Calendario
Info da proba

Castro de Rei

09/01/2022 10:30 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello de Castro de Rei organiza a IV Carreira Popular Concello Castro de Rei. A
proba celebrarase o vindeiro Domingo 9 de Xaneiro, con saída na Casa do Concello e
discorrerá por vías da Deputación de Lugo. A meta será no Campo da Feira de Castro Riberas
de Lea.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a todos os atletas, ATA UN MÁXIMO DE 500 ATLETAS, federados ou
non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa
responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.
A Carreira cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e
actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do
protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola
Secretaría Xeral para o Deporte, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en
todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID19 que establezan as
autoridades sanitarias en cada momento. Polo que a organización, por causas de forza maior,
reservaranse o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios: (axúntase plano do percorrido)
O circuíto será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola
organización. o percorrido estará sinalizado en cada punto quilométrico.
A saída da proba será no núcleo de Castro de Rei, dende a casa do Concello, e a meta
en Castro Riberas de Lea. A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un
servicio de autobuses para trasladar aos deportistas dende o Pavillón municipal de
Castro Riberas de Lea ata á saída na Casa do Concello de Castro de Rei.
O servicio de autobuses comezará ás 09.30, sendo o último servizo ás 10.00h
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2016 e posteriores) 12.15 h 150m
PROMOCIÓN (2013-2015) 12.20 h 600m
SUB 12 (2011-2012) 12.25 h 1000m
SUB 14 (2009-2010) 12.35 h 2000m
SUB 16-18 (2005-2008) 12.35 h 2000m
SENIOR (1987-2004) 10.30 h 14600m
MÁSTER A (1979-1986) 10.30 h 14600m
MÁSTER B (1970-1978) 10.30 h 14600m
MÁSTER C (1969 e anteriores) 10.30 h 14600m
Artigo 4: Peche de control:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 100’ despois da saída da mesma.
Artigo 5: Condicións de Participación:
• As inscricións faranse a través da paxina web da Federación Galega de
Atletismo www.carreirasgalegas.com
• A inscrición pecharase o martes 04 de xaneiro ás 23:59 horas.
• Non se admitirán inscricións o dia da proba.
• A inscrición na proba é persoal e intransferible
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación
se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse á organización, patrocinadores
comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización
da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización,
que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento,
a decisión quedará en mans da organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán
capacitados para descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
➢ Falsificar datos persoais.
• Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición
da FGA, RFEA e WA para a presente tempada, así como todo o
regulamentado por instancias superiores.
Artigo 6: Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo
www.carreirasgalegas.com
Os dereitos de inscrición na carreira de menores serán gratuítos. Na proba absoluta terá
un custe de 4€ ata o 30 decembro, e 10€ dende o 31 de decembro ata o 4 de xaneiro.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
enderezo, marca en 10k (para organizar as quendas de saída se fora preciso) concello de
empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberán sinalar se corre
como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número de licenza e o clube.
Artigo 7: Retirada de Dorsais:
• De forma anticipada na tenda de Atmosphera Sport “Deportes A Chaira” sita en
Salvador de Madariaga nº2 o venres 7 de xaneiro de 16:30h a 20:00h e o
sábado 8 de 10:30 a 13:30h.
• O día da proba no Pavillón Municipal ata as 10.30h, a partir desa hora a zona
de recollida de dorsais trasladaráse á zona de meta (carballeira de Castro
Riberas de Lea.
Artigo 8: Premios:
• Trofeo ós tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
• Trofeo ós tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría.
• Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos
para esta categoría nin se farán clasificacións.
• Nas categoría dende PROMOCIÓN ata SUB 16-18 darase medalla a todos os
participantes, así como trofeo ós tres primeiros/as clasificados/as.
• Trofeo ó primeiro/a atleta local da carreira de adultos (o requisito será estar
empadroado/a no Concello de Castro).
• A entrega de premios será na zona de meta (Carballeira) e comezará,
aproximadamente, ás 12.45h.
Artigo 9: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes) nas inmediacións do Pavillón
Municipal.
2. Baños, vestiarios e duchas no pavillón municipal de Castro Riberas de Lea, a escasos
300m da liña de meta..
3. Roupeiro, os participantes poderán deixar na saída a roupa nunha bolsa cunha
identificación, e un vehículo transportaraas ata a liña de meta.
4. Servizo de autobuses. A organización poñerá a disposición dos participantes na proba
un servicio de autobuses para trasladar aos deportistas dende a zona de meta á saída.
O servicio de autobuses comezará ás 09.30h, sendo o último servizo ás 10.00h.
Prégase a todos os participantes que non esperen ao último servizo posto que poderán
ir abrigados e despois deixar a roupa no servizo de roupeiro.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Pinchos e bebidas ao remate da última carreira para todos os participantes.
7. 2 Avituallamentos líquido (km 5 e 10) na carreira de adultos.
8. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da
proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca
compañía de seguros que corresponda).
Artigo 10: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa
do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia
das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.