Calendario
Info da proba

Cangas de Foz

12/12/2021 11:00 - 15:00
Regulamento 1. DATA:
A Run Foz Run en colaboración co Club Atletismo Ría de Foz e C.M.V.M. Cangas organizan a I Edición do CROSS OS CASTROS o día 12 de Decembro de 2021 na localidade de Cangas de Foz.
2. PARTICIPANTES:
Poderán participar na categoría absoluta todas aquelas persoas nacidas dende o ano 2006 (incluído) que o desexen, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola Organización.
O evento desenvolverase en tres fases diferenciadas, carreira de pitufos cun máximo de 100 participantes, carreiras de categorías inferiores correspondentes ao programa escolar XOGADE, sendo a sede da primeira preparatoria de Cross da Mariña e unha competición de Cross Absoluta de maneira individual e por equipos cun máximo de 250 participantes. A organización resérvase 50 prazas a maiores para deportistas convidados/as.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN:
Quen participe comprométese a aceptar o presente regulamento e calquer posible modificación da proba obrigada por causas alleas á vontade da organización. A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que se inclúen neste regulamento.
Todo/a participante inscrito/a declara:
• Que se considera nun estado de saúde óptimo para participar no I CROSS OS CASTROS.
• Que ten lido, entendido, aceptado e se compromete a cumprir o protocolo de prevención COVID-19 desta proba, colaborando en todo o posible coa Organización.
• Que exime de responsabilidade á Organización pola perda de obxectos persoais ou roubo, así como como por calquera contaxio de calquera enfermidade que puidera sufrir durante o evento deportivo.
• Que autoriza sen contraprestación algunha a que a Organización faga uso de calquera tipo de material audiovisual no que poida figurar o/a participante, aceptando a publicación do seu nome completo na clasificación da proba, nos medios de comunicación, e/ou internet.
• Conforme á L.O. 03/2018, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é O Club Atletismo Ría de Foz. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para os eventos RUN FOZ RUN así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección de sinalada (atletismoriadefoz@mail.com), axuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte o presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estimarase e aceptarase o que dispoña a Organización.
4. INSCRICIÓNS:
En ningún caso de van aceptar inscricións fora de prazo. Desde o 11/11/2021 ata o 30/11/2021 a un prezo de 5€. Desde o 1/12/2021 ata o 8/12/2021 6€ e inscricións extraordinarias o 09/12/2021 10€. Menores gratuítas!
A inscrición da carreira é persoal e intransferible, e non se devolverá o importe da inscrición en ningún caso salvo baixa médica acreditada presentada antes do 9 de DECEMBRO (incluído) e enviada a atletismoriadefoz@gmail.com En caso contrario, non se fará o reembolso.
5. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS:
Os/as deportistas Terán que portar obrigatoriamente un dorsal no peito en todo momento, sen dobrar nin ocultar, ben visible. Recomendamos recoller o dorsal nas primeiras horas da mañá para evitar aglomeracións innecesarias de última hora.
Na carpa da organización de 09:30h a 12:30h. Situada no Campo de Fútbol de Cangas de Foz. Zona de Saída e Meta.

6. SINATURA DE ACREDITACIÓN DE ESTADO DE SAÚDE:
Cada atleta deberá presentar un documento que atopara ao final deste reglamento, nos Anexos, para indicar que nos 10 días previos non percibiu en si mesmo síntomas compatibles co COVID19. Terá que cubrilo e asinalo e entregando este documento impreso á hora de recoller o dorsal ou na entrada á zona de presaída (incluso poderá facelo antes de iniciar o quecemento). Importante: Sen a entrega do documento non se poderá participar no evento.

7. ESTACIONAMENTO RECOMENDADO:

Consultar na web championchipnorte.com

8. ZONA DE QUENCEMENTO:
Se recomenda o uso de máscara durante o quecemento, en especial cando non se poda garantir a distancia interpersoal, que durante o quecemento a de ser superior a 5mts.
O quencemento poderá facerse oficialmente na zona do campo de fútbol de Cangas o no paseo marítimo, sempre circulando pola dereita de calquera carril e cumprindo a normativa en vigor en referencia á mascara, á distancia de seguridade entre deportistas e á hixiene de mans.
9. PRESAÍDA E SAÍDA:
Todos os deportistas terán que presentarse á porta da zona de presaída exactamente 10 minutos antes da súa saída para ser ubicados nun lugar axeitado, para non ter acumulacións de persoas.
VOLTAMOS ÁS SAÍDAS CONXUNTAS. Os atletas serán colocados en caixóns e deberán portar a máscara os primeiros 200m de carreira, a partir do punto marcado poderán sacala e gardala ou depositala no lixo no punto indicado. So se dará unha única saída para todos os atletas absolutos ás 12:45h. Todos os atletas da categoría absoluta terán un tempo máximo de 45 minutos para rematar a proba.
Para a categoría pícaros a carreira será non competitiva.
10. PENALIZACIÓNS E DESCUALIFICACIÓNS:
Será obrigatorio cumprir o protocolo COVID19 para o desenvolvemento da proba, publicado na web https://championchipnorte.com/
Todo/a aquel/a que non o cumpra poderá ser descualificado (incluso antes de comezar a competición). Non se permite:
• Incumplir o protocolo COVID da proba.
• Non levar axeitadamente o dorsal no peito, e/ou o chip oficial de control de tempos.
• Non realizar o percorrido completo.
• Manifestar un mal estado físico evidente.
• Manifestar un comportamento non deportivo coa Organización, cos outros deportistas ou co público, facendo protestas maleducadas, ou se reitere en protestas inxustificadas ante a Organización.
O persoal de Organización, está facultado para retirar xustificadamente da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente. Todo/a aquel/a corredor/a descualificado/a deberá retirar o seu dorsal e abandonar o circuíto inmediatamente.
11. SERVICIOS E SEGURO:
Todas as persoas participantes estarán cubertas cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e de accidentes. Contaremos coa axuda de efectivos de Policía Local e de Protección Civil, ademáis dos voluntarios propios da organización.
12. PERSONAS NON INSCRITAS:
Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización, considerando que pon en risco ao evento debido á actual situación sanitaria. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandonar o circuito e serán requeridos os seus datos persoais.
13. RECLAMACIÓNS:
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao responsable técnico do evento, non mais tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados, presentando o DNI.
14. PREMIACIÓN:
A cerimonia de entrega de premios do I CROSS OS CASTROS 2021 efectuarase a partir das 13:45h na zona de meta. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, podendo delegar noutra persoa. Se non estivese presente ao inicio do acto, entenderase que renuncia ao premio.
Recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as individuáis das seguintes categorías:
• CATEGORÍA ABSOLUTA FEMENINA: 2006 en diante.
• CATEGORÍA ABSOLUTA MASCULINA: 2006 en diante.
• CATEGORÍA EQUIPOS: (4 atletas) 2006 en diante.
A zona de entrega de premios terá o perímetro completamente pechado e para acceder a ela é imprescindible o uso da mascarilla. Só poderán permanecer nesta zona os deportistas con dereito a premio, as autoridades que fagan as entregas, e o persoal de staff e voluntariado necesario para a entrega.

15. AVITUALLAMIENTO/OUTROS:
Todos/as os/as inscritos gozarán dun avituallamento líquido e sólido ao finalizar o evento. Haberá a disposición dos atletas colectores de lixo polo que agradecemos que ao rematar depositen o lixo neles. Debido ás circunstancias non haberá servizo de duchas pero si vestiarios (máximo 10 persoas por vestiario).

16. CIRCUÍTOS:
Consultar na web championchipnorte.com


17. CATEGORÍAS/DISTANCIAS/HORARIOS ESTIMADOS: *PODEN SUFRIR MODIFICACIÓNS.
CÁMARA CHAMADAS HORA SAÍDA CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA VOLTAS COMPETICIÓN
10:50 H 11:00H BENXAMÍN FEM 2013-2014 600M 1 A XOGADE
10:53 H 11:03H BENXAMÍN MAS 2013-2014 600M 1 A XOGADE
10:55 H 11:05H ALEVIN FEM 2011-2012 1150M 2 A XOGADE
11:00 H 11:10H ALEVIN MAS 2011-2012 1150M 2 A XOGADE
11:10 H 11:20H INFANTIL FEM 2009-2010 1900M 1 A + 1 B XOGADE
11:20 H 11:30H INFANTIL MAS 2009-2010 1900M 1 A + 1 B XOGADE
11:30 H 11:40H CADETE FEM 2007-2008 2600M 1 A + 1 C XOGADE
11:40 H 11:55H CADETE MAS 2007-2008 2600M 1 A + 1 C XOGADE
12:15 H CERIMONIA PREMIACIÓN XOGADE
12:30 H 12:45H CROSS ABSOLUTO 2006 + 6000M 3 C POPULAR
13:25 H 13:30H PÍCAROS FEM 2015 - 250M 1 D POPULAR
13:25 H 13:35H PÍCAROS MAS 2015 - 250M 1 D POPULAR
13:45 H CERIMONIA PREMIACIÓN POPULAR
14:00 H COMIDA PARA OS ATLETAS QUE O DESEXEN POPULAR