Calendario
Info da proba

Xalo

24/04/2022 9:15 - 12:15
Regulamento XI Travesía do Xalo, Castelo (Culleredo)

Data: domingo, 24 de abril de 2022 a partires das 9:15 h.
Inscricións: Travesía do Xalo.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::

REGULAMENTO · XI EDICIÓN

1 / A asociación Castelo Deporte organiza, en colaboración co Concello de Culleredo, a Travesía do Xalo, que chega á súa décimo primeira edición.

2 / DATA E LUGAR
A proba celebrarase o domingo 24 de abril de 2022 no Monte Xalo, tendo a súa saída e a súa chegada no lugar de Folgueira (parroquia de Castelo), no termo municipal de Culleredo.

3 / DEFINICIÓN
Trátase dun evento deportivo composto por diferentes probas:
- Domingo 26 de abril Carreiras de 21 e 10 km.
Andaina de 10 km.
Carreiras infantiles de 2 km, 1 km, 250 m. e 80 m.

4 / RESPONSABILIDADE COA NATUREZA
A Travesía do Xalo promove os valores de respecto á natureza, favorecendo a conservación do monte, a súa flora e a súa fauna. Os participantes na proba deberán por esta razón empregar os contenedores de lixo dispoñibles. A organización empregará, sempre que sexa posible, material reutilizable e reciclable. Os elementos de marcaxe do percorrido recolleranse nas horas posteriores á proba, cando tamén se realizará a limpeza do mesmo. A comunicación en papel reducirase ao mínimo, dando prioridade ao soporte electrónico.

5 / CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías, en función da data de nacemento dos participantes, coas súas correspondentes distancias (existen ata seis percorridos diferentes):
• Pequerrechos Só nados logo do 01/01/2017 80 m.
• Prebenxamín Só nados entre o 01/01/2015 e o 31/12/2016 250 m.
• Benxamín Só nados entre o 01/01/2013 e o 31/12/2014 1 km.
• Alevín Só nados entre o 01/01/2011 e o 31/12/2012 1 km.
• Infantil Só nados entre o 01/01/2009 e o 31/12/2010 2 km
• Cadete Só nados entre o 01/01/2007 e o 31/12/2008 2 km
• Xuvenil Só nados entre o 01/01/2005 e o 31/12/2006 2 km
• Junior Nados entre o 05/05/2004 e o 31/12/2004 2 km.
• Absoluta 10 km. Nados antes do 26 de abril de 2004 10 km.
• Absoluta 21 km. Nados antes do 26 de abril de 2004 21 km.

A andaina (non competitiva nin cronometrada) constará dunha categoría única.

6 / HORARIOS
A Travesía do Xalo consta de seis distancias, a percorrer polos participantes en diferentes momentos da mañá do domingo 24 de abril, segundo o seguinte horario:
Carreira de 21 km. 9.15 horas
Carreira de 10 km. 9.30 horas
Andaina de 10 km. 9.45 horas
Carreira de 2 km. 13.00 horas
Carreira de 1 km. 13.15 horas
Carreira de 800 m. 13.30 horas
Carreira de 250 m. 13.45 horas

7 / INSCRICIÓNS E PREZOS
Permanecerán abertas ata o martes 19 de abril de 2022 ás 23.59 horas en www.emesports.es, cos seguintes prezos (os pagamentos realizaranse no momento da inscrición):

- Andaina e carreiras de 21 km. e 10 km. 20,00 € (25,00 € a partir do 1 de abril)
- Carreiras infantiles 5,00 € (8,00 € a partir do 1 de abril)

Os tres primeiros clasificados na carreira absoluta da pasada edición non pagarán inscrición.

8 / LÍMITE DE PARTICIPACIÓN
Disporanse un total de 350 prazas para a carreira de 21 km., de 200 prazas para a carreira de 10 km., e de 350 prazas para a andaina.

9 / PREMIOS
Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e feminina das carreiras.

10 / DORSAIS E CRONOMETRAXE
A proba estará cronometrada pola empresa Emesports. Os chips de cronometraxe entregaranse aos participantes xunto co dorsal, e poderanse recoller o día da proba entre as 8.00 e as 9.00 horas na polideportiva de Castelo. Cronometraranse electrónicamente as carreiras de 10 km. e 21 km.

11 / AVITUALLAMENTOS E SINALIZACIÓN
Para a carreira de 21 km. situaranse tres avituallamentos líquidos, un deles tamén sólido. Na andaina e na carreira de 10 km. haberá un avituallamento sólido e líquido.

O percorrido estará sinalizado con cinta de balizaxe.

12 / HORARIOS DE DESCALIFICACIÓN
A organización establece horarios de descalificación por motivos de seguridade e control dos participantes no percorrido da carreira absoluta. Estes horarios, de obrigado cumprimento para os participantes, poden ser consultados na web da proba. O incumprimento dos mesmos exime á organización de toda responsabilidade en relación á seguridade do participante, quedando o participante fóra da carreira, e tendo que entregar o chip de control.

13 / ABANDONO VOLUNTARIO
Agás en caso de ferida, só será posible abandoar nun punto de avituallamento marcado como tal. Queda prohibido abandoar a proba sen avisar previamente á organización.

14 / ABANDONO OBRIGATORIO
A organización poderá parar en calquera momento a un corredor ou obrigarlle a abandoar a proba se considera que o seu estado pon en perigo a súa integridade física ou a súa seguridade.

15 / AGASALLOS
Cada participante (agás no caso das carreiras infantiles) terá acceso, coa inscrición, a un agasallo conmemorativo, e recibirá tamén un ticket para xantar na churrascada popular que se celebrará na polideportiva de Castelo o domingo 24 de abril ao remate do evento.

No caso das carreiras infantiles os rapaces recibirán unha medalla (de chocolate no caso da categoría de pequerrechos). Todos aqueles rapaces que se anoten nestas carreiras o mesmo día do evento terán acceso a estes agasallos ou non, dependendo da dispoñibilidade dos mesmos.

16 / SERVIZOS
Ademais de contar cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na zona de meta, os participantes estarán cubertos polo correspondente seguro de accidentes da proba.

17 / RECLAMACIÓNS
As reclamacións aos resultados oficiais deberán formularse verbalmente á empresa de cronometraxe nas dúas seguintes ao remate da proba, ou por escrito no correo electrónico info@travesiadoxalo.gal nas vintecatro horas posteriores ao remate da proba.

18 / DEREITOS DE IMAXE
Os participantes renuncian a empregar os seus dereitos de imaxe e autorizan á organización e aos seus patrocinadores a empregar e publicar libremente calquera fotografía ou vídeo gravado no contexto da proba.

19 / ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO
A inscrición dos participantes está condicionada á aceptación do presente regulamento.

20 / DESCALIFICACIÓN
Serán motivos de descalificación:
- Atallar ou percorrer conscientemente tramos do percorrido diferentes ao oficial
- Tirar no monte lixo de calquera tipo
- Non asistir a outro participante en dificultades
- Non pasar polos avituallamentos ou puntos de control
- Sair dun punto de control logo da hora de descalificación
- Abandoar a carreira sen avisar á organización

21 / SUSPENSIÓN
No caso de que polas condicións meteorolóxicas non fora posible que a proba dera comezo, a organización resérvase o dereito de suspendela, neutralizala ou modificar o seu horario, o percorrido e os avituallamentos. Neste caso non se devolverá o importe da inscrición.

No caso de suspensión da proba por causas de forza maior e cunha antelación de máis de sete días en relación á data da mesma, realizarase un reembolso parcial da inscrición, fixado en función dos gastos non recuperables pola organización.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::



Información actualizada a 23/3/2022