Calendario
Info da proba

Pontecesures

16/01/2022 11:00 - 12:30
Regulamento O Concello de Pontecesures organiza a “ XXI Carreira Popular de Pontecesures” que se celebrará
o Domingo 16 de xaneiro de 2022 a partir das 11:00 horas.
Tras o éxito da anterior edición, na que puidemos mostrar o noso perfil máis solidario na loita
contra a violencia de xénero, non queremos deixar de comprometernos coas persoas que peor o
están a pasar e, polo tanto, A “XXI CARREIRA POPULAR_RUN FOR THEM”, en esta ocasión,
servirá para recadar fondos, en colaboración con Cruz Vermella, que serán destinados a axudar
ás persoas damnificadas polo volcán de La Palma, que está a deixar tras de sí perdasincalculables
tanto a nivel material como persoal.
REGULAMENTO
1. LUGAR
As probas disputaranse na data sinalada a partir das 11:00 horas da mañá na localidade
de Pontecesures nun circuito urbano con saída e chegada na Praza do Coche de Pedra.
A entrega de dorsais realizarase a partir das 9:00 horas na mesma praza (en caso de
chuvia, na Praza de Abastos).
Asimesmo, as persoas que o desexen poderán recoller os dorsais o sábado 15 de xaneiro
nas oficinas da Casa do Concello de Pontecesures de 18:00 a 20.00 horas (Avenida de Vigo, nº 2).
2. CATEGORIAS E HORARIOS
CATEGORIAS ANO NACEMENTO DISTANCIA HORA
Biberón 2017 e posteriores +/- 200 m. 12:40
Pitufos/as 2015-2016 +/- 500 m. 12:30
Benjamín (sub10) 2013-2014 +/- 1.000 m 12:15
Alevín (sub 12) 2011-2012 +/- 1.000 m 12:00
Infantil (sub 14) 2009-2010 +/- 1.800 m 11:45
Cadete (sub 16) 2007-2008 +/- 1.800 m 11:45
Junior (sub 18) 2003-2006 4K/8K
11:00 Sénior 1987-2002 4K/8K
Máster A 1977-1986 4K/8K
Máster B Anteriores a 1977 4K/8K
Os/as atletas de categoría JUNIOR ou superiores poderán, no momento de inscribirse,
elixir entre participar no circuito 4K ou 8k, significando esto que o tempo que se terá en conta
para as clasificacións será aquel que o/a atleta obteña no percorrido para o que estea inscrito/a.
O resto de categorías escolares realizarán circuitos deseñados para cada unha segundo o
ano de nacemento.

As persoas participantes deberán situarse na saída 5 minutos antes da hora prevista para
o comezo de cada proba segundo categorías.
3. PARTICIPANTES
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa.
O control das carreiras estará a cargo da empresa Emesports Events e a cronometraxe
das diferentes probas levarase a cabo de xeito electrónico mediante chips (excepto biberóns e
pitufos) que serán entregados a todas e todos os corredores inscritos xunto cos dorsais.
As/os atletas participarán cos dorsais tal e como son asignados pola organización e
deberán colocalos na parte anterior do corpo e de xeito visible.
Debido á situación sanitaria derivada da COVID-19, todas as persoas participantes
deberán levar a máscara posta no momento da saída e durante os primeiros 500 metros do
circuito así como no momento de rematar a proba ou no caso de abandonar.
Poderás consultar a clasificación e os teus tempos na páxina web de Emesports;
http://emesports.es/
4. INSCRICIÓNS
Todas as persoas que desexen participar no 21 aniversario do evento (e correr por eles)
poderán facer a súa inscrición ata o 13 de xaneiro de 2022 ás 23:59 no sitio http://emesports.es/,
onde deberán cubrir os datos do formulario de inscrición dun xeito moi sinxelo e, mediante a
modalidade de pago por tarxeta, efectuar o pago, se corresponde.
O prezo da inscrición para todas as categorías de JUNIOR a MÁSTER é de 6 euros, os cales
serán donados íntegramente a Cruz Vermella.
Todas as categorías escolares, de BIBERÓNS a CADETE, poderán correr de balde, aínda
que deberán formalizar a súa inscrición tamén.
No momento de formalizar a inscrición, todas as persoas participantes terán a opción de
facer un donativo a título persoal para contribuir a incrementar a recadación.
Poderás coñecer o estado da túa inscrición entrando na listaxe de inscritos na web da
carreira en http://emesports.es/
Non se aceptarán inscricións no mesmo día da carreira nin fóra de prazo.
Para calquera dúbida, poderás poñerte en contacto no mail soporte@emesports.es

5. PREMIOS E AGASALLOS
A entrega de premios será ás 13:00 horas na propia Praza do Coche de Pedra, ou na Praza de
Abastos, en caso de choiva.
-Camisetas:
Todas e todos os participantes inscritos/as na proba recibirán unha camiseta técnica no
momento de recoller o seu dorsal.
-Medallas:
3 primeiros/as de cada categoría escolar establecida neste regulamento, agás nas categorías
biberón e Pitufx, onde se entregará medalla a cada participante.
3 primeiros/as de cada categoría das probas absolutas.
-Trofeos:
3 primeiros/as na clasificación xeral do 4K
3 primeiros/as na clasificación xeral do 8K
Á persoa participante de máis idade que logre concluir a proba polos seus propios medios.
-Premios para clubs (*)
1º Clasificado — 300€
2º Clasificado — 200€
3º Clasificado — 100€
*A clasificación de clubes establecerase a través dos 8 primeiros clasificados do mesmo pola
suma dos seus postos na clasificación xeral das probas absolutas. Os clubes deberán estar
compostos por alomenos 8 compoñentes, homes e/ou mulleres, que logren cruzar a liña de meta.
Os premios non serán acumulables en ningún caso.

6. OUTRAS CONSIDERACIÓNS
i).- A celebración do evento queda suxeita a posibles cambios en función da evolución da
situación epidemiolóxica e da normativa en materia sanitaria debido á COVID-19.
A ORGANIZACIÓN PODERÁ SUSPENDER OU ADIAR A PROBA DEPENDENDO DA SITUACIÓN
SANITARIA, DEBENDO FACELO PÚBLICO POLOS CANAIS QUE CONSIDERE
OPORTUNOS (PRENSA, RRSS, …)
ii).- Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes e tamén a entrada ao
circuíto de toda persoa allea á carreira.
iii).- A Organización resérvase a facultade de decidirsobre calquera aspecto ou circunstancia non
contemplada neste regulamento. A participación nas probas suporá a total aceptación deste
Regulamento.
iv).- Haberá servizo de duchas no Pavillón Polideportivo Municipal e no Club Náutico de
Pontecesures, agás no caso de prohibición por parte das autoridades sanitarias.
v).- ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída/meta. Os servizos médicos e os organizadores da competición están facultados para retirar
da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
vi).- SEGURO: Todos as persoas participantes estarán amparadas por unha póliza de
Responsabilidade Civil que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemiento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico
que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento
puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demáis organizadores.
Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización,
que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
vii).- ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todas as persoas participantes, polo feito de inscribirse
e tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir
alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña a Organización.

7. PROTOCOLO ADAPTACIÓN COVID-19
As persoas participantes deben coñecer e asumir o risco inherente á práctica deportiva en canto
a un posible contaxio e iso aínda cando a organización adopte toda unha serie de medidas para
que isto non se produza. Nalgúns casos a adopción de tales medidas por parte da organización
do evento poderá alterar ou modificar a dinámica habitual de desenvolvemento do evento.
Todos/as os/as atletas deberán permanecer en todo momento coa máscara posta salvo no
momento da actividade deportiva en sí (tendo en conta a medida de manter a máscara posta
durante os primeros 500 metros).
Unha vez finalizada a carreira, os/as atletas deberán colocar a máscara, ben empregando unha
persoal ou a facilitada pola organización.
Condicións de participación (12 anos e maiores)
Para a participación e a entrega do dorsal,será imprescindible amosar o certificado de vacinación
COVID ou a aportación do certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha
antelación máxima de 72h á celebración da proba ou ben a aportación de certificado médico
conforme se superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180
días anteriores a celebración da proba. Calquera de unha destas tres condicións deberá ser
amosada á organización no momento da recollida do dorsal.
-No caso de haber mais de 300 atletas nalgunha das categorías, procederase a establecer saídas
escalonadas mediante caixóns, medida que será comunicada en minutos previos ao
desenvolvemento da proba.
Condicións de participación (menores de 12 anos).
Non será preciso nin o certificado de vacinación, test de antíxenos ou certificado médico
conforme se superou a infección por COVID-19. No seu defecto, sí que será preciso a entrega da
Declaración Responsable, dispoñible neste regulamento, no momento da recollida de dorsais.
-Aplicarase a excepcionalidade de saídasindividuais ou en quendas de ata 20 atletas,so en atletas
menores de 12 anos, que deberán manter a distancia de seguridade de 1,5m na saída, e que
poderán retirar a máscara no momento da indicación do xuíz de saídas ou da organización,
momentos antes da saída cando todos/as os/as atletasse achegan a posición de: aos seus postos
antes do disparo. Sendo a cadencia mínima entre quendas de 20 segundos. Unha vez finalizada
a carreira, o/a atleta deberá colocar a máscara, ben empregando unha persoal ou a facilitada
pola organización.
- Recoméndase o uso de máscara por parte dos/as atletas menores de 6 anos.