Calendario
Info da proba

Brión - APLAZADA

02/01/2022 10:00 - 11:00
Regulamento O Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago e o Concello de Brión, co-organizan a II
CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA – CONCELLO DE BRIÓN, que se celebrará o Domingo 2
de Xaneiro de 2022 a partir das 10:00h. na Carballeira de Santa Minia (Concello de Brión).
NORMATIVA XERAL
A II CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA – CONCELLO DE BRIÓN rexerase polas actuais
regulamentacións de Seguridade Viaria do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que
establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real
Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003
sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a
contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).
A proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do Concello de Brión. Tamén
contará con un seguro de accidentes que terá as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto
849/199.
Así mesmo a proba contará cun servizo médico-sanitario composto dunha ambulancia e un
médico.
A organización resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como aprazar ou
suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade, circunstancias que
serán comunicadas aos participantes con tempo suficiente.
No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba será
suspendida automaticamente.
Debido a COVID-19, debemos adaptarnos ás condicións impostas por Sanidade para a
celebración de eventos deportivos. Así as cousas estamos obrigados, para poder levar a cabo o
evento, a asumir unhas condicións que garantan a seguridade sanitaria para todos os entes
implicados (organización, participantes, voluntariado...). Estas medias son obrigatorias e
explícanse no anexo PROTOCOLO COVID-19.
PARTICIPANTES
Poderán participar atletas tanto federados como non federados, maiores de 18 anos, con un
límite de 300 participantes.
Tódolos participantes deben recoñecer estar en perfecto estado físico e de saúde ó realizar a
inscrición e no momento da proba.
Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá
participar de trofeos nin de clasificacións. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
Os participantes na II CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA – CONCELLO DE BRIÓN estarán
rexidos pola conducta “fair play” e comprométense a levar durante a realización da mesma un
comportamento leal e sincero ademais de correcto no deporte, en especial fraterno cara o
contrincante, respectuoso coa organización e correcto cos asistentes.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a
continuación se expoñen:
- O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes
recoñecementos de saúde.
- Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo constar
no reverso do dorsal da proba.
- O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e internet, (…) para a promoción do deporte. Calquera
persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.
DISTANCIA, PERCORRIDO E HORARIOS
A cronoescalada realizarase sobre un circuíto de aproximadamente 7kms (90% camiños de
monte), e descorre dende a Carballeira de Santa Minia ata as Torres de Altamira. Estará
sinalizado con cinta de balizar e frechas indicativas, e estará controlado por persoas voluntarias
que se situarán visiblemente nos cruces mais importantes.
O circuíto ten unha dificultade técnica e física MEDIA e conta con 320m. de desnivel positivo
aproximado.
A saída dos participantes, que será na Carballeira de Santa Minia, comezará as 10h. e en grupos
de 4 por orde alfabética de apelidos e con 30s de diferencia entre cada grupo. Os participantes
deberán estar na zona de saída 10 minutos antes da hora asignada.
Tódolos participantes ao chegar á meta terán que voltar por conta propia ata a Carballeira de
Santa Minia. Habilitarase un circuíto alternativo para chegar ata o punto de saída e así facilitar
o regreso.
É responsabilidade de cada corredor localizar a sinalización e seguila. Algúns tramos de enlace
discorren por estradas, non estando estas pechadas ao tráfico rodado, polo que os participantes
deberán respectar as normas xerais de tráfico ou as instrucións da organización.
Ao chegar a liña de meta entregaráselle a todos os participantes unha bolsa con auga e unha
mascarilla que deberán colocar inmediatamente.
Está totalmente prohibido deixar residuos ou lixo tirado no percorrido da proba. No caso de que
se observe a calquera participantes omitindo esta norma será automaticamente
descualificado/a.
A recollida de dorsais será na carpa situada ao carón da Casa da Cultura de Brión ata 15 minutos
antes da hora de saída de cada participante. Non se poderán formar aglomeracións e de
formarse cola deberá respectarse a distancia de 2 metros entre persoas.
INSCRICIÓN, PREZOS E SISTEMA DE CRONOMETRAXE
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.galitiming.com, ata o 27 de decembro
as 23:59h. ou unha vez se completen o total de 300 inscricións. NON SE ADMITIRÁN
INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN POR OUTROS MEDIOS.
Para o control de tempos da carreira todos os participantes deberán levar un CHIP que lles será
entregado xunto co seu dorsal e que irá colocado na parte de atrás do mesmo. SERÁ NECESARIO
DEVOLVELO UNHA VEZ QUE FINALICE A PROBA.
As persoas deportistas inscritas comprométense a aceptar estritamente o presente
regulamento e calquera posible modificación. O descoñecemento do mesmo, non exime do seu
cumprimento.
As persoas non inscritas oficialmente e que tomen parte da carreira a modo particular, sen ser
autorizadas polo organizador, non están amparadas polos seguros da proba. A organización non
se fará responsable dos danos que estas persoas poidan causar ou causarse.
O prezo da inscrición será de 5€ + 1k de alimentos // A recadación en metálico será doada
integramente a ART FOR DENT, un proxecto artístico e 100% solidario, que nace no ano 2020 en
Brión a raíz do diagnóstico da enfermidade de Hugo Yañez, e que ten como principal obxectivo
recadar fondos para apoiar a ASDENT na investigación da enfermidade de DENT. Os alimentos
recollidos irán ao banco de alimentos municipal de Brión.
Todos os participantes na proba, polo mero feito de realizar a inscrición , aceptan todas e cada
unha das regras do presente regulamento e no caso de dúbida, sempre prevalecerá o criterio da
Organización.
CLASIFICACIÓNS E TROFEOS
Establecerase unha clasificación individual segundo o tempo que a cada participante lle leve
completar o circuíto. Así mesmo recibirán un trofeo conmemorativo da proba as tres primeiras
mulleres e os tres primeiros homes que realicen o percorrido no menor tempo. Tamén se
entregará un trofeo ao equipo mais numeroso (o equipo organizador queda excluído este
trofeo).
A entrega de premios celebrarase, segundo se indica no anexo PROTOCOLO COVID-19, na
Carballeira de Santa Minia 1/2 hora despois de que o último participante finalice a proba.
Dado o espírito deportivo e solidario da proba non se admitirán reclamacións ás clasificacións.
NOTAS FINAIS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída. Os servizos médicos e a organización da competición están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento
da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa
do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico
que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento
puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de
imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a
saída na carreira, aceptan o presente regulamento.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.