Calendario
Info da proba

Bueu - Cabo Udra

26/06/2022 11:00 - 13:30
Regulamento REGULAMENTO
 EVENTO: VI Cross Popular Cabo Udra
 ORGANIZA: ASBEL (Asociación por Beluso)
 DATA: domingo, día 26 de xuño de 2022
 LUGAR: Cabo Udra, na Parroquia de Beluso (Bueu).
 CATEGORÍAS:
- Pitufos 3 anos (2018)
- Pitufos 4 anos (2017)
- Pitufos 5 anos (2016)
- Minibenxamín (2014-15)
- Benxamín (2012-13)
- Alevín (2010-11)
- Infantil (2008-09)
- POPULAR: a partir de 2007
- ABSOLUTA: a partir de 2005
- ANDAINA: Aberta (NON competitiva)
QUEDA TOTALMENTE PROHIBIDA A PARTICIPACIÓN DE MENORES DO 2007 NAS CARREIRAS ABSOLUTA ou POPULAR
 HORARIO / DISTANCIAS CARREIRAS:
- 09.45 h: ANDAINA - 10 km
- 10.00 h: ALEVÍN - 900 m
- 10.05 h: BENXAMÍN - 450 m
- 10.15 h: MINIBENXAMÍNS - 250 m
- 10.25 h: PITUFOS 5 anos - 200 m
- 10.35 h: PITUFOS 4 anos - 150 m
- 10.40 h: PITUFOS 3 anos - 100 m
- 10.45 h: INFANTIL - 1.350 m
- 11.00 h: POPULAR – 4.200 m
- 12.00 h: ABSOLUTA - 10 km
 INSCRICIÓNS:
- PÁXINA WEB: www.championchipnorte.com / DATA LÍMITE: mércores 22 de xuño (23.30 h)
- IMPORTANTE: non se admitirán inscricións fora de prazo e soamente se garantirá o agasallo os/as
atletas que se inscriban antes do luns 20 de xuño (23.30 h).
- LÍMITE DE PRAZAS:
o Escolares: 40 por categoría (40 mas / 40 fem).
o Andaina: 200
o Popular: 100
o Absoluta: 300
 COTA INSCRICIÓN:
- CARREIRAS ESCOLARES: gratuíta
- ANDAINA: 7 €
- CARREIRA POPULAR: 10 €
- CARREIRA ABSOLUTA: 10 €
 TROFEOS:
- CARREIRAS ESCOLARES: 1º/2º/3º clasificado/a por categoría (mas + fem).
- CARREIRA POPULAR: 1º/2º/3º clasificado/a (mas + fem).
- CARREIRA ABSOLUTA: non acumulables.
o Absoluta: 1º clasificado/a (mas + fem).
o Senior (1983-2005): 1º/2º/3º clasificado/a (mas + fem).
o Veterano/a 40 (1973-1982): 1º/2º/3º clasificado/a (mas + fem).
o Veterano/a 50 (…..-1972): 1º/2º/3º clasificado/a (mas + fem).
 RECOÑECEMENTOS:
- 1º CLASIFICADO/A BUEU.
- PREMIO EQUIPOS: os equipos teñen que ser de 4 atletas, e poden ser masculinos, femininos ou
mixtos. A clasificación final determinarase en función dos 3 mellores tempos de cada equipo.
- EQUIPO CON +PARTICIPANTES.
- PARTICIPANTE DE +LONXE (mas / fem).
- PARTICIPANTE +VETERANO/A (mas / fem).
- PRIMEIRO INSCRITO/A (mas / fem).
 11.15 h: ENTREGA TROFEOS: pitufos, minibenxamín, benxamín, alevín e infantil.
 13.15 h: ENTREGA TROFEOS: popular, absoluta (absoluta + senior + veterano) e recoñecementos.
 AGASALLOS: entregaráselle un detalle a cada participante.
 SERVIZOS:
- CRONOMETRAXE: absoluta + popular
- APARCADOIRO
- DORSAL
- AVITUALLAMENTOS
- GARDAROUPA
- DUCHA
- BAÑOS
- RECUPERACIÓN (masaxistas)
 SEGURIDADE: a Organización contará cos seguintes medios para as probas:
- Seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes: estarán excluídos os derivados dun
padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis,…. Tamén os producidos
polos desprazamentos particulares ata/dende o lugar no que se desenvolve a proba.
- Ambulancia
- Servizos de Emerxencia: Policía Local, Protección Civil.
NORMATIVA DA CARREIRA
1. O evento desenrolarase dentro dos PROTOCOLOS COVID estipulados para esa data.
2. Os/as participantes deberán FACER CASO AOS MEMBROS DA ORGANIZACIÓN da proba en todo
momento. O non cumprimento deste punto, implicará a descualificación inmediata.
3. Poderán participar as persoas que o desexen, tendo que estar fisicamente ben preparado/a para a
carreira, gozar de boa saúde xeral sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que poida
agravarse coa súa participación en dita proba. O/a deportista ASUME que para a realización da proba é
necesaria unha boa condición física, psíquica e deportiva. Os menores de idade poderán participar
sempre e cando vaian acompañados dun adulto.
4. Todo participante, polo feito de inscribirse, ACEPTA AS CONDICIÓNS E REGULAMENTACIÓNS IMPOSTAS
pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera outro patrocinador ou
colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que puidera xurdir derivada da súa
participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro contratado.
5. Os/as atletas deberán estar na liña de saída, como moi tarde, 5 MINUTOS ANTES DO COMEZO DA
CARREIRA e participarán cos dorsais asignados pola Organización, quedando ven visible a súa
publicidade e tendo que levalo na parte na parte dianteira do corpo.
6. Os DORSAIS E CHIPS deberán ser recollidos nos puntos establecidos pola organización, alo menos 45’
antes do inicio da súa proba. Establecerase un punto de recollida 1 día antes no sitio da proba (Cabo
Udra), en horario de 16.00/19.00 h.
7. Quedará DESCALIFICADO/A desta proba todo o que non cumpra o presente regulamento, non complete
a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal ben visible ou
desatenda as indicacións da organización.
8. As RECLAMACIÓNS sobre a Competición deberán facelas a organización do evento.
9. A CLASIFICACIÓN XERAL oficial publicarase na web da empresa de cronometraxe.
10.A organización resérvase o DEREITO a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos
diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan
ou por forza maior.
11. A organización NON SE FARÁ RESPONSABLE dos obxectos de valor extraviados polos corredores.
12. Calquera inscrito/a que queira darse de baixa do evento, poderá facelo ata o 12 de xuño (23.59 h),
devolvéndolle o 75% da cota de inscrición. Pasada esa data, NON se fará efectiva tal devolución,
podendo solicitar á organización un cambio de datos por outro/a participante ata o dia 22 de xuño.
13. Os participantes AUTORIZAN o uso das imaxes realizadas durante o desenrolo das súas carreiras.