Calendario
Info da proba

Moraña

24/07/2022 10:30 - 13:30
Regulamento REGULAMENTO
VIII CARREIRA CARNEIRO Ó ESPETO 2022 MORAÑA

1.- O Concello de Moraña, en colaboración co Club Atletismo +9 Moraña e o Club Moraña en Ruta, e coa Deputación de Pontevedra, organizan a VIII Carreira Carneiro ó Espeto 2022, que terá lugar o domingo 24 de xullo a partir das 10:30 horas, estando situada a saída e a meta na Rúa 5 de Santa Lucía (Moraña).

2.- A carreira é aberta á participación de calquera persoa, sen necesidade de ter licenza federativa.

3.- O percorrido será un circuíto semiurbano ó que se darán dúas voltas ata completar 10 km. As distancias a percorrer adaptaranse ás idades de cada categoría. O circuíto será o seguinte: Rúa 5, Mos, Rúa 1, Rúa 12, Rúa Dr. Batallán, Rúa 3, Buelo, Rúa 7, Rúa 6, Rúa 5.
Por motivo de restriccións no tráfico, éste ano modifícase o percorrido, mantendo as distancias de 5 e 10 kms como nas edicións anteriores.

4.- Ás 10:30 será a primeira carreira. A entrega de premios será a partir das 13:15 h.
O tempo de realización máxima da carreira será de 1 hora e 10 minutos. Ao cumprirse este tempo, todas as persoas que aínda continúen no circuíto deberán retirarse e trasladarse á zona peonil. Consideraráselles “fóra de carreira” e non figurarán nas clasificacións. Se deciden continuar, estarán a facelo baixo a súa exclusiva responsabilidade, debendo cumprir en todo momento coa normativa de tráfico e seguridade viaria.

5.-Categorías (masculina e feminina):

Escolares
Chupetes: De 0 a 3 anos (poderán correr acompañados dun adulto). Non é competitiva.
Pitufos: Nacidos nos anos 2017-2018
Sub8: Nacidos nos anos 2015-2016
Sub10: Nacidos nos anos 2013-2014
Sub12: Nacidos nos anos 2011-2012
Sub14: Nacidos nos anos 2009-2010
Sub16: Nacidos nos anos 2007-2008
Sub18: Nacidos nos anos 2005-2006

Absoluta:
Sub23: De 18 a 22 anos
Senior: De 23 a 34 anos
Master A: masculino: de 35 a 44 anos
feminino: de 35 a 44 anos
Master B: masculino: de 45 a 54 anos
feminino: de 45 a 54 anos
Master C: masculino: de 55 a 64 anos
feminino: de 55 a 64 anos
Master D: masculino: de 65 anos en diante
feminino: de 65 anos en diante

Para que una categoría sea recoñecida debe ter o menos catro participantes na mesma, en caso de ser inferior, se lle incluirá na categoría inferior o superior.

CATEGORÍA HORA SAÍDA DISTANCIA
Absoluta 10:30 h 5 Km/10Km
Sub18 / Sub 16 11:45 h 2,8 Km (2 Vueltas) (E)
Sub 14 12:00 h 1,8 Km (F)
Sub12 12:10 h 1,4 Km (E)
Parellas 12:20 h 1,4 Km (E)
Sub10 12:35 h 1,1 Km (D)
Sub8 12:45 h 800 m (C)
Pitufos 12:55 h 300 m (B)
Chupetes 13:00 h 50 m (A)

6.- Este ano seguimos apostando pola carreira de parellas. As parellas poderán ser masculinas, femininas ou mixtas. Correrán con dobre dorsal co mesmo número e terán que saír, correr e chegar xuntos á meta. Quedarán descalificadas as parellas nas que os seus membros cheguen por separado.
Terán que inscribirse cun nome para a parella e especificar os nomes de cada participante.

7.- Premios:
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría e da xeral, excepto os chupetes, que levarán todos medalla, o non ser unha proba competitiva.

Haberá trofeos para a primeira parella masculina, feminina e mixta.

Haberá trofeo para o primeiro e primeira de Moraña da carreira absoluta.

Haberá trofeo para o corredor ou corredora de máis idade.

Camisetas técnicas e avituallamento para os participantes na liña de chegada.

Como en anos anteriores teremos a carreira absoluta de 10Km e 5Km. Os premios en metálico só se darán na carreira de 10Km. Na de 5Km levarán trofeo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos.

Haberá premios en metálico para os tres primeiros clasificados de cada unha das seguintes categorías:

CAT. SUB23 M/F ABSO M/F SENIOR M/F M.A M/F M.B M/F M.C M/F M.D M/F
1º 30€ 200€ 30€ 30€ 30€ 30€ 30€
2º 20€ 100€ 20€ 20€ 20€ 20€ 20€
3º 10€ 75€ 10€ 10€ 10€ 10€ 10€

Estos premios non son acumulativos: Só se entregará o de maior cuantía. Para recollelo, terá que presentarse o interesado/a provisto de DNI.

Haberá un premio de 100 euros para o clube con máis participantes que rematen a carreira de 10 Km. Mínimo 20 atletas.

8.- Inscricións:
As inscricións de todas as categorías faranse na páxina www.emesports.es ata o xoves 21 ás 23:59 h. Farán constar: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI e teléfono.

Non se admitirán inscricións o mesmo día da proba.

Inscrición absoluta (5 Km e 10 Km): 7€
Prezo inscrición parellas: 8€ a parella
Categorías: Sub18, Sub16, Sub14, Sub12, Sub10, Sub8 e Pitufos: 1€ (levarán chip)
Categoría chupetes: gratuíta

9.- Os atletas deberán estar na liña de saída 10 minutos antes do comezo da carreira.

10.- Será motivo de descalificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estime a Organización.

11.- A Organización non se fará cargo dos obxectos de valor extraviados polos corredores.

12.- A participación supón a total aceptación deste regulamento. Todo corredor, polo feito de tomar a saída, acepta tanto o presente regulamento coma as decisións que tome a Organización en caso de dúbidas.

13.- Haberá duchas no Pavillón Municipal de Deportes, a 600 metros da liña de meta.

14.- Prégase aos atletas de todas as categorías entreguen un kilo de comida non perecedeira no lugar de entrega de dorsais, xa que é unha carreira solidaria.

15.- A Organización da carreira servirá pinchos variados para todos os atletas participantes a partir das 12:30 h.

16.-Dereitos de imaxe:
Todos/as os/as participantes no momento de realizar a súa inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. O participante autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde relación co evento no que se subscribe. Coa realización da inscrición o participante admite que o organizador, poida facer uso da imaxe de todos os participantes en calquera formato xa sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet, carteis, medios de comunicación etc.). Todos os dereitos de imaxe pertencen aos organizadores (Atletismo +9 Moraña, Moraña en Ruta e Concello de Moraña).

17.- Outras consideracións:
A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos nas categorías escolares, horarios ou modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas aos participantes. Calquer aspecto non recollido neste regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA e RFEA, por esta orde, para probas en ruta en vigor. A organización da proba declina toda a responsibilidade dos danos que os/as atletas puideran ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación destos nas probas. A organización tampouco se responsabiliza dos obxectos persoais que poidan extraviarse ou danarse. Todos/as os/as atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presente regulamento e o descoñecemento do mesmo non exime do seu cumprimento.