Calendario
Info da proba

Monterroso - San Silvestre

31/12/2021 17:00 - 18:00
Regulamento REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello de Monterroso e o colectivo Correr en Monterroso organizan a V San Silvestre
de Monterroso. A proba terá lugar o vindeiro venres 31 de decembro, con saída e meta na
Praza Conselleiro Fernando Salgado (lado este da cúpula) e discorrerá pola contorna da vila.
A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición
física suficiente para rematar a proba.
Artigo 2: Categorías, distancias e horarios:
O circuíto será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola
organización. O percorrido estará controlado por persoas e vehículos da organización. A
PREVISION MAXIMA DE PARTICIPANTES SERA DE 300. A saída de cada proba será na
Praza Conselleiro Fernando Salgado.
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2015 e posteriores) 16.30 h 150m
PROMOCIÓN (2012-2014) 16.35 h 400m
SUB 12 (2010-2011) 16.45 h 1000m
SUB 14 (2008-2009) 16.45 h 1000m
SUB 16-18 (2004-2007) 16.45 h 1000m
SENIOR (1987-2003) 17.00 h 4500m
MÁSTER (1986 e anteriores) 17.00 h 4500m
Artigo 3: Peche de control:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 40’ despois da saída da mesma.
Artigo 4: Condicións de Participación:
➢ As inscricións faranse a través da paxina web da Federación Galega de Atletismo
www.carreirasgalegas.com
➢ A inscrición pecharase o 26 de decembro ás 23:59 horas.
➢ Non se admitirán inscricións fora de prazo.
➢ A inscrición na proba é persoal e intransferible
➢ A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se
expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse á organización, patrocinadores comerciais
ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición,
todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as
imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
➢ No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a
decisión quedará en mans da organización.
➢ A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán
capacitados para descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
• Non respectar as indicacións dadas pola organización.
• Non realizar todo o circuíto da carreira.
• Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
• Falsificar datos persoais.
➢ Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da
FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por
instancias superiores
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo
www.carreirasgalegas.com
Os dereitos de inscrición na carreira absoluta terá un custe de 5€. Nas probas de menores
serán gratuítos. Parte do recadado será destinado a fines sociais para axudar as familias máis
desfavorecidas do concello
A inscrición pecharase o 26 de decembro ás 23:59 horas.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén
deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número de
licenza e o clube. Mellor rexistro en 5k ou 10k para organizar as saídas.
Artigo 6: Retirada de Dorsais:
Os dorsais poderanse retirar os días 30 e 31 de decembro no Espazo Lorenzo Varela de
09:30 a 13:30. O día da proba poderán recollerse tamén na zona habilitada pola organización
(na cúpula) ata 45’ antes da saída de cada proba.
Artigo 7: Premios:
➢ Premio aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
➢ Premio aos primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como femininos.
➢ Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá
premiacións para esta categoría nin se farán clasificacións.
➢ Na categoría de PROMOCIÓN, SUB 12, SUB 14 e SUB 16-18 darase medalla a todos
os participantes, así como trofeo aos primeiros clasificados tanto masculino como
feminino.
➢ Trofeo ao primeiro/a clasificado/a locais da carreira absoluta.
➢ Trofeo ao corredor/a ca vestimenta máis orixinal.
➢ A entrega de premios será na zona de meta, na cúpula, en torno ás 17.40h.
Artigo 8: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Baños na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais e imperdíbeis.
4. Vestiarios na cúpula.
5. Avituallamento na zona de saída da proba (cúpula).
6. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao
organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros
sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).
Artigo 9: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa
do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia
das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
Artigo 10: Aceptación do regulamento:
A inscrición na proba conleva a autorización da publicación de fotografías ou vídeos da
participación na mesma, así coma os resultados.
Artigo 11: Cambios do regulamento:
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o
considerase, e deberá
comunicalo na web e na información ás persoas participantes.
Artigo 12: Cambios do desenrolo da actividade e protocolo COVID:
As condicións de desenrolo da actividade pódense ver alteradas pola situación da pandemia. O
protocolo COVID a aplicar durante o evento publicarase na web da carreira
www.correrenmonterroso.es e nas redes sociais na semana de celebración da mesma. Este
protocolo axustarase a situación sanitaria na semana da carreira. Tódolos participantes no
evento teñen a obriga de consultalo protocolo COVID e cumplilo en todo momento a fin de que
teñamos unha San Silvestre segura para todos.