Calendario
Info da proba

Barreiros

09/01/2022 12:00 - 13:30
Regulamento II CARREIRA POPULAR SOLIDARIA DE REIS 2022
1. DENOMINACIÓN:
II Carreira Popular Solidaria de Reis 2022
2. EDICIÓN:
Segunda
3. ORGANIZA:
 Concello de Barreiros. Concellería de Dinamización e Participación Cidadá
 Asociación Deportiva Augas Santas de Barreiros
4. COLABORAN:
 Deputación Provincial de Lugo. Vicepresidencia. Área de Deportes, Artesanía e Deseño e Memoria
Histórica
 AVPC de Barreiros
 C.F. Celta Barreiros
5. LUGAR, DATA e HORARIO:
- Todas as probas terán saída e chegada no campo de fútbol “O Cascabeiro” do CF Celta Barreiros e
os seus percorridos desenvolveranse íntegramente dentro da parroquia de San Cosme de
Barreiros.
- Domingo 9 de xaneiro de 2021
6. PARTICIPANTES, CATEGORÍAS E HORARIOS:
Estímase unha partición máxima duns 150 atletas.
A recollida de dorsais será no propio campo de fútbol “ O Cascabeiro”, ás 9.30 horas
 Categorías, horarios e distancias probas participantes menores de 16 anos:
- 11.00 horas: Pituf@s (NADAS/OS 2017 E POSTERIORES) Non competitiva e mixta: 100 metros
- 11.05 horas: SUB - 8 (NADAS/OS 2015- 2016) Non competitiva e mixta: 200 metros
- 11.10 horas: SUB - 10 (NADAS/OS 2013-2014) (masculina e femenina): 400 metros
- 11.15 horas: SUB - 12 (NADAS/OS 2011-2012) (masculina e feminina): 800 metros
- 11.20 horas: SUB - 14 (NADAS/OS 2009-2010) (masculina e feminina): 1.300 metros
- 11.30 horas: SUB - 16 (NADAS/OS 2007-2008) (masculina e feminina): 2.500 metros
 Categorías proba absoluta (a partir de 16 anos):
 Saída ás 12.00 horas
 Distancia: 7.400 metros
- SUB - 23: Nadas/os entre 2006-2000 (feminina e masculina)
administracion@concellodebarreiros.gal • www.concellodebarreiros.gal
Rúa Vila nº 63. 27790 Barreiros (Lugo) • Telf. 982 124 002 • Fax 982 124 110
- Senior: 1988-2000 (feminina e masculina)
- Veteranas/os "A" : 1978-1987 (feminina e masculina)
- Veteranas/os "B" : 1968-1977(feminina e masculina)
- Veteranas/os "C" : Anterior a 1968 (feminina e masculina)
7. PERCORRIDOS:
Todas as probas terán saída e chegada no campo de fútbol “O Cascabeiro”, do CF Celta Barreiros.
7.1. PERCORRIDOS PROBAS PARTICIPANTES MENORES DE 16 ANOS:
- Os percorridos das categorías PITUF@S, SUB-8, SUB-10 E SUB-12 serán dentro do campo:
- Percorrido categoría SUB-14: distancia 1.300 metros
- Percorrido categoría SUB-16: distancia 2.500 metros
7.2. PERCORRIDOS PROBA ABSOLUTA:
- Percorrido categorías absolutas: distancia 7.400 metros
8. INSCRICIÓN E PREZOS
O prazo de inscrición estará aberto do 16 de decembro ata o xoves 6 de xaneiro, e realizarase online a través
da web www.maiskmsbarreiros.gal ou en www.championchipnorte.com.
A inscrición nesta carreira aparella a inscrición automática de cada participante no "CIRCUITO +KMBARREIROS"
na categoría correspondente do circuíto, podendo ser esta distinta á da carreira.
A inscrición para as categorías menores será de balde pola web durante o prazo de inscrición.
A inscrición para a carreira ABSOLUTA, será de 7€ mais 1€ de aluguer aos non propietarios de chip
amarelo.
➢ A organización doará o 30% de cada inscrición a prol do proxecto socioeducativo "Sinfónico no rural" da
Fundación Xesús Bal y Gay.
9. PREMIOS
⮚ Tódalas/os participantes nas categorías infantís recibirán ao rematar a carreira unha medalla pola súa
participación.
⮚ Nas categorías infantís competitivas (SUB-10, SUB-12, SUB-14 e SUB-16), a maiores das medallas, os e
as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría, recibirán un trofeo.
⮚ Nas categorías absolutas haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados e/ou clasificadas de cada
categoría, así como un trofeo especial para os 3 gañadores ou gañadoras da categoría absoluta.
10. SEGUROS
A proba atópase cuberta polo seguro que o Concello de Barreiros mantén subscrito coa compañía Reale
Seguros Generales, SA, con número de póliza 1332000001575.
Asemade contarase tamén cun seguro de accidentes que cumpra os requisitos legais para unha proba deste
tipo.
11. SERVIZOS ADICIONAIS
O evento contará con servizo asistencial de ambulancia e servizo médico, que asistirán a todas as persoas
participantes que o precisen.
Todos os percorridos estarán debidamente sinalizados. No caso da carreira absoluta, esta será de carácter
dinámico. Non se pechará o tráfico das vías rodadas, agás durante o paso dos corredores, para o cal contarase
cun vehículo de protección civil que encabezará a carreira e outro vehículo municipal que a pechará, ámbolos
dous dotados da sinalización correspondente (bandeiras vermella e verde).
Ademais dos vehículos anteditos, todas as carreiras competitivas estarán encabezadas por dúas persoas en
bicicleta e rematadas por outra.
Tamén asistirán as probas efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros e persoal
auxiliar designado pola organización.
12. OUTRAS DISPOSICIÓNS
- Poderán participar atletas tanto federados e federadas como non federados/as.
- Non se poderá acompañar ás persoas participantes no desenvolvemento das probas (nin correndo nin en
bicicleta), agás na proba de Pituf@
- Nas probas será obrigatorio o emprego de chip de cronometraxe que deberá colocarse na zapatilla. Se a
persoa participante conta cun chip amarelo, deberá competir con el. Se, pola contra, o chip é alugado para
este evento, terá que devolvelo ao remate da carreira.
- O dorsal colocarase visiblemente no peito da corredora ou corredor, sen que se poida facer ningunha
modificación no mesmo.
- Todas as persoas participantes, coa súa inscrición, aceptan integramente o contido desta
memoria/regulamento, e autorizan á organización á toma de imaxes e ao seu uso para os fins que lle son
propios.
13. PROTOCOLO DE PREVENCIÓN DA COVID-19
No momento de recollida do dorsal será tomada a temperatura a cada un dos participantes.
A organización marcará zonas de uso obrigatorio de máscara, coincidindo cos lugares de maior afluencia de
persoas (saída e chegada).
Todo o material será de uso individual
Non está permitido o uso de duchas nin vestiarios do recinto
O avituallamento será individual e entregarase por membros da organización.