación do propio proceso de rexistro na páxina web oficial do evento (2022.santyago10k.run).
Habilitarase unha opción de inscripción e pago presencial, na recepción do Multiusos Fontes do Sar (rúa Diego Bernal s/n, Santiago de Compostela) ou no Complexo Deportivo Santa Isabel (rúa Tras Santa Isabel s/n, Santiago de Compostela).
Tamén se permite a inscripción a través do Paso de Informática da USC. Será a través dun formulario na súa páxina web (pasoinfo.xyz), cos mesmos datos, y procederán a contactar para realizar o pago. Se permite o pago con transferencia bancaria, Verse ou en efectivo. O prezo será o do momento de realizar o pago, e só se considerará como inscrito unha vez realizado o pago.
Os prezos de inscrición, en función da data, serán os seguintes:
Do 12 de marzo ás 00:00 ata o 31 de marzo ás 23:59 horas:10 euros
.
Do 1 de abril ás 00:00 ata o 24 de abril ás 23:59:12 euros, ou ata completar @s 1500 participantes.
Non se aceptarán inscricións de ningún tipo, fora dos modos e prazos aquí indicados.
(*) O Multiusos Fontes do Sar e o Complexo Deportivo Santa Isabel, realizarán un desconto especial ós seus aboados, de 2 euros, sobre o prezo no momento da inscrición, a cal deberán realizala de forma presencial antes do domingo 24 de Abril.
ART. 6: Límite de inscricións:
Establécese un límite de
1.500 participantes
. Unha vez alcanzado o límite, contabilizando só as inscricións con pago confirmado, pecharase a posibilidade de inscrición.
ART. 7: Devolución da cota de inscrición:
Aceptarase só a devolución parcial da inscrición no
caso de enfermidade ou grave lesión
, previa presentación ó persoal da organización, do certificado médico oficial. Comunicarase previamente no correo electrónico (info@santyago10k.run) e indicaráselle como proceder.
O importe da devolución virá determinado pola data de presentación do certificado médico. O 75% da cota se se presenta ata o domingo 21 de abril, ou o 50% se se presenta despois desa data. En caso contrario, non se procederá o reembolso. Para outros supostos xustificados, a organización valorará, se procede, a devolución parcial da cota.
ART. 8: Entrega de dorsais e chips
Proximamente, a través da web do evento, informarase dos lugares concretos nos que se realizará a entrega de dorsais e chips
As datas previstas para a recollida serán:
Venres 29 de Abril de 10:00 a 22:00 horas
Sábado 30 de Abril, día da carreira, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas, na Praza do Obradoiro
ART. 9: Uso de dorsais e chips
Os dorsais son
persoais e intransferibles
, deberanse colocar durante o transcurso da proba, na parte frontal do corpo, de forma totalmente visible e sen dobreces
O chip tamén é persoal e intransferible e deberá asirse os cordóns da zapatilla ou en soporte adecuado para o nocello.
Non serán admitidos pola organización corredores que non están inscritos oficialmente ou corran sen dorsal ou sen chip, ou que pertenzan a outra carreira
O incumprimento de calquera punto deste artigo será motivo de descalificación e verase obrigado a abandonar o trazo na defensa dos dereitos dos corredores lexitimamente inscritos.
ART. 10: Cronometraxe
A cronometraxe estará a cargo da empresa EME SPORT, mediante o sistema sport tag ou chip.
Habilitaranse varios puntos de control o longo do percorrido. Os participantes que non pasen por tódolos puntos de control, poderán ser descalificados, si así o decide o xuíz arbitro da proba.
ART. 11: Caixóns de saída
No momento da inscrición os participantes poderán acreditar unha marca oficial obtida anteriormente en carreiras de 10km en ruta homologadas. En base a ditas marcas asignaranse diferentes caixóns de saída que axudarán a que a mesma sexa máis fluída e ordeada. Dita distribución reflexarase nos dorsais proporcionados pola organización.
A organización terá o dereito de reservar determinadas prazas para atletas invitados expresamente para o evento.
Estableceranse polo menos cinco caixóns de saída, tendo a organización a opción de modificar este reparto en función do número de atletas inscritos que acrediten cada marca, dividindo en máis grupos si se considera beneficioso para a seguridade da proba. Os caixóns previstos son:
Caixón 1: Marcas inferiores a 40 minutos
Caixón 2: Marcas entre 40 e 45 minutos
Caixón 3: Marcas entre 45 e 55 minutos
Caixón 4: Marcas máis de 55 minutos
Caixón 5: Sen marca previa
Os corredores estarán nos seus postos 10 minutos antes do disparo oficial da saída.
ART. 12: Categorías
Establécense as seguintes categorías de competición:
Homes e Mulleres
Categoría Xeral
Categoría Sub20: atletas nados/as entre 2003 e 2004 (deberán ter cumpridos os 18 anos antes da data da carreira)
Categoría Sub23/Senior: atletas nados/as entre 1988 e 2002
Categoría Master A: atletas dende o día que cumpran 35 anos ata os 45 anos (nados/as entre 1977 e 1987)
Categoría Master B: atletas comprendidos/as entre idades de 46 a 56 anos (nados/as entre 1966 e 1976)
Categoría Master C: atletas con idades superiores a 56 anos (nados/as entre 1900 e 1966)
ART. 16: Outros servizos
A organización poñerá a disposición dos participantes un servizo de gardarroupa preto da liña de saída, avituallamento de meta e duchas a finalización da proba. Tamén habilítanse e sinalizaranse baños na zoa de saída, meta e outros puntos do percorrido.
Darase máis información detallada sobre localización de aparcadoiro, duchas, gardarroupa, e outros servizos a través da web da carreira https://www.santyago10.es
ART. 17: Clasificación
Realizaranse as seguintes clasificacións:
Clasificación xeral absoluta, masculina e feminina;
Clasificación por categorías, masculina e feminina: Sub20, Sub23/Senior e Master A, B, C.
ART. 19: Entrega de premios
O día da carreira, trala publicación de resultados no taboleiro de anuncios, farase a entrega de premios no estrado instalado na Praza do Obradoiro.
Os atletas premiados deberán atoparse na zona do pódium e estar atentos a súa chamada no momento que se faga o anuncio por altofalantes. Será necesario presentar o DNI ou pasaporte a efectos de identificación.
ART. 20: Reclamacións
Tódalas reclamación deberán efectuarse verbalmente o Xuíz Árbitro da proba, situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois da hora da publicación dos resultados oficiais.
ART. 22: Responsabilidade
O participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización de dita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil, que cubrirá as incidencias da proba.
ART. 26: Cambios no regulamento
A organización reservase o dereito de facer algún cambio no presente regulamento, se así fose necesario, debendo comunícalo na web oficial, redes sociais e por medio de correo electrónico a aqueles inscritos que o facilitaran durante a inscrición.
CONSIDERACIÓN FINAL
Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase polas normas da FGA, RFEA e da IAAF.
::
Comenta a SANTYAGO10K neste tema do foro
::
Información actualizada a 28/3/2022
Voltar